Ampliación da oferta educativa técnico-profesional para os habitantes de Bajos de Haina, República Dominicana
O Padroado para o desenvolvemento de Haina (PADESHA) foi impulsor do IPHA que foi construído no ano 2004 a través da Fundación Humanismo e Democracia (H+D), con fondos da Axencia Española de Cooperación Internacional (AECI) e con subvencións públicas do Ministerio de Educación da República Dominicana (MINERD) e do Instituto de Formación Técnico Profesional de República Dominicana (INFOTEP). Iniciou o seu primeiro curso académico con enorme éxito en setembro de 2005 con 209 estudantes procedentes dos sectores máis desfavorecidos do municipio de Haina para cursar 3º e 4º de Bacharelato técnico. En 2010 coa axuda do Goberno Balear, púidose facer unha ampliación das instalacións, permitindo que alumnos de 1º e 2º de Bacharel tamén puidesen acceder a esta formación e desta maneira ter unha base sólida para acceder a graos superiores. Neste momento, as instalacións necesiten unha nova ampliación xa que para axustarse á normativa do INFOTEP é necesario ampliar o horario académico dos cursos 3º e 4º de 5 a 8 horas, cun horario de 8:00h a 16:00h. Ata agora, o seu horario finalizaba ás 13:30 e a partir desa hora, comezaban as clases da quenda de tarde para os alumnos dos cursos 1º e 2º. Debido a esta ampliación horaria, as instalacións non se adecúan ás necesidades dos mozos que xa están matriculados e a aqueles que queren matricularse.
PATRONATO PRO EL DESARROLLO DE HAINA (PADESHA)
Obxectivo xeral: Mellorados os niveis de formación técnico-profesional dos habitantes dos Baixos de Haina.
Obxectivo específico: Mellorado o acceso ao sistema educativo técnico-profesional dos novos estudantes en situación de vulnerabilidade de Baixos de Haina (República Dominicana)
Resultado 1.1: Ampliadas e equipadas as instalacións educativas do IPHA
Actividades
A .1.1 Proceso de Contratación - invitación de empresas, a presentación e apertura de ofertas, avaliación de ofertas, a aprobación da resolución, a emisión da notificación da adxudicación e a orde de proceder, elaboración do contrato, firma e aprobación
A .1.2 Construción de 2 aulas
A .1.3 Entrega de obras e firma de Acta de transferencia a IPHA
A .1.4 Compra do equipamento das 2 aulas: Solicitude de ofertas, análises de ofertas, compra e firma de actas de transferencia
Resultado 1.2: Ampliado o número de alumnos matriculados
Actividades
A.2.1 Selección de alumnos
A .2.2 Reunión do profesorado para reorganizar aos alumnos
Resultado 1. 3: Capacitado o profesorado do IPHA
Actividades
A .3.1 Contratación de mestres
A .3.2 Capacitación do persoal docente
Directa: 545 Estudantes de 1º a 4º de bacharelato (aínda que en maior medida os alumnos de 1º e 2º aos que se destinará inicialmente as 2 aulas) e 50 membros do persoal docente e administrativos, por cada ano escolar. Todos eles presentan unhas características económicas e sociais heteroxéneas.
Indirecta: 2,240 persoas. Grazas á formación destes estudantes, favorécese o seu acceso ao mercado laboral, polo que serán os familiares destes estudantes os que se beneficiarán de maneira indirecta.
69.500,00 € (2014)