Proxectos

Atención integral á poboación refuxiada en asentamentos informais en Nairobi segundo as necesidades específicas de xénero/idade no contexto dunha emerxencia de saúde pública e naturalización da violencia de xénero, Kenia

Este proxecto busca responder á crise humanitaria de longa duración en Kenia, derivada da recepción masiva de desprazamentos forzados dende países veciños – coa conseguinte presión demográfica e inestabilidade social- así como dos graves problemas de inseguridade alimentaria e fame presentes no país, froito dos efectos do cambio climático. Para isto, o seu obxectivo principal será o fortalecemento do sistema de saúde local -principalmente a súa capacidade de resposta ante emerxencias de saúde pública- e garantir a continuidade de servizos sanitarios básicos, como a atención á saúde sexual reprodutiva e materno-infantil. Tamén se perseguirá promover ambientes saudables e seguros que favorezan a adopción de estratexias de autocoidado e de prevención da propagación de enfermidades infecto- contaxiosas, e finalmente, articular unha estratexia de restitución dos dereitos para os colectivos máis vulnerables: as mulleres e as nenas refuxiadas e superviventes de VS e VBG. Todo isto centrado nas necesidades da poboación refuxiada residente nos asentamentos informais de Nairobi.

Ano: 
2022
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Acción Humanitaria
Rexión: 
África
País: 
KENIA
Zona de actuación: 
Nairobi
Axentes: 
FARMACEUTICOS MUNDI
Contraparte: 

Foundation for Health and Social Economic Development Africa (HESED -África)

Código CRS: 
12220 - Atención sanitaria básica
12240 - Programas directos para a alimentación
13020 - Atención saúde reprodutiva
70000 - Axuda humanitaria
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír a garantir o dereito á saúde integral e a unha vida libre de violencias de mulleres e nenas entre a poboación refuxiada urbana de Nairobi, Kenia.

Específico: Garantir a atención das necesidades específicas de xénero e idade entre a poboación refuxiada e máis vulnerabilzada dos asentamentos informais de Eastliegh North, Nairobi, baixo un enfoque de protección á saúde e restitución integral de dereitos.

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Ampliada a cobertura en saúde básica, SSR e saúde materno-infantil do Centro de Saúde de Eastliegh integrando o enfoque de xénero, a pertinencia cultural e a preparación ante situacións de emerxencia de saúde pública nun contexto de pandemia por COVID-19.

 

               A.1.1.1 Reforzo e subministro do laboratorio e dispensario do centro de saúde de Eastliegh con medicamentos esenciais e específicos para o tratamento de afeccións prevalentes na zona de intervención

               A.1.1.2 Atención sanitaria adaptada a mulleres refuxiadas, embarazadas e en idade fértil para o tratamento das afeccións prevalentes vinculadas á saúde materno-infantil e á SSR

 

RE 1.2 Promovidos ambientes saudables, seguros e sensibles ás necesidades específicas de xénero e idade e incrementadas as oportunidades de acceso a unha alimentación adecuada entre a poboación refuxiada en Nairobi

 

               A.1.2.1 Distribución de artigos de hixiene entre as unidades de convivencia de poboación refuxiada máis vulnerable nos asentamentos informais de Eastliegh North.

               A.1.2.2 Distribución de suplementos nutricionais entre as unidades de convivencia de poboación refuxiada máis vulnerable nos asentamentos informais de Eastliegh North.

               A.1.2.3 Realización de talleres (16) para a promoción da hixiene menstrual e os Dereitos Sexuais e Reprodutivos e información para a poboación refuxiada en Eastliegh North, traballando en colaboración con 4 grupos comunitarios e 4 escolas.

 

RE 1.3 As mulleres e nenas superviventes de VS y VBG refuxiadas en Nairobi ven ampliadas as súas oportunidades de reinserción comunitaria integral e de restitución dos seus DESCA y DSR vulnerados.

 

               A.1.3.1 Talleres/reunións (45) coa poboación da comunidade sobre a promoción social e política dos dereitos sexuais e reprodutivos, incluídos os dereitos e a protección da poboación refuxiada, a prevención da violencia de xénero, o apoio e o asesoramento aos superviventes da violencia sexual.

               A.1.3.2 Articulación de grupos de apoio psicosocial, de coidados e axuda mutua entre mulleres refuxiadas superviventes de VS e VBG.

               A.1.3.3 Asesoramento xurídico e acompañamento na busca de axuda legal para mulleres refuxiadas superviventes de violencia sexual y de xénero.

               A.1.3.4 Celebración de espazos compartidos de reflexión e consultas para fortalecer o vínculo entre a comunidade e a estrutura de saúde e favorecer a operatividade dos servizos, así como para garantir os dereitos da poboación meta da intervención.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 11.323 persoas, das cales 7.469 son mulleres, 1554 homes, 1.010 nenos e 1.290 nenas

Indirecta: 13.148 persoas, das cales 6.429 son mulleres, 4.317  homes, 832 nenos e 1.570 nenas

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 70.000 €