10ª AULA ITINERANTE DOS CONTOS SOLIDARIOS (2009/2010)
Concienciar e sensibilizar a través dos contos e de xogos solidarios á sociedade sobre a problemática da desigualdade social promovendo hábitos diarios de solidariedade.
- Dar a coñecer as situacións de desigualdades económicas e sociais entre os pobos e as persoas da terra, incidindo nas causas e nas posibles solucións
- Promover hábitos diarios de compromiso solidario e medioambiental dando a coñecer o traballo das ONGD en Galiza
- Concienciar sobre a importancia da bicicleta como medio de transporte nos países
- Divulgar o comercio xusto
- Promover hábitos de lectura e fomentar a participación das alumnas e alumnos na creación dos seus propios contos solidarios
- Achegar a outros foros os contos solidarios a través da páxina web www.contosolidarios.org
- Desenvolvemento de 100 sesións de contacontos en centros educativos do medio rural galego
- Realización de 50 sesións obradoiros de xogos interculturais
- Charlas explicativas sobre o traballo que realizan as ONGD que hai en Galiza ao rematar as sesións de contos e xogos interculturais nos diferentes centros educativos
- Presentación do “Paztinete", o patinete da paz no que viaxa o cociñeiro dos contos solidarios Mohamed Quechua
- Empregaranse nos contos e nos xogos monicreques e outros materiais elaborados por cooperativas das comunidades máis desfavorecidas e outros produtos de comercio xusto, facendo as correspondentes explicacións e aclaracións sobre o tema través dos contos e dos xogos
- Instalarase nalgúns dos centros educativos, acompañando aos contos solidarios, un ciclo carro-holandés cargado con libros, contos e revistas sobre a solidariedade
- Realización do obradoiro da “Árbore atrapadora de contos" durante as sesións de contos solidarios nos centros educativos
- Ampliación da páxina web www.contosolidarios.org
Beneficiarios directos: aproximadamente 5.000 nenas e nenos, mulleres e homes, pertencentes a centros escolares de Educación Infantil, Primaria, E.S.O. e Bacharelato, e a outro tipo de centros educativos (hospitais, centros de discapacitados, centros da terceira idade, bibliotecas), en especial do medio rural galego.
Beneficiarios indirectos: educadores e resto do persoal dos centros educativos; ademais de todas aquelas persoas que se acheguen a coñecer as actividades que propón o proxecto, xa que este ten un caracter aberto e accesible a todos aqueles interesados en coñecelo.
6250