Proxectos
-
Fortalecemento do dereito á saúde da poboación refuxiada Palestina máis vulnerable (especialmente mulleres e nenos/as) mediante o apoio a tres Puntos de Saúde en Cisxordania
O presente proxecto busca apoiar o mantemento durante 12 meses de tres puntos de saúde de Beit Our, Bodrus e Ramadeen. Os dous primeiros no gobernorado de Ramallah, nas áreas de Jericho e Xerusalén e o terceiro no gobernorado de Hebron, en Cisxordania (tPo). Estes puntos están situados en zonas rurais e illadas, sen acceso a servizos sanitarios para prestar atención en saúde primaria á poboación refuxiada de Palestina de zonas nas que Israel exerce o control e non permite o movemento da poboación para recibir os servizos de saúde.
-
Promoción de dereitos e garantías de protección a persoas en situación de mobilidade humana con énfase en nenos, nenas, adolescentes e mulleres en Dajabón, República Dominicana
Esta proposta ofrece unha resposta humanitaria á poboación en situación de mobilidade humana na fronteira domínico-haitiana de Dajabón, proporcionando asistencia adaptada ao contexto e ás características específicas de cada grupo. A intervención priorizará aos grupos máis vulnerables, con énfase en nenos, nenas, adolescentes e mulleres, dentro do marco dunha estratexia conxunta de protección integral e restitución de dereitos que SCRD e ACPP lideran desde 2022 nos territorios fronteirizos.
-
Mellora da sustentabilidade da actividade marisqueira no sur de Honduras- Fase 2
Este proxecto forma a Fase 2 dun Programa de Marisqueo, dentro do eixo de Soberanía Alimentaria de ESF Galicia, e do Programa de Pesca e Marisqueo da socia local CODDEFFAGOLF. Deséñase e executarase en alianza coa Dirección Xeral de Pesca e a súa delegación rexional do pácifico e o Centro Universitario Rexional do Litoral Pácifico (CURLP).
-
Mellora da xestión pública da auga nos municipios da Mancomunidade Nasmar, Honduras, Fase 1
O proxecto forma parte do Programa de Auga de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia na zona sur de Honduras, froito dun proceso de varios anos, coa Mancomunidade NASMAR. Con este proxecto, as entidades involucradas, pretenden dar un salto cuantitativo da capacidade de mobilización de recursos para sistemas de auga, cualitativo en canto á xestión pública de auga e saneamento e de calidade de auga, avanzar na sustentabilidade de xestores sociais da auga, e unha mellora substancial nas alianzas interinstitucionais.
-
Promovendo o exercicio do dereito a unha vida libre de violencia e ao dereito á alimentación, das mulleres maya mam de Santa Bárbara, Huehuetenango, Guatemala
O presente proxecto busca promover o exercicio dos dereitos sociais das mulleres indíxenas maya mam desde a prevención da violencia de xénero, desenvolvendo prácticas de seguridade alimentaria a partir do enfoque agroecolóxico en comunidades do municipio de Santa Barbara, Huehuetenango, Guatemala
-
Comunidades resilientes a través do enfoque de saúde integral no Municipio de San Marcos de Colón, Departamento de Choluteca, Honduras
O presente proxecto dá continuidade a un proceso iniciado en 2020 e que se levou a cabo nos últimos 4 anos a través de dous proxectos financiados por Cooperación Galega da Xunta de Galicia. Esta proposta trata de dar resposta á falta de recursos sanitarios adecuados e a unhas condicións comunitarias deficientes que impiden o goce dunha vida plena, con especial atención á prevención de riscos e enfermidades que atentan directamente contra o benestar físico e emocional das mulleres.
-
Desenvolvemento de capacidades para a seguridade alimentaria de comunidades indíxenas do municipio de Nahualá (dep. de Sololá, Guatemala), con enfoque de xénero, sostibilidade agroecolóxica e gobernanza
O proxecto busca contribuír a mellorar a Seguridade Alimentaria e Nutricional (SAN) en 5 comunidades de Nahualá (Depto. de Sololá), con enfoque de soberanía e igualdade de xénero. A intervención incide nos factores que limitan o exercicio do dereito á saúde, a alimentación, a participación e a autonomía das mulleres en comunidades de Nahualá, que posúen unha vulnerabilidade alimentaria moi alta.
-
Exercendo o dereito humano á alimentación con maior dispoñibilidade, acceso e uso sostible de alimentos sans agroecolóxicos de 155 mulleres e homes indíxenas/rurais do municipio de Ayabaca (Perú)
Este proxecto é o resultado do Diagnóstico Rural participativo (DRP) levado a cabo coa participación da poboación involucrada na análise da problemática sentida e priorizada por eles mesmos e a procura da xestión colectiva de solucións aos problemas que son de interese, tanto da poboación involucrada, do goberno local, de ESCAES e da FUNDACIÓN FABRE.
-
Mellora das capacidades de titulares de dereitos, responsabilidades e obrigacións do distrito municipal de Santiago Oeste, con especial incidencia na mocidade e as mulleres, para exercer os seus dereitos fundamentais a través dunha estratexia de participación social e incidencia política cun enfoque integral de xénero. - Asociado a IDI Rep. Dominicana- Fase V
Este proxecto dá continuidade ás accións que desenvolveu o mesmo consorcio de entidades en fases anteriores.
-
Contribuír ao empoderamento integral feminista de mulleres e das Redes contra a Violencia de Xénero nos municipios de El Triunfo, Concepción de María e Santa Ana de Yusguare (Departamento de Choluteca, Honduras
O proxecto enmárcase no traballo estratéxico de ACPP e CDM para contribuír ao exercicio pleno do dereito das mulleres a unha Vida Libre de Violencias a través dun enfoque multidimensional da desigualdade que se abordará garantindo o empoderamento individual e colectivo das mulleres e as súas organizacións, apoiándose nas Redes Municipais contra a Violencia. Impulsarase unha Escola de Liderazgo Asertivo para fortalecer as súas capacidades como lideresas e reforzando o traballo na resposta, protección e sanación de mulleres vítimas ou sobreviventes de Violencia de Xénero.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- …
- seguinte ›
- última »