Proxectos
-
CONSTRUIR AMARANTE PARA AFORTALAR O PROXECTO GALEGO DE SOLIDARIEDADE
OBXECTIVOS
-
FORTALECEMENTO DAS ACCIÓNS SOLIDARIAS DE ROGAS E INTERED
OBXECTIVOS
- Reforzar e consolidar as dúas organizacións por medio do estudo da viabilidade e a redacción dos plans estratéxicos
- Facilitar por medio da Internet o achegamento ás nosas organizacións
- Contribuir á sensibilización e educación das mulleres e homes na equidade de xéneroACCIÓNS
-
APOIO A PEQUENOS PRODUTORES AFECTADOS POR FENÓMENOS NATURAIS PARA A RECUPERACIÓN PRODUTIVA. O SALVADOR
OBXECTIVOS
Incentivar ao campesiñado produtor de graos básicos, có propósito de paliar as perdas e retomar a súa capacidade de produción de maneira ordinaria. Apoiar con insumos agrícolas ao campesiñado afectado de maneira que acaden a seguridade alimentaria.
ACCIÓNS
• Organización das comunidades
• Aprovisionamento ás agricultoras e agricultores
• Asistencia técnica e seguimento para a produción -
MANEXO ESPACIAL DO RECURSO LANGOSTA ESPINOSA NAS ILLAS GALÁPAGOS. ECUADOR
OBXECTIVOS
Conxuntamento co sector pesqueiro local, entender a dinámica espazo-temporal das langostas na Reserva Mariña de Galápagos, co fin de crear un sentido de propiedade do recursos, e de propor solucións á sobrepesca actual e os seus impactos ecolóxicos.
ACCIÓNS
-
AULA VIRTUAL LA MOLINA. ANÁLISE, DESENVOLVEMENTO E IMPLANTACIÓN DA AULA VIRTUAL LA MOLINA PARA A FORMACIÓN A DISTANCIA DE COLECTIVOS CON POSIBILIDADES LIMITADAS DE ACCESO Á FORMACIÓN PRESENCIAL. PERÚ
OBXECTIVOS
Conseguir que a Universidade Nacional Agraria de La Molina sexa un referente e modelo a seguir para outras universidades e institucións latinoamericanas no campo de coñecimento e-learning e posibilitar o acceso á formación de colectivos con posibilidades limitadas para participar na formación presencial
ACCIÓNS
-
MONTAXE E OPERACIÓN DO MÓDULO DE ADAPTACIÓN DO HÍBRIDO PLATEADO "TILAPIA"(OREOCHROMIS,SPP) AO AMBIENTE SALINO, PARA A DIVERSIFICACIÓN DA ACUICULTURA NA BAHÍA DE JIQUILISCO. O SALVADOR
OBXECTIVOS
-
ASISTENCIA TÉCNICA PARA A MELLORA DA CALIDADE DOS SERVIZOS DE SAÚDE NA REPÚBLICA DE BOLIVIA E NA REPÚBLICA DE CUBA MEDIANTE A IMPLANTACIÓN DE SISTEMAS DE XESTIÓN EN CENTROS HOSPITALARIOS ESPECIALIZADOS EN ONCOLOX&
OBXECTIVOS
Mellorar a calidade dos servizos tanto asistenciais como non asistenciais derivados da execución da actividade sanitaria nos países de Bolivia e Cuba, mediante un proceso de normalización e optimización da calidade na xestión por procesos e prestación de servizos, a través do deseño, desenvolvemento e implantación de sistemas de xestión da calidade en dous hospitais.
ACCIÓNS
-
FORMACIÓN DE PERSOAL TÉCNICO EN MARICULTURA E PROCESAMENTO PESQUEIRO - ESCOLA TECMAR, NA REXIÓN DE ICA (PERÚ)
OBXECTIVOS
Formar cadros técnicos e líderes innovadores responsábeis, nos campos da maricultura e o procesamento pesqueiro, que presten servizos de apoio técnico e se desempeñen como promotores dentro dos seus grupos produtivos
ACCIÓNS
-
INTEGRACIÓN LOCAL DE PERSOAS REFUXIADAS E SOLICITANTES DE ASILO NO ECUADOR
OBXECTIVOS
Crear as condicións que favorezan a integración das persoas refuxiadas e solicitantes de asilo nas comunidades receptoras de Ecuador, mediante o acceso das mesmas aos servizos comunitarios. Ao final do proxecto, nun período de 12 meses, 36.000 persoas refuxiadas e solicitantes de asilo en Ecuador teñan acceso ao mercado laboral e aos servizos básicos comunitarios, para a súa integración local plena e digna nas provincias de Sucumbios, Pichincha, Imbabura, Azuay, Esmeraldas, Carchi e Orellana.
-
PLAN DE DESENVOLVEMENTO TURÍSTICO DE VILCABAMBA 2006-2007. PERU
OBXECTIVOS
Capacitación dos axentes que prestarán servizos turísticos e doa axentes institucionais. Posta en marcha dun programa de microcréditos. Deseñar unha axenda 21-escolar piloto en Vilcabamba. Elaboración Plan Estratéxico para a posta en valor das producións agraria. Promocionar o destino turístico vivencial “Vilcabamba", para incrementar o número de pernoctación nun 100%. Avaliación externa, seguimento e reorientación.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 131
- 132
- 133
- 134
- 135
- 136
- 137
- 138
- 139
- …
- seguinte ›
- última »