Proxectos

Abeirar: desprazamento e refuxio desde o enfoque de dereitos

Este proxecto alíñase co ODS 10: reducir as desigualdades en e entre os países, o coñecemento das causas estruturais xeradoras de desigualades e das consecuencias, en concreto do fenómeno migratorio, así como as interconexións existentes entre todos os países. O proxecto pretende xerar e facilitar procesos de reflexión e toma de consciencia sobre os procesos migratorios forzosos e de refuxio baixo un enfoque de Dereitos Humanos (obxectivo xeral) e, de maneira concreta, desenvolver aptitudes e capacidades para achegarse ao enfoque migratorio e de refuxio dende unha visión e perspectiva diversas cun enfoque crítico e reflexivo. Para tratar de dar cumprimento a estes obxectivos, o proxecto contempla accións en varias liñas cun formato lúdico-artístico e participativo, orientadas a sensibilizar, a través da arte e o xogo, á cidadanía – especialmente a xente nova – arredor das causas dos procesos migratorios – especialmente os xerados por causas forzosas e de refuxio – e promover a reflexión e unha actitude empática e solidaria cara as persoas que viven estas realidades. Ademais., esta proposta ten unha forte compoñente de incidencia política e social, e enfatiza o establecemento de redes entre entidades e organizacións do Sur e do Norte globais a fin de intercambiar experiencias e coñecementos, promover a aprendizaxe mutua e a colaboración cara obxectivos comúns

Ano: 
2022
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
ASEMBLEA DE COOPERACIÓN POLA PAZ
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Xeral: Reflexionar e tomar consciencia sobre os procesos migratorios forzosos e de refuxio cun enfoque de Dereitos Humanos (ODS10)

Específico: Desenvolver aptitudes e capacidades para achegarse ao feito migratorio e de refuxio dende unha visión e perspectivas diversas cun enfoque crítico e reflexivo

Resultados e actividades: 

RE 1.1 Fomentada a coordinación e análise do proxecto de cara a súa visibilidade e sustentabilidade.

            A.1.1.1 Realización da coordinación participada e seguimento continuado do proxecto (Mes 1 a 12).

            A.1.1.2 Deseño e posta en marcha do Plan de seguimento e avaliación (Mes 1 a 12).

            A.1.1.3 Produción e distribución da peza teatral baseada no conto “A teteira de Kabul” (Mes 1 a 6).

            A.1.1.4 Preparación dos materiais didácticos do proxecto: “DPC: Migracións e refuxio” (ESO) e xogo de Escape “A viaxe” (5º-6º P e ESO) (Mes 1 a 4).

RE 1.2 Melloradas as competencias do profesorado e alumnado de educación infantil, primaria e secundaria para un achegamento empático ás realidades das persoas migrantes e refuxiadas

            A.1.2.1 Coordinación participada, seguimento e avaliación co profesorado implicado no proxecto (Mes 1 a 12).

            A.1.2.2 Acompañamento e sensibilización a alumnado e profesorado no fomento da empatía intercultural e coñecemento das realidades das persoas migrantes e refuxiadas a través do conto “A teteira de Kabul” (EI e Primaria) (Mes 1 a 12).

            A.1.2.3 Acompañamento e sensibilización a alumnado e profesorado no fomento da empatía intercultural e coñecemento das realidades das persoas migrantes e refuxiadas a través da exposición “De profesión, cidadanía (DPC): migración e refuxio (ESO) (Mes 5 a 12).

            A.1.2.4 Creación de produtos audiovisuais de comunicación transformadora a partir do conto: obradoiro de Stop Motion (Mes 3 a 8).

            A.1.2.5 Representación da obra de teatro baseada na “Teteira de Kabul” nun centro escolar (Mes 6 a 8).

            A.1.2.6 Dinamización do xogo de Escape co alumnado de 5º-6º P e ESO (Mes 7 a 9).

RE 1.3 Promovidos espazos de intercambio Sur-Norte para a sensibilización sobre as causas dos desprazamentos forzosos

            A.1.3.1 Encontro entre alumnado e profesorado de secundaria con activistas do Sur (Mes 8 e 9).

            A.1.3.2 Xuntanzas entre Titulares de Obrigas (TdO) con activistas do Sur (Mes 8 e 9)

            A.1.3.3 Encontro aberto con activistas do Sur (Mes 8 e 9)

            A.1.3.4 Sensibilización social a través da presenza en medios de comunicación das activistas do Sur (Mes 8 e 9).

RE 1.4 Promovida unha maior sensibilización sobre os procesos migratorios desde perspectivas diversas e cun enfoque crítico e reflexivo

            A.1.4.1 Representación da obra teatral baseada no conto “A teteira de Kabul” fóra do ámbito escolar (Mes 6 a 12).

            A.1.4.2 Dinamización do xogo de Escape con mocidade fóra do ámbito escolar (Mes 7 a 9).

            A.1.4.3 Gravación dun spot resumo da obra de teatro “A teteira de Kabul” para a súa difusión (Mes 8 a 11)

            A.1.4.4 Plan de comunicación (Mes 1 a 12).

Poboación beneficiaria: 

Directa: 952 persoas, das cales 22 son homes, 27 mulleres, 437 nenos e 466 nenas (profesorado e  alumnado de infantil, primaria e secundaria – 20 docentes e 843 alumnos/as –; a mocidade dos grupos xuvenís e o persoal educador das entidades non escolares).

Indirecta: 2.730 persoas, das cales 445 son homes, 485 mulleres,  800 nenos e 1.000 nenas (Organizacións e colectivos feministas; entidades ou iniciativas estratéxicas e aliadas; titulares de responsabilidades e obrigas).

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia:

33.710,51 € (13.484,20 € en 2022 e 20.226,31 € en 2023)