Proxectos
Neste apartado teñen a súa disposición a información dos proxectos financiados pola Cooperación Galega.
Buscar proxectos en
-
9ª AULA ITINERANTE DOS CONTOS SOLIDARIOS (2008/2009 “MIRA UN MUNDO SOLIDARIO”
Concienciar e sensibilizar a través dos contos á sociedade sobre a problemática da desigualdade social promovendo hábitos diarios de solidariedade.
-
SOBERANÍA ALIMENTARIA PARA O DESENVOLVEMENTO HUMANO SOSTIBLE
Sensibilizar á cidadanía galega en torno ás inxustas relacións económicas e comerciais mundiais causadas pola globalización neoliberal, mediante a promoción da Soberanía Alimentaria (SA)
-
ANO DO XÉNERO
Contribuír a crear un tecido de cooperación ao desenvolvemento galego independente, crítico e de xénero
-
PROXECTO DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO “GALICIA CON VISTAS AO SUR”
Sensibilizar á sociedade galega sobre as realidades dos pobos do Sur para, potenciar valores de convivencia pacífica, tolerancia e igualdade entre as persoas, incidir en cuestións relativas ao ecodesenvolvemento e profundizar nas relacións existentes entre os países do Norte e os países do Sur
-
PROXECTO DE SENSIBILIZACIÓN DE CONSUMO RESPONSABLE EN-CADEADAS OU QUEN PRODUCE O QUE CONSUMIMOS?
Incidir nos hábitos de consumo da sociedade galega, procurando unha maior conciencianción dos diferentes tipos de consumo responsable que engloban tanto comercio xusto como comercio local
-
A LOITA POLA ERRADICACIÓN DA POBREZA: ESTABLECEMENTO E/OU CONSOLIDACIÓN DE VÍNCULOS SOLIDARIOS ENTRE ORGANIZACIÓNS DE MULLERES DO NORTE E DO SUR.
Formar e sensibilizar en materia de desigualdade de xénero, prestando especial atención ás causas que orixinan a feminización da pobreza e ao papel das mulleres nos procesos de desenvolvemento en distintos contextos xeográficos.
-
CAMPAÑA EDUCATIVA POLA DIGNIFICACIÓN DOS DEREITOS LABORAIS
Promover actitudes comprometidas cos dereitos laborais das traballadoras e traballadores de países do Sur
-
A CAMPAÑA MUNDIAL POLA EDUCACIÓN EN GALICIA NO 2008
Promover a educación como un dereito humano básico e mobilizar á sociedade civil para que esixa aos gobernos e á comunidade internacional que cumpran as súas promesas de prover de educación básica libre,obrigatoria e pública a todo o mundo; en particular á infancia, ás mulleres e ás poboacións máis desfavorecidas
-
CAMPAÑA PARA O FOMENTO DA INTERCULTURALIDADE
Fomentar a interculturalidade
-
CIDADANÍA EN REDE: PROGRAMA DE PARTICIPACIÓN, SENSIBILIZACIÓN E FORMACIÓN EN EDUCACIÓN PARA A CIDADANÍA GLOBAL DE MOZAS E MOZOS, EDUCADORAS E EDUCADORES GALEGOS
Fomentar o desenvolvemento dunha cidadanía galega global, activa, comprometida, informada e crítica para a construción dunha sociedade máis xusta, solidaria e participativa
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 112
- 113
- 114
- 115
- 116
- 117
- 118
- 119
- 120
- …
- seguinte ›
- última »