Abeirar: promovendo actitudes e capacidades de comunidades escolares, mocidade, TdR e TdO asociadas a procesos de cambio persoal que aumenten o compromiso social e institucional a favor da empatía intercultural cun enfoque reflexivo e crítico.
Este proxecto pretende Contribuír á toma de consciencia sobre os procesos de mobilidade humana e garantir a igualdade de oportunidades cun enfoque de Dereitos Humanos (ODS10). Polo tanto, esta proposta concrétase na intervención en catro centros escolares onde se fomentará o encontro con activistas do Sur, alumnado e profesorado, propiciarase a reflexión coa obra de teatro “A teteira de Kabul” e empregarase a metodoloxía de cartografías sociais con grupos de alumnado.
Xeral: Contribuír á toma de consciencia sobre os procesos de mobilidade humana e garantir a igualdade de oportunidades cun enfoque de Dereitos Humanos (ODS10).
Específico: Promover actitudes e capacidades de comunidades escolares, mocidade, TdR e TdO asociadas a procesos de cambio persoal que aumenten o compromiso social e institucional a favor da empatía intercultural cun enfoque reflexivo e crítico.
RE 1.1: Garantida a adecuada implementación, seguimento, coordinación e análise do proxecto de acordo con criterios de rendición de contas e sostibilidade baixo un enfoque de horizontalidade e ética dos coidados.
A.1.1.1: Realización da xestión, coordinación participada e seguimento continuado do proxecto (Mes 1 a 12).
A.1.1.2: Deseño e posta en marcha do plan de seguimento e avaliación (Mes 1 a 12).
A.1.1.3: Deseño metodolóxico das cartografías sociais (Mes 1 e 4).
A.1.1.4: Formación en proxectos europeos (Mes 1 a 12).
A.1.1.5: Plan de comunicación (Mes 1 a 12).
RE 1.2: Fortalecida a sensibilidade e actitudes do alumnado, profesorado e da comunidade escolar de 4 centros de ensino no fomento da empatía intercultural a través do emprego de ferramentas prácticas e artísticas e metodoloxías transformadoras asociadas a procesos de cambio persoal.
A.1.2.1: Acompañamento ao profesorado participante no fortalecemento da transversalización dos enfoques da educación para o desenvolvemento e a cidadanía global para o fomento da empatía intercultural (Mes 1 a 9).
A.1.2.2: Encontro de alumnado e profesorado con activistas do Sur (Mes 6 e 7).
A.1.2.3: Función escolar de "A teteira de kabul" (Mes 4 a 9).
A.1.2.4: Realización das sesións de cartografías sociais en contexto escolar (Mes 4 a 8).
A.1.2.5: Socialización dos resultados das cartografías sociais á comunidade escolar (Mes 8 e 9).
RE 1.3: Promovida a reflexión crítica e a concienciación social en empatía intercultural a través do emprego de ferramentas prácticas e artísticas e metodoloxías transformadoras asociadas a procesos de cambio persoal en dous municipios e un grupo de mocidade.
A.1.3.1: Función aberta ao público de "A teteira de Kabul" (Mes 4 a 9).
A.1.3.2: Realización dun mapeo comunitario de recursos, axentes e espazos de convivencia intercultural por cada un dos contextos municipais de intervención (Mes 1 a 7).
A.1.3.3: Encontros de socialización dos mapeos comunitarios que involucren a TdO e TdR municipais (Mes 8 e 9).
A.1.3.4: Exposición pública dos mapeos comunitarios en cada un dos municipios (Mes 9 a 12).
A.1.3.5: Realización das cartografías sociais con mocidade fóra do ámbito escolar (Mes 4 a 9).
RE 1.4: Fomentado o intercambio de experiencias e capacidades como medio para o aumento do compromiso social e institucional a prol da empatía intercultural.
A.1.4.1: Socialización do proceso realizado ao longo do proxecto nun espazo de incidencia social (Mes 4 a 12).
A.1.4.2: Participación activa en espazos e redes estratéxicas de incidencia social e política no fomento da empatía intercultural (Mes 1 a 12).
A.1.4.3: Xornada "Abeirar" de encontro entre activistas do Sur e entidades ou colectivos galegos a prol do fomento da empatía intercultural (Mes 6 e 7).
A.1.4.4: Xuntanzas de activistas do Sur con TdO e TdR (Mes 6 e 7).
A.1.4.5: Recompilación de contos populares tradicionais vencellados aos ODS (Mes 1 a 12).
Directa: 1.514 (159 homes; 137 mulleres; 612 nenos; 606 nenas)
Indirecta: 1.400 (500 homes; 500 mulleres; 200 nenos; 200 nenas)
Axuda Xunta de Galicia:
35.000 € (14.000 € en 2024 e 21.000 € en 2025)