A Aprendizaxe-Servizo na saúde comunitaria: construíndo cidadanía global para a transformación social na comunidade universitaria. Fase V
O obxectivo do proxecto é poñer á disposición da comunidade educativa un abanico de actividades e contidos que favorecen a comprensión e concienciación sobre as asimetrías e interrelacións globais existentes arredor do planeta, fortalecendo as capacidades da comunidade educativa para impulsar procesos transformadores na promoción da saúde e a equidade e impulsando un compromiso social coa defensa e consecución plena dos DDHH e dos valores coherentes cos ODS e cunha cultura de paz. En definitiva: o proxecto pretende achegar a realidade socio-sanitaria á comunidade universitaria, a través dun proceso de aprendizaxe experiencial, desenvolvendo proxectos de Aprendizaxe-Servizo que ofrezan unha visión real do contexto no que se inserirán os futuros e futuras profesionais de ámbitos socio-sanitarios e que fortaleza as capacidades da comunidade educativa superior e do persoal de investigación e servizos da USC
Xeral: Contribuír á construción dunha cidadanía global en Galicia comprometida coa transformación social positiva, a solidariedade e o desenvolvemento humano, particularmente coa promoción dunha saúde comunitaria e global que avance na logro dos ODS.
Específico: Fortalecidas as capacidades coa comunidade educativa da USC para impulsar procesos transformadores de promoción da saúde e a 47 2024 Formulario de proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global equidade -priorizando o EbDH, a igualdade de xénero, o respecto polas diversidades e a sustentabilidade ambiental-, orientados á contribución nas metas dos ODS (énfase no 3, 4, 5, 10, 13, 17) no contexto actual de saúde local e global
RE 1.1: Desenvolvidas as competencias da comunidade educativa da USC e outros axentes comunitarios (TdR) en materia de promoción da saúde e a equidade (modelo SCBA), integrando diversas miradas -con énfase nos DDHH, a interseccionalidade, a interculturalidade e o ecofeminismo-, e atendendo á situación sanitaria local-global e a metas concretas dos ODS (3, 4, 5, 10, 13, 17).
A.1.1.1: Fondo documental de intercambio de recursos e prácticas significativas.
A.1.1.2: Realización formación teórico-práctica ApS PDI-PAS.
A.1.1.3: Realización formación teórico-práctica en SCBA ao persoal da REGAPS da Consellería de Sanidade.
A.1.1.4: Realización obradoiros saúde comunitaria axeitados a cada área de coñecemento e colectivos participantes.
RE 1.2: Impulsada a participación comunitaria en saúde (sinerxias e iniciativas transformadoras) coa comunidade educativa protagonista e colectivos prioritarios mediante aproximacións de dereitos, interdependencia e ecodependencia que, considerando realidades e alternativas para a promoción da saúde a nivel local e global, contribúen ás metas dos ODS (3, 4, 5, 10, 13, 17).
A.1.2.1: Deseño e desenvolvemento do proxecto de ApS “MicroMundo”. A saúde desde miradas bioloxicistas: antibióticos e resistencias.
A.1.2.2: Deseño e desenvolvemento do proxecto ApS "Construír espazos educativos con lentes feministas: fiar historias de mulleres con retrincos de accións diversas para soar e sandar colectivamente”.
A.1.2.3: Deseño e desenvolvemento do proxecto de ApS “Vite a ceo aberto”. A saúde desde miradas psico-sociais: con ollos de adolescencia.
A.1.2.4: Sesións de intercambio con axentes comunitarios poñendo en valor aportes ás metas ODS.
RE 1.3: Socializadas e difundidas as experiencias protagonizadas pola comunidade universitaria no marco do proxecto, contribuíndo á sensibilización da cidadanía en materia de saúde e benestar, diversidade en equidade e xustiza eco-social e promovendo os ODS.
A.1.3.1: Deseño e implementación Plan Educomunicación.
A.1.3.2: Actualización microsite para difusión dos contidos, actividades e experiencias transformadoras.
A.1.3.3: Deseño, elaboración e difusión de materiais divulgativos e vídeo das experiencias transformadoras.
A.1.3.4: Xornadas de devolución, celebración e clausura comunitaria.
RE 1.4: Favorecida a cultura avaliativa, a xestión do coñecemento e a sustentabilidade dos procesos transformadores en saúde coa comunidade universitaria para unha cidadanía global comprometida coa consecución da Axenda 2030 e corresponsable cun desenvolvemento humano, equitativo e sustentable.
A.1.4.1: Actualización do estudo de liña de base.
A.1.4.2: Elaboración de testemuños de "cambio máis significativo" por parte da poboación participante no proxecto.
A.1.4.3: Avaliación final do proxecto.
A.1.4.4: Sistematización de experiencias.
Directa: 3.393 (1.427 homes; 1.847 mulleres; 112 nenos; 227 nenas)
Indirecta: 10.105 (4.280 homes; 5.486; 112 nenos; 227 nenas)
Axuda Xunta de Galicia:
45.000 € (18.000 € en 2024 e 27.000 € en 2025)