Proxectos

Xeración Contrainfo Fase II

Xeración Contrainfo nace en 2022 como resposta á radicalización dos discursos de odio entre as e os adolescentes, que segundo relatan as e os docentes e os colectivos afectados están provocando un clima de polarización social nas aulas e uns altos niveis de intolerancia e de agresividade cara aos colectivos excluídos, as persoas migrantes e racializadas, as persoas xitanas e as persoas do colectivo LGTBIQ+. O obxectivo macro do proxecto é atallar a raíz do mecanismo que xera os discursos de odio, que medra vizosa nun contexto de escasa alfabetización mediática e consumo abusivo de contidos dixitais.

Ano: 
2023
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
ASOCIACION GALEGA DE REPORTEIROS SOLIDARIOS (AGARESO)
Código CRS: 
11130 - Formación do profesorado
11182 - Investigación educativa
11320 - Ensino secundario xeneralizado en todos os seus ciclos
11420 - Educación universitaria
11430 - Formación superior técnica e de dirección
1516000 - Dereitos humanos
15163 - Liberdade de información
15170 - Organizacións e institucións da igualdade das mulleres
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Xeral: Sensibilización social respecto das causas e consecuencias do discurso do odio e do papel da comunicación como motor de transformación social na educación secundaria e superior de Galicia.

Específico: Promover a co-responsabilidade e dotar de novas capacidades e ferramentas ao alumnado de educación secundaria e superior de Galicia para contrarrestar os discursos do odio desde o enfoque de dereitos humanos. (Xeración Contrainfo).

Resultados e actividades: 

RE 1.1 Sistematizados e difundidos os datos sobre a situación de radicalización dos discursos nas aulas da ESO de 4 centros educativos galegos.

A.1.1.1 Realización da liña base do proxecto.

A.1.1.2 Deseño e posta en marcha do Plan de seguimento e avaliación, que inclúa xuntanzas de coordinación, intercambio e análise do equipo do proxecto.

A.1.1.3 Realización dun estudo sobre a LGBTiQfobia entre o alumnado e o profesorado de Secundaria de Galicia.

A.1.1.4 Deseño e aplicación da estratexia de comunicación do proxecto para ampliar a capacidade de difusión dos produtos creados dentro do proxecto.

RE 1.2 Creada de xeito participada unha metodoloxía piloto para loitar contra o discurso do odio nas aulas.

A.1.2.1 Realización dunha sesión de traballo con persoas afectadas polos discursos de odio racista e LGTBiQfóbico.

A.1.2.2 Realización de produtos de comunicación con persoas afectadas polos discursos de odio racista e LGTBiQfóbico.

A.1.2.3 Actualización da metodoloxía pedagóxica para loitar contra o discurso de odio racista e deseño dunha metodoloxía pedagóxica específica para a loita contra o discurso de odio LGTBiQfóbico.

A.1.2.4  Realización e difusión das guías didácticas para profesorado a partir das metodoloxías do proxecto.

RE 1.3 : Promovida nas aulas de secundaria convivencia positiva, a riqueza da diversidade e a co-responsabilidade na loita contra o discurso do odio.

A.1.3.1 Obradoiros contra o Discurso de Odio racista nos medios de comunicación e redes sociais, en centros educativos de secundaria de tres localidades galegas.

A.1.3.2 : Obradoiros contra o Discurso de Odio racista no espazo público, en centros educativos de secundaria de tres localidades galegas.

A.1.3.3 Obradoiros contra o Discurso de Odio racista nos centros de ensino, en centros educativos de secundaria de tres localidades galegas.

A.1.3.4 Obradoiros contra o Discurso de Odio LGTBiQfóbico, nun centro educativo de secundaria.

RE 1.4 Profesionais da comunicación e a educación social adquiren novos coñecementos e capacidades sobre metodoloxías para traballar o respeto á diversidade.

A.1.4.1 Encontro de traballo coa Rede Educativa de Apoio LGBTIQ+ de Galicia.

A.1.4.2 Obradoiros sobre metodoloxías de educomunicación para contrarrestar o discurso do odio con alumnado universitario

A.1.4.3 Presentación dos resultados no Colexio de Xornalistas.

A.1.4.4 Formación de profesorado de secundaria en metodoloxías de educomunicación contra o discurso do odio.

RE  1.5 Mellorados os coñecementos, habilidades e actitudes do alumnado de comunicación das universidades galegas para facer incidencia social e política sobre a defensa dos dereitos humanos.

A.1.5.1 Deseño do programa do Seminario de Comunicación para o Cambio Social e Incidencia.

A.1.5.2 Deseño e aplicación da estratexia de difusión do seminario.

A.1.5.3 Realización do módulo de discurso de odio por identidade de xénero ou orientación sexual no seminario (3 sesións).

A.1.5.4 Realización do módulo de discurso de odio por racismo no seminario (3 sesións).

A.1.5.5 Viaxe en prácticas do seminario.

 

Poboación beneficiaria: 

Directa: 56 homes 105 mulleres 80 nenos 120 nenas = 361 persoas

Indirecta: 800 homes 1100 mulleres 160 nenos 240 nenas = 2.300 persoas

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 35.000€ (14.000€ en 2023 e 21.000€ en 2024)