Proxectos

Asegurar o acceso a unha contorna educativa segura e de calidade para nenas e nenos refuxiados no campo de Dzaleka, Malawi

O proxecto de educación en situación de emerxencia busca fortalecer 5 centros da comunidade educativa de Dzaleka que ofrecen educación temperá, tanto no que se refire a habilidades e servizos para a aprendizaxe e o acompañamento socioemocional en idades temperás, así como garantir mínimos de prevención fronte ao COVID-19 e posibles consecuencias relacionadas.

Así, búscase o alcance de: 1) Mellorar a capacidade de resposta da comunidade educativa do campo de refuxiados de Dzaleka fronte á pandemia de COIVD-19, e de 2) Reforzar o benestar psicosocial de 518 nenas e nenos refuxiados de Dzaleka mediante un aprendizaxe socio emocional baseado un enfoque comunitario.

Para iso propóñense unha serie de actividades caracterizadas por virar ao redor dun enfoque comunitario e de xénero. Todas as actividades proveñen dunha necesidade manifesta expresada pola comunidade educativa e necesitan da implicación da mesma para ser exitosas e satisfactorias.

Ano: 
2020
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Acción Humanitaria
Rexión: 
África
País: 
MALAWI
Zona de actuación: 
Campo de refuxiados de Dzaleka, distrito de Dowa
Axentes: 
ENTRECULTURAS FE E ALEGRÍA (FUNDACIÓN)
Contraparte: 

Servizo Xesuíta a Refuxiados (Jesuit refugee Service – JRS)

Código CRS: 
11240 - Educación primeira infancia
12261 - Educación sanitaria
7205001 - Protección
Obxectivos: 

Xeral: Mellorar a protección e a capacidade de resiliencia das nenas e nenos refuxiados no campo de Dzaleka.

Específico: Asegurar o acceso a unha contorna educativa segura e de calidade para 518 nenas e nenos refuxiados no campo de Dzaleka.

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Mellorada a capacidade de resposta da comunidade educativa do campo de refuxiados de  Dzaleka fronte á pandemia de  COVID-19.

A 1.1 Compra e distribución de materiais hixiénico-sanitarios.

A 1.2 Realización de sesións de sensibilización en prevención e xestión de contaxios de COVID-19.

A 1.3 Vixilancia continua das actividades do  R1.

RE 1.2. Reforzado o benestar psicosocial de 518 nenas e nenos refuxiados de  Dzaleka mediante un aprendizaxe socio emocional baseado un enfoque comunitario. 

A 2.1 Compra e distribución de material pedagóxico.

A 2.2 Observación da práctica pedagóxica e orientación.

A 2.3 Realización sesións de sensibilización e traballo para a implicación comunitaria no aprendizaxe socio emocional.

A 2.4 Avaliación do benestar emocional do alumnado.

A 2.5 Adquisición periódica de alimentos.

A 2.6 Distribución diaria de racións dentro do programa alimenticio escolar polo equipo voluntario.

A 2.7 Vixilancia continua das actividades do  R2.

Poboación beneficiaria: 

Directa: A poboación beneficiaria directa é un total de 814 persoas (458 mulleres e 356 homes), entre menores e adultos da comunidade educativa do sector preescolar do campo de refuxiados.

Indirecta: A poboación beneficiaria indirecta é un total de 32.403 persoas (19.441 mulleres e 12.961 homes), relativas a un 70% de toda a comunidade refuxiada.

Axudas: 

  Axuda Xunta de Galicia: 49.081,76 €