Proxectos
-
DESENVOLVEMENTO URBANO EN TIRUCHY (Tamil Nadú, India)
OBXECTIVOS
Mellorar as condicións de vida da poboación da cidade de Tiruchy (India) con especial fincapé na superación da discriminación de xénero. Deste xeito preténdese que ao finalizar o proxecto a poboación dos suburbios mellore o seu status socioeconómico e máis de 900 mulleres teñan acceso ao aforro e crédito
BENEFICIARIOS
A poboación dos suburbios da cidade de Tiruchy
ACCIÓNS
-
INICIATIVAS LOCAIS CON PRINCIPIOS DE EQUIDADE E DEMOCRACIA PARA IMPULSAR O DESENVOLVEMENTO HUMANO SUSTENTABLE NOS CANTONES E DISTRITOS DA SUBCONCA BINACIONAL DO RÍO MACARÁ (PERÚ-ECUADOR)
OBXECTIVOS -
DOTACIÓN DO SERVIZO DE LABORATORIO DO HOSPITAL 1º DE MAIO DE SANTA CRUZ DE LA SIERRA (BOLIVIA)
OBXECTIVOS
Mellorar a calidade e a asistencia sanitaria integral de Santa Cruz de la Sierra (Bolivia) a través da dotación do laboratorio do Hospital 1º de Mayo no capítulo de Química Sanguínea, co obxectivo de facelo máis operativo para a crecente poboación atendida, na súa maioría carente de recursos para atender as súas necesidades de saúde
BENEFICIARIOS
-
MÓDULOS FAMILIARES DE PRODUCIÓN E TRANSFORMACIÓN PECUARIA SOSTIBLE – 2º ANO
OBXECTIVOS
Contribuir a reartellar unha economía sostible a partir da pequena unidade agropecuaria familiar nas comunidades El Maizal, Sabana Cruz, Boca dos Ríos e Gozuela. Ao finalizar o proxecto desenvolverase un modelo de produción, transformación e comercialización pecuaria familiar baixo criterios de sustentabilidade económica, social e ambiental
BENEFICIARIOS
· Directos: 186 persoas (socias e socios das cooperativas)
· Indirectos: 930 membros das unidades familiares
-
MULLERES ORGANIZADAS EN COMEDORES DESENVOLVEN CAPACIDADES DE INCIDENCIA EN POLÍTICAS PÚBLICAS CON IGUALDADE DE OPORTUNIDADES (PERÚ)
OBXECTIVOS
Contribuir á mellora da calidade de vida das mulleres dos sectores populares mediante o exercicio dos seus dereitos políticos, sociais e económicos, no marco da loita contra a pobreza. Fortalecer as organizacións de comedores populares autoxestionarios de nivel nacional, provincial, rexional, e distritos metropolitanos de Lima para participar nos procesos de desenvolvemento local e incidir nas políticas sociais con equidade de xénero, mediante a promoción das súas capacidades
-
PROGRAMA DE SEGURIDADE NOS SERVIZOS DE SANEAMENTO E ABASTECEMENTO DE AUGA POTABLE NOS MUNICIPIOS E COMUNIDADES RURAIS DE LA LIBERTAD SUR (O SALVADOR)
OBXECTIVOS
Reducir a vulnerabilidade económica, social e ambiental da población rural nos municipios do departamento de La Libertad, o seu desenvolvemento e crecemento sostible, a fin de mellorar a calidade de vida dos seus habitantes. Asegurar o abastecemento de auga potable e o saneamento de maneira sostible nas comunidades seleccionadas en cada fase do programa.
ACCIÓNS
-
PROXECTO DE CONSTRUCIÓN E CAPACITACIÓN CENTRO DE FORMACIÓN RURAL CLOVIS MOURA (BRASIL)
OBXECTIVOS
Creación da infraestrutura básica de educación e posterior proceso de capacitación e de formación dirixida ás organizacións de campesiñas e campesiños do Movemento dos Sen Terra (MST) no Estado de Piauí. A construción deste centro non solo mellorará o nivel de educación e formación dos campesinos e campesiñas neste Estado, senón tamén, a promoción da participación dos campesiños e campesiñas no proceso de toma de decisións e na xestión dos recursos do proxecto.
-
PROXECTO DE SAÚDE MATERNO – INFANTIL E PROTECCIÓN INFANTIL EN SANTO DOMINGO DE LOS COLORADOS (ECUADOR)
OBXECTIVO
Mellorar o estado de saúde materno-infantil e garantir a protección da infancia en 12 asentamentos humanos do Cantón de Santo Domingo. Utilizarase como estratexia o fortalecemento de grupos de axentes comunitarios especializados en 3 áreas de coñecemento: saúde materno- infantil, protección e bo trato e desenvolvemento comunitario
BENEFICIARIOS
-
ABASTECEMENTO INTEGRAL DE AUGA NO AAHH LIBERTAD CHOSICA- LIMA (PERÚ)
OBXECTIVOS
Desenvolver un sistema descentralizado de auga e desaugadoiros independente da empresa pública de auga de Lima. Este sistema será autoxestionado pola propia comunidade, permitindo que a calidade da auga que consumen aumente notablemente. Ao finalizar o proxecto preténdese que as augas residuais que actualmente son verquidas directamente aos espazos públicos, sexan canalizadas e unha vez depuradas verquidas a unha fosa séptica
ACCIÓNS
-
CONSTRUCIÓN DO CENTRO DE DESENVOLVEMENTO INTEGRAL EN CHAVEZPAMBA (ECUADOR)
OBXECTIVOS
Contribuir á mellora da calidade de vida da poboación de Chavezpamba. Preténdese que no plazo dun ano o 35 % das familias teñan recibido varios módulos de capacitación no centro de Desenvolvemento Integral
BENEFICIARIOS
Directos: nenos, nenas, adolescentes, mozos, discapacitados e anciáns da localidade de Chavezpamba
Indirectos: Arredor de 900 cidadáns que habitan na parroquia de ChavezpambaACCIÓNS
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 132
- 133
- 134
- 135
- 136
- 137
- 138
- 139
- 140
- …
- seguinte ›
- última »