Proxectos

XARDÍN DO ÁLOE

Consolidación do Centro de Capacitación Rural “El jardín del Aloe”, para traballar con nenos, nenas, mozos e mozas co áloe ou sábila no Municipio de Torres, Estado Lara, Venezuela.

Ano: 
2008
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Microproxectos
Rexión: 
América do Sur
País: 
VENEZUELA
Axentes: 
INSTITUTO GALEGO DE XESTIÓN PARA O TERCEIRO SECTOR - IGAXES3
Contraparte: 

FUNDACIÓN PARA LA CAPACITACIÓN Y MEJORAMIENTO SOCIAL DEL JOVEN TORRENSE

Código CRS: 
11330 - Formación profesional
Obxectivos: 

Centro de Capacitación Juvenil  “El  Jardín de Aloe” de FUNCAMET consolidado para capacitar a 300 nenos, nenas, mozos e mozas do Municipio de Torres no aproveitamento artesanal da sábila (áloe) a nivel terapéutico, cosmético e alimenticio, como recurso potencial de desenvolvemento endóxeno da rexión.

Resultados e actividades: 

1. Mercar material de construción e contratación de man de obra para remodelación de infraestrutura do Centro “El Jardín del Aloe”;2.  Acondicionamento de áreas de capacitación (salón, viveiro) e fabricación;3. Selección e formación dun instrutor no manexo integral do áloe;4. Elaboración de material didáctico para o traballo directo cos beneficiarios;5. Execución de talleres coa metodoloxía “aprender a facer” cos beneficiarios;6. Realización de expoventas ao finalizar o taller cos produtos elaborados;7. Selección das institucións educativas beneficiadas e execución de 10 talleres de capacitación durante seis meses (un por cada institución beneficiada);8. Subministro de plantines ou hijuelos de áloe para elaborar viveiro de materia prima en cada institución educativa beneficiaria;9. Monitoreo e seguimento semestral da institución beneficiada.

Poboación beneficiaria: 

Poboación beneficiaria directa: Nenos, nenas, mozos e mozas residentes no Municipio de Torres que participarán nos talleres de capacitación gratuíta sobre o aproveitamento artesanal do áloe en dez institucións educativas, tanto en áreas rurais como urbanas do Municipio de Torres. 

Axudas: 

25.000,00 Euros Orzamento total do proxecto: 30.000,00 Euros