Vaia tea!
A través do presente proxecto, Solidariedade Internacional de Galicia dá continuidade ao resultado doutros dous levados a cabo pola entidade: Comercio con Sentido, comezado en 2006 e Non te Consumas, comezado en 2009. Vaia tea! concentra e coordina así 3 propostas concretas nas que se aglutina a experiencia e o coñecemento que dende Solidariedade Internacional de Galicia se ten acadado nos últimos dez anos de traballo e que se caracterizan pola continuidade no traballo en Centros Educativos e a pé de rúa empregando as artes escénicas, o enfoque da Educación para unha cidadanía global e a apropiación de espazos públicos para transmitir, difundir e promover cambios individuais e colectivos. Con este proxecto vaise promover a reflexión e crítica entre a sociedade galega sobre o modelo de consumo actual, dando a coñecer as súas consecuencias inmediatas e máis lonxanas, así como informar, formar e ofrecer recursos para exercer un consumo máis responsable e ético.
Obxectivo Xeral: Promovido entre a sociedade galega un consumo responsable e comprometido coas sociedades do sur.
Obxectivo Específico: Fomentado o consumo responsable e coñecida a alternativa do comercio xusto entre a comunidade galega.
Resultado 1.1: Facilitados recursos e ferramentas educativas para fomentar o coñecemento sobre consumo responsable e comercio xusto entre a comunidade educativa.
Actividades:
A.1.1.1: Planificación, coordinación e deseño da intervención nos centros educativos.
A.1.1.2: Selección e formación da monitoraxe.
A.1.1.3: Implementación dos obradoiros nos centros educativos.
A.1.1.4: Realización dun produto solidario para o concurso artístico entre o alumnado participante.
Resultado 1.2: Promovido o coñecemento do consumo responsable e o comercio xusto entre a cidadanía galega con actividades lúdico-didácticas.
Actividades:
A.1.2.1: Planificación e coordinación de cinco feiras de comercio xusto.
A.1.2.2: Realización das feiras itinerantes.
A.1.2.3: Planificación e coordinación de seis pases da obra teatral.
A.1.2.4: Realización das representacións teatrais.
Directa: 3.945 (1.996 mulleres)
Indirecta: 13.050
28.833,00 (2013: 11.533,20; 2014:17.299,80)