Proxectos

A Aprendizaxe-Servizo na saúde comunitaria: construíndo cidadanía global para a transformación social na comunidade universitaria. Fase IV.

O obxectivo do proxecto é poñer á disposición da comunidade educativa un abanico de actividades e contidos que favorecen a comprensión e concienciación sobre as asimetrías e interrelacións globais existentes arredor do planeta, fortalecendo as capacidades da comunidade educativa para impulsar procesos transformadores na promoción da saúde e a equidade e impulsando un compromiso social coa defensa e consecución plena dos DDHH e dos valores coherentes cos ODS e cunha cultura de paz. En definitiva: o proxecto pretende achegar a realidade socio-sanitaria á comunidade universitaria, a través dun proceso de aprendizaxe experiencial, desenvolvendo  proxectos de Aprendizaje-Servizo que ofrezan unha visión real do contexto no que se  inserirán os futuros e futuras profesionais de ámbitos socio-sanitarios e que fortaleza as capacidades da comunidade educativa superior e do persoal de investigación e servizos da USC.

Ano: 
2023
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
FARMACEUTICOS MUNDI
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír á construción dunha cidadanía global en Galicia comprometida coa transformación social positiva, a solidariedade e o desenvolvemento humano, particularmente coa promoción dunha saúde comunitaria e global que avance no logro dos ODS.

Específico: Fortalecidas as capacidades coa comunidade educativa da USC para impulsar procesos transformadores de promoción da saúde e a equidade -priorizando o EbDH, a igualdade de xénero, o respecto polas diversidades e a sostibilidade ambiental-, orientados á contribución nas metas dos ODS (énfase no 3, 4, 5, 10, 13, 17) no contexto actual de saúde local e global.

Resultados e actividades: 

RE 1.1 Desenvolvidas as competencias da comunidade educativa da USC e outros axentes comunitarios (TdR) en materia de promoción da saúde e a equidade (modelo SCBA), integrando diversas miradas -con énfase nos DDHH, a interseccionalidade, a interculturalidade e o ecofeminismo-, e atendendo á situación sanitaria local-global e a metas concretas dos ODS (3, 4, 5, 10, 13, 17).

A.1.1.1 Fondo documental de intercambio de recursos e prácticas significativas (actualización da biblioteca virtual e enriquecemento colectivo con referencias, recursos e produtos do proxecto).

A.1.1.2  Realización dunha formación teórico-práctica sobre SCBA e ApS para PDI-PAS.

A.1.1.3 : Realización formación teórico-práctica entidades sociais sobre SCBA e ApS.

A.1.1.4 Realización obradoiros saúde comunitaria axeitados a cada área de coñecemento e colectivos participantes.

RE 1.2 Impulsada a participación comunitaria en saúde (sinerxías e iniciativas transformadoras) coa comunidade educativa protagonista e colectivos prioritarios mediante aproximacións de dereitos, interdependencia e ecodependencia que, considerando realidades e alternativas para a promoción da saúde a nivel local e global, contribúen ás metas dos ODS (3, 4, 5, 10, 13, 17).

A.1.2.1 Deseño e desenvolvemento do proxecto de ApS “MicroMundo” (R3.A1). A saúde desde miradas biloxicistas: antibióticos e resistencias.

A.1.2.2 Deseño e desenvolvemento do proxecto ApS "Entornos seguros". A saúde desde miradas socioeducativas: con ollos de nenez.

A.1.2.3 Deseño e desenvolvemento do proxecto de ApS “Vite a ceo aberto”. A saúde desde miradas psicosociais: con ollos de adolescencia.

A.1.2.4 Sesións de intercambio con axentes comunitarios poñendo en valor aportes ás metas ODS.

RE 1.3 Socializadas e difundidas as experiencias protagonizadas pola comunidade universitaria no marco do proxecto, contribuíndo á sensibilización da cidadanía en materia de saúde e benestar, diversidade en equidade e xustiza eco-social e promovendo os ODS.

A.1.3.1 Deseño e implementación Plan Educomunicación.

A.1.3.2 Actualización dunha microsite para difusión dos contidos, actividades e experiencias transformadoras do proxecto.

A.1.3.3 Deseño, elaboración e difusión de materiais divulgativos e vídeo das experiencias transformadoras.

A.1.3.4 Co fin de difundir os resultados dos procesos desenvolvidos proponse a realización de xornadas de devolución, celebración e socialización conxunta dos diferentes procesos de ApS, a través das cales presentar os procesos de ApS, os contidos, os desafíos, a experiencia por parte do alumnado, celebrar o peche da experiencia e fomentar un espazo de debate e diálogo final que poña en valor as experiencias e as súa contribución ás metas dos ODS e actúe a modo de peche dos proxectos.

RE 1.4 Favorecida a cultura avaliativa, a xestión do coñecemento e a sostibilidade dos procesos transformadores en saúde coa comunidade universitaria para unha cidadanía global comprometida coa consecución da Axenda 2030 e co-responsable cun desenvolvemento humano, equitativo e sustentable.

A.1.4.1 Actualización do estudo de liña de base.

A.1.4.2 Xestión de coñecemento e elaboración de testemuñas de "cambio máis significativo" por parte da poboación implicada no proxecto.

A.1.4.3 Avaliación final do proxecto.

A.1.4.4 Deseño e arranque dun proceso de diagnose para un Plan de sostibilidade e réplica do proxecto.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 31 docentes (15 homes e 16 mulleres) + 284 alumnos (232 mulleres e 521 homes)

Indirecta: 93 docentes (45 homes e 48 mulleres) + 852 alumnos (sendo 696 mulleres e 156 homes).

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 45.000€ (18.000€ en 2023 e 27.000€ en 2024)