A Aprendizaxe-Servizo na saúde comunitaria: construíndo cidadanía global para a transformación social na comunidade universitaria. Fase III
Esta proposta é froito da evolución dun proceso de colaboración entre Farmamundi e a USC, comezado en setembro de 2020, que abordou a promoción de procesos educativos en materia dereito á saúde, saúde global e comunitaria, ODS e equidade de xénero, tanto con persoal docente e investigador de disciplinas académicas coma co alumnado das ramas social (Grao en Traballo Social e Mestrado en Psicoloxía) e de ramas sanitarias (Grao en Farmacia, Grao en Bioloxía, Grao en Medicina, Grao en Enfermería e Mestrado en Saúde Pública) e con entidades sociais, centros educativos e profesionais de Traballo Social. O presente proxecto xorde como a Fase III deste mesmo proceso, co fin de darlle continuidade e sostibilidade e afianzar o traballo en rede establecido nas fases previas, na persecución do obxectivo fundamental de promover o compromiso e a participación na promoción da saúde comunitaria e global e os DDHH, e contribuír ao logro dos ODS, especificamente nos ODS 3, 4, 5, 10, 13, 16 y 17. Para isto, e mantendo especial atención á situación socio-sanitaria motivada pola Covid-19, o proxecto tomará a forma dun marco de reflexión- acción para a promoción da saúde e a equidade, que integra as diferentes dimensións da Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global (EPDCG) e é vertebrado pola participación da comunidade universitaria.
Xeral: Contribuír á construción dunha cidadanía global en Galicia comprometida coa transformación social e o desenvolvemento humano, particularmente coa promoción dunha saúde comunitaria e global equitativa e sustentable no horizonte da Axenda 2030.
Específico: Fortalecidas as capacidades coa comunidade educativa de ramas socio-sanitaria da Universidade de Santiago de Compostela (titulares de dereitos e responsabilidades, en presente e/ou futuro) para impulsar procesos transformadores orientados á promoción da saúde comunitaria e global con enfoques EbDH, de xénero, medioambiental e intercultural no marco dos ODS (énfase nos ODS 3, 4, 5, 10, 13, 16 e 17) e no actual contexto de postpandemia da Covid-19.
RE 1.1. Desenvolvidas as competencias de profesorado universitario da USC (TdR) de ramas sociosanitarias en materia de saúde comunitaria baseada en activos desde unha mirada global, incorporando os enfoques EbDH, xénero, medioambiental, intercultural e participativo no marco dos ODS, tendo en conta circunstancias da Covid-19
A.1.1.1 Identificación de boas prácticas en iniciativas de saúde comunitaria a nivel global con entidades sociais de países prioritarios da Cooperación Galega (experiencias transformadoras)
A.1.1.2 Deseño e posta a disposición a profesorado de recursos pedagóxicos baixo un EbDH, xénero, interculturalidade, participativo e medioambiental sobre promoción da saúde comunitaria a nivel global
A.1.1.3 Formación sobre saúde comunitaria baseada en activos (SCBA) para profesorado universitario.
A.1.1.4 Actualización da biblioteca virtual de intercambio de coñecemento e boas prácticas sobre saúde comunitaria e global
RE 1.2 Desenvolvidas as competencias de alumnado universitario da USC (futuras/os TdR) de ramas sociosanitarias para promover a saúde comunitaria e global desde enfoques EbDH, xénero, medioambiental e intercultural no marco dos ODS, atendendo á situación sociosanitaria
A.1.2.1 Curso formativo Dereito á saúde
A.1.2.2 Xornada EPDCG, cooperación e axuda humanitaria: enfoques e experiencias no ámbito da saúde
A.1.2.3 Obradoiros Promoción da saúde comunitaria e global para alumnado universitario
A.1.2.4 Repositorio virtual de intercambio de boas prácticas e coñecementos para alumnado
RE 1.3 Impulsadas iniciativas transformadoras para a promoción da saúde comunitaria e global desde enfoques EbDH, xénero, medioambiental, intercultural coa comunidade universitaria e colectivos prioritarios* na contorna orientadas aos ODS considerando efectos actuais da postpandemia.
A.1.3.1 Desenvolvemento e acompañamento no proxecto de ApS “MicroMundo”
A.1.3.2 Deseño, desenvolvemento e acompañamento do proxecto de ApS Saude Comunitaria
A.1.3.3 Deseño, desenvolvemento e acompañamento do proxecto de ApS “Vite a ceo aberto”
RE 1.4 Sistematizadas, socializadas e difundidas as experiencias protagonizadas pola comunidade universitaria no marco do proxecto, contribuíndo a sensibilización da cidadanía en materia de saúde e benestar, equidade de xéneros e sostibilidade ambiental e promovendo o cumprimento dos ODS.
A.1.4.1 Deseño e implantación Plan Educomunicación
A.1.4.2 Elaboración e difusión de produtos audiovisuais (2) que recollan as experiencias dos proxectos de ApS Saúde comunitaria e Vite a ceo aberto
A.1.4.3 Deseño, elaboración e difusión 2 exposición sobre dereito á saúde a nivel global por parte do alumnado do proxecto de ApS MicroMundo
A.1.4.4 Elaboración de testemuños de "cambio máis significativo" por parte da poboación implicada no proxecto
A.1.4.5 Xornadas de devolución, celebración e clausura comunitaria
A.1.4.6 Elaboración dun microsite para difusión dos contidos, actividades e experiencias transformadoras do proxecto
Directa: 2.990 persoas (1.312 homes, 1.591 mulleres, 40 nenos e 47 nenas) que se desagregan entre o alumnado universitario, o profesorado universitario, o alumnado de centros de secundaria, a poboación adolescente, o persoal técnico do Plan sociocomunitario de Vite, os profesionais de entidades sociais e a cidadanía en xeral.
Indirecta: 8.418 persoas (4.032 homes, 4,356 mulleres, 18 nenos e 12 nenas) que se dividen entre o profesorado universitario, o alumnado universitario, o alumnado en centros de educación secundaria, os profesionais de entidades sociais, a poboación adolescente e a cidadanía en xeral.
Axuda Xunta de Galicia:
45.000 € (18.000 € en 2022 e 27.000 € en 2023)