Proxectos

Alternativas de alimentación para o desenvolvemento sostible

O proxecto que desenvolverá Amigos da terra Galicia – xuventude agrupada coa Fundación Oxfam Intermón e a Universidade de Vigo ten como obxectivo lograr que axentes multiplicadores adopten e promovan cambios nas súas pautas de consumo individuais e colectivas, contribuíndo así á construción dun movemento cidadán en aras dunha maior xustiza alimentaria a nivel global. Para acadar este obxectivo desenvolverán dúas liñas de acción, entendidas como dúas alternativas reais e efectivas para promover e participar dun modelo de alimentación sustentable. A liña de comercio xusto, desenvolverase mediante a realización de charlas onde se ve a importancia do traballo das pequenas e pequenos labregos do Sur como produtores de alimentación dentro das redes de Comercio Xusto. Así mesmo, tamén se realizarán accións na rúa en rede con outras organizacións e con pequenos produtores galegos. Na liña da agricultura ecolóxica, o proxecto integra o desenvolvemento de dúas propostas dirixidas á comunidade educativa e á cidadanía galega.

Ano: 
2015
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
AMIGOS DA TERRA GALICIA-XUVENTUDE
INTERMÓN OXFAM (FUNDACIÓN)
UNIVERSIDADE DE VIGO
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivo xeral:  Implementar a cultura da alimentación sustentable na Cidadanía Galega
Obxectivo específico:
OE1. Fomentar a agricultura ecolóxica e local como alternativa para o consumo sustentable
OE2. Fomentar o Comercio Xusto como alternativa para o consumo sustentable
 

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1. Facilitada a utilización da agricultura ecolóxica como recurso educativo.
Actividades
A1.1.1: Sistematización da experiencia piloto do horto escolar da EEI Monte da Guía.
A1.1.2: Posta en marcha do programa de hortas escolares.
Resultado 1.2. Facilitada a participación da cidadanía galega en experiencias prácticas de agricultura ecolóxica.
Actividades
A1.2.1: Curso sobre agricultura ecolóxica na UVigo.
A1.2.2: Posta en marcha dun proxecto piloto de horta universitaria na UVigo.
Resultado 2.1. Ampliada a información á cidadanía galega sobre os impactos globais e alternativas de sistemas alimentarios sustentables.
Actividades
A2.1.1: Organización dos actos públicos de celebración do Día Europeo do Comercio Xusto en dúas cidades (A Coruña e Vigo).
A2.1.2: Charlas de difusión de experiencias produtivas no campo do CX.
A2.1.3: Difusión de dúas exposicións sobre CX.
A2.1.4: Introdución unha liña de investigación sobre CX nos grupos de investigación da universidade de Vigo.
Resultado 2.2. Identificadas alternativas para a introdución de produtos de comercio xusto no ámbito local.
Actividades
A2.2.1: Deseño dun estudo sobre as alternativas para a introdución do CX en Vigo e na súa área.
A2.2.2: Realización dunha enquisa para analizar as posibilidades de introdución do CX en Vigo e área.
A2.2.3: Proposta de posibilidades de introdución do CX en Vigo e área.
Común a todos os resultados
A3.1.1: Coordinación do proxecto: Planificar as formacións, celebrar xuntanzas cos centros educativos participantes, coordinar e dinamización as actividades e xestión técnica e económica do proxecto.
 

Poboación beneficiaria: 

Directa
A estimación de poboación participante é de 1240 beneficiario/as directos/as.
Indirecta
A estimación de participantes indirectos é de 5.600 beneficiario/as indirectos/as.

Axudas: 

19.870,00 €; 7.948,00 € (2015) e 11.922,00 € (2016)