Aplicación do enfoque de soberanía alimentaria e consumo sustentable na educación para o desenvolvemento en Galicia
O proxecto pretende dar continuidade, ampliar a achega a novos públicos e colectivos e afondar nos procesos e logros acadados mediante os proxectos de EpD executados nos últimos anos, centrados nun enfoque de promoción e construción de alternativas que contribúan á soberanía alimentaria e a un cambio no consumo e no sistema alimentario cara un modelo baseado na sustentabilidade ambiental e na xustiza social. O obxectivo principal é aplicar á liña de traballo xa iniciada, a visión integral que supón o enfoque da educación ao desenvolvemento e ampliar a achega e o impacto a través de actuacións que cubran o eido da educación formal e informal.
Obxectivo Xeral: Contribuído ao fomento de capacidades de cambio na sociedade galega cara un modelo de alimentación sustentable.
Obxectivo Específico: Impulsada a introdución e o tratamento da problemática alimentaria global nos distintos espazos educativos
Resultado 1.1: Achegada á sociedade as problemáticas alimentarias globais e as
alternativas de consumo e alimentación sustentable no eido da educación non formal
Actividades
A1.1.1: Difusión e achegamento de informes e outros materiais divulgativos sobre os impactos do sistema alimentario, con especial atención as relacións de desigualdade Norte-Sur
A1.1.2: Curso de práctico de cociña ecolóxica e local
A1.1.3: Programa anual de horta ecolóxica
Resultado 1.2: Impulsada a integración do enfoque de soberanía alimentaria no eido da educación formal
Actividades
A1.2.1: Programa escolar Alimentos Quilométricos
A1.2.2: Curso de formación para profesorado sobre soberanía alimentaria e pegada ecolóxica
Directa: Un total de 445 persoas, das cales 18 son homes, 27 mulleres, 160 nenos e 240 nenas.
Indirecta: Un total de 1.890 persoas, das cales 356 son homes e 534 mulleres.
14.759 €; 5.903,60 € (2014) e 8.855,40 € (2015)