Proxectos

Asistencia e protección da poboación migrante e refuxiada no norte de Marrocos (Tánxer e Nador)

Este proxecto, executado baixo supervisión da Fundación Entreculturas polos equipos da Delegación Diocesana de Migracións (DDM), responde á problemática da precaria situación dos colectivos migrantes procedentes de África Subsahariana no Norte de Marrocos. O seu obxectivo xeral é contribuír a mellorar as condicións sociosanitarias destas comunidades migrantes, garantindo o acceso efectivo á  asistencia humanitaria e á atención socio-sanitaria preventiva e curativa respecto da pandemia de COVID 19, desde un enfoque de protección dos colectivos máis vulnerables (muller, infancia, migrantes enfermos/as). A estratexia a implantar baséase en dous eixos: a redución da vulnerabilidade física e psicosocial das comunidades migrantes, a través da asistencia humanitaria de bens e servizos de primeira necesidade e do fortalecemento das súas capacidades e competencias psicosociais e coñecementos sobre  dereitos; e o fortalecemento do acceso a servizos sanitarios especializados (coidados  pediátricos, tratamento e vacinación do COVID) a través da posta en marcha de espazos de coordinación coas autoridades públicas competentes, de sensibilizacións COVID e dun servizo pediátrico

Ano: 
2022
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Acción Humanitaria
Rexión: 
África
País: 
MARROCOS
Zona de actuación: 
Nador
Tánxer
Axentes: 
ENTRECULTURAS FE E ALEGRÍA (FUNDACIÓN)
Contraparte: 

Delegación Diocesana de Migraciones- Église Catholique de Nador

Código CRS: 
12220 - Atención sanitaria básica
72010 - Axuda e servizos materiais de emerxencia
72040 - Axuda alimentaria de emerxencia
Obxectivos: 

Xeral: Mellorar as condicións socio-sanitarias das comunidades migrantes máis afectadas pola COVID 19 desde un enfoque de protección dos colectivos máis vulnerables.

Específico: Garantir o acceso efectivo á asistencia humanitaria e á atención socio-sanitaria (preventiva e curativa) das comunidades migrantes do norte de Marrocos afectadas pola COVID 19, desde un enfoque de protección dos colectivos máis vulnerables (muller, infancia, migrantes enfermos/as)

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Reducida a vulnerabilidade física e psicosocial das comunidades migrantes.

               A.1.1.1 Acollida da poboación migrante e análise de necesidades.

               A.1.1.2 Posta en marcha dun servizo de hixiene (servizo de ducha e de lavandería) nas unidades fixas.

               A.1.1.3 Distribución de artigos de primeira necesidade (kits de alimentación, kits materno-infantís, roupa)

               A.1.1.4 Implantación de estratexias cos e as líderes comunitarias - relais communautaires- (identificación; espazos de coordinación; espazos formativos).

               A.1.1.5 Sesións grupais de sensibilización sobre dereitos e talleres psicosociais.

RE 1.2 Fortalecido o acceso a servizos médicos especializados -coidados pediátricos; COVID (tratamento/ vacinación) dos colectivos migrantes en situación de maior vulnerabilidade

               A.1.2.1 Espazos de coordinación coas institucións públicas para facilitar o acceso da poboación migrante ás vacinas contra a COVID-19

               A.1.2.2 Sesións grupais de sensibilización sobre a COVID-19

               A.1.2.3 Desenvolvemento e implantación dunha estratexia piloto de coidados pediátricos (prevención e detección de enfermidades)

               A.1.2.4 Seguimento pediátrico de nenos e nenas.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 1.104 persoas, das cales 445 son mulleres, 477 homes, 91 nenos e 91 nenas.

Indirecta 4.416 persoas, das cales 1.908 son mulleres, 1.780 homes,  364 nenos e 364 nenas.

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 69.776,15 €