A Aprendizaxe-Servizo na saúde comunitaria: construíndo cidadanía global para a transformación social na comunidade universitaria
Este proxecto xorde da traxectoria previa entre a USC e FM, dando continuidade ao traballo realizado en común pola USC en materia de participación e integración universitaria coa implantación da metodoloxía pedagóxica da Aprendizaxe-Servizo na comunidade universitaria, e a experiencia de Farmamundi Galicia na execución de proxectos de ECG sobre dereitos humanos, saúde global e comunitaria e equidade de xénero.
O proxecto é froito da colaboración desenvolvida entre Farmamundi e a Universidade de Santiago (USC), especialmente coas titulacións das áreas de ciencias da saúde e ciencias sociais durante os cursos académicos 2017/2018, 2018/2019 e 2019/2020, o estudantado universitario e o corpo docente universitario integráronse nun proxecto que promovía a defensa do dereito universal á saúde a través de diferentes disciplinas artísticas empregando a metodoloxía pedagóxica da Aprendizaxe-Servizo.
Deste xeito nace esta proposta co obxectivo de fortalecer as capacidades da comunidade educativa da USC para promover procesos de transformación social ligados a defensa da saúde global, fundamentándose no modelo de saúde global e comunitaria e na saúde comunitaria baseada en activos a través da metodoloxía pedagóxica da Aprendizaxe-Servizo para contribuír á construción dunha cidadanía global máis comprometida cos dereitos humanos.
Xeral: Contribuír á construción dunha cidadanía global en Galicia, consciente e comprometida co desenvolvemento humano (DDHH) no marco dos ODS.
Específico: Fortalecidas as capacidades da comunidade educativa da Universidade de Santiago de Compostela (titulares de dereitos e responsabilidades das facultades de ciencias da saúde) para promover procesos de educación para a transformación social na defensa do dereito á saúde global e comunitaria desde os enfoques de xénero en desenvolvemento (XED), baseado en dereitos humanos (BDS) e medioambiental.
RE 1.1: : Mellorados os coñecementos nos titulares de dereitos e responsabilidades (actuais e futuras/os) sobre Saúde Global e Comunitaria dende os enfoques XED, BDH e medioambiental.
A 1.1.1.: Seminario marco sobre ODS, dereito á saúde e equidade de xénero: avances e desafíos para comunidades saudables, equitativas e sustentables.
A 1.1.2.: Deseño e realización de formación sobre Saúde Comunitaria Baseada en Activos para profesorado universitario.
A 1.1.3.: Deseño e realización de obradoiros sobre o modelo Saúde Comunitaria Baseada en Activos para estudantes da USC.
A 1.1.4.: Biblioteca virtual de intercambio de coñecemento e boas prácticas sobre Saúde Global e Comunitaria.
RE 1.2: Incrementadas as oportunidades de participación social e mobilización mediante Aprendizaxe-Servizo sobre Saúde Global e Comunitaria desde os enfoques XED, BDH e medioambiental nas facultades da área de ciencias da saúde.
A 1.2.1: Xornada de formación sobre Aprendizaxe-Servizo.
A 1.2.2: Laboratorio de ideación e deseño de proxectos de ApS centrados na Saúde Global e Comunitaria.
A 1.2.3: Desenvolvemento e acompañamento no proxecto de ApS “Mapeo e Identificación de Activos de Saúde”.
A 1.2.4: Desenvolvemento e acompañamento no proxecto de ApS “MicroMundo”.
Subactividade 1.2.4.1. Formación ao alumnado universitario sobre o programa educativo.
Subactividade 1.2.4.2. Implantación do programa nos centros educativos.
RE 1.3: Socializados con enfoque educomunicativo os procesos de transformación social sobre Saúde Global e Comunitaria dende os enfoques XED, BDH e medioambiental no marco dos ODS.
A 1.3.1: Deseño e implantación dun plan de educomunicación que inclúa obxectivos, audiencia e avaliación de alcance e impacto.
A 1.3.2: Creación dun microsite colaborativo dos proxectos de ApS sobre Saúde Global Comunitaria.
A 1.3.3: Elaboración dun vídeo da experiencia con alumnado, profesorado e persoas destinatarias dos proxectos de ApS.
A 1.3.4: Sala cartográfica dixital do proxecto de ApS “Mapeo e Identificación de Activos de Saúde”.
A 1.3.5: Xornada de clausura do proxecto Aps “MicroMundo”.
Actividade transversal 2: Avaliación participativa do proxecto.
Directa: 2.990 persoas (1.546 mulleres e 1.444 homes), entre alumnado, profesorado universitario, alumnado de secundaria, profesionais de entidades sociais e cidadanía xeral.
Indirecta: 16.435 persoas (8.839 mulleres e 7.596 homes), entre alumnado, profesorado universitario, alumnado de secundaria, profesionais de entidades sociais e cidadanía xeral.
Axuda Xunta de Galicia: 44.979,00 € (2020: 17.991,60 €; 2021: 26.987,40 €)