VANAKKAM
Promover o coñecemento sobre as realidades do Sur e o traballo de superación da pobreza
Promover o coñecemento sobre as realidades do sur e o traballo de superación da pobreza cun exemplo concreto de traballo (o proxecto de desenvolvemento urbano en Tiruchy) e abrir vías de participación cidadá na cooperación ao desenvolvemento
Proporcionar coñecemento directo sobre o terreo a 10-15 persoas de Galicia
Difundir os resultados do proxecto Desenvolvemento Urbano en Tiruchy
Formar á poboación para poder coñecer e participar de forma máis directa na cooperación ao desenvolvemento
- Realización no primeiro semestre do ano 2007 dunha actividade formativa para 30 persoas
- Realización durante o mes de abril dun ciclo de conferencias co director de Peoples’s Development e director do proxecto Desenvolvemento Urbano en Tiruchy
- As persoas elixidas para a visita ó proxecto, terá que presentar un proxecto de sensibilización despois da súa volta
- Realización dos Clubs de Cooperación
- Durante o primeiro semestre do ano 2008 poñerase en marcha unha segunda edición do ciclo formativo que permitirá a 10-15 persoas visitar a zona do proxecto de Desenvolvemento Urbano en Tiruchy. Farase difusión da actividade durante o mes de marzo e a formación realizarase en abril, maio, e xuño
Directa: Público en xeral, preténdese chegar a 1.400 persoas mínimo
12700