Proxectos

Urxencia alimentaria nos Campamentos de Refuxiados Saharauís a causa do COVID-19 2021

O proxecto localízase nos Campamentos de Refuxiados saharauís do suroeste de Alxeria, a 26 quilómetros da cidade de Tindouf, nunha zona árida e desértica denominada a Hammada alxerina. A situación  para os refuxiados máis vulnerables, que representan o 88% dos 173.600 refuxiados, viuse agravada xa que os suministros de alimentos de urxencia estanse esgotando debido á falta de fondos debido a continuidade da pandemia da COVID-19. O valor das necesidades urxentes nos sectores básicos (auga e hixiene, saúde, nutrición, educación e protección) para os refuxiados saharauís en Argelia estímase, aproximadamente, en 14 millóns de euros, polo que as organización internacionais como ACNUR, o PMA, UNICEF e cinco ONG internacionais (Oxfam, CISP, Médicos do Mundo, MPDL e SIA), emiten un chamamento conxunto para solicitar aos doantes que realicen contribucións e doazóns para apoiar os procedementos de prevención da  COVID-19 e evitar un maior deterioro na situación humanitaria, especialmente porque a taxa de anemia entre mulleres, embarazadas e nais lactantes aumentou ata superar o 73%, e respecto á porcentaxe de malnutrición entre os nenos menores de cinco anos, este aproxímase ao 25%; así como tamén se rexistra unha alta porcentaxe de persoas con diabetes e presión sanguínea arterial. Por todo isto, con este proxecto preténdese contribuír á mellora das condicións de vida da poboación refuxiada saharauí, especialmente mellorar a súa nutrición.

Ano: 
2021
Instrumento de financiamento: 
Convenio Acción Humanitaria
Rexión: 
África
País: 
TERRITORIOS SAHARAUÍS
Zona de actuación: 
Tindouf
Axentes: 
SOLIDARIEDADE GALEGA CO POBO SAHARAUÍ
Contraparte: 

Ministerio de Cooperación saharauí en colaboración coa Media Lúa Vermella saharauí
 

Código CRS: 
12230 - Infraestrutura sanitaria básica
72040 - Axuda alimentaria de emerxencia
Obxectivos: 

Contribuír á mellora das condicións de vida da poboación refuxiada saharauí.

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Mellorar a alimentación da poboación saharauí.

            A.1.1.1.Compra de alimentos.

            A.1.1.2. Distribución de alimentos.

Poboación beneficiaria: 

Abarcará a toda a poboación refuxiada saharauí que ascende a 173.600 refuxiados, dos que se estiman 125.000 persoas con extrema vulnerabilidade.

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 139.000,00 € (100.000,00 € ; addenda 39.000,00 €)