Proxectos
-
Xeración Contrainfo Fase II
Xeración Contrainfo nace en 2022 como resposta á radicalización dos discursos de odio entre as e os adolescentes, que segundo relatan as e os docentes e os colectivos afectados están provocando un clima de polarización social nas aulas e uns altos niveis de intolerancia e de agresividade cara aos colectivos excluídos, as persoas migrantes e racializadas, as persoas xitanas e as persoas do colectivo LGTBIQ+.
-
Mellora da capacidade de reflexión crítica e de xeración de produtos educomunicativos do alumnado de secundariade Boiro, Bueu, Silleda, Viana do Bolo e Brión e do profesorado de centros públicos de Galicia (EpDLab)
Tras oito edicións, a fase 9 de EpDLab seguirá afondando nos catro eixos fundamentais do proxecto: a ECG como materia transversal no ensino, a innovación educativa con perspectiva crítica, a comunicación dixital como estratexia de transformación social e as ferramentas para facilitar a multiplicación e a réplica dos resultados. Todas as actividades baséanse na comunicación entendida como un feito social e cultural, no seu impacto no contexto cotián e na relación con outras persoas, colectivos e lugares do mundo.
-
Escolas sen racismo, Escolas para a paz e o desenvolvemento (ESR-EpD): Fortalecemento das capacidades e ferramentas xeradoras de conciencia crítica na educación infantil, primaria, secundaria e universitaria de Galicia.
A presente proposta pretende dar continuidade ao proxecto EsR-EpD do curso 2022-23, e polo tanto, continúase a traballar como principal ferramenta metodolóxica do proxecto: a teoría de desenvolvemento moral a través dos dilemas morais. Con todo, e na liña de aposta pola innovación continua de ACPP, tamén se exploran novas temáticas como o enfoque restaurativo e a intervención con enfoque global dende as escolas rurais.
-
A Aprendizaxe-Servizo na saúde comunitaria: construíndo cidadanía global para a transformación social na comunidade universitaria. Fase IV.
O obxectivo do proxecto é poñer á disposición da comunidade educativa un abanico de actividades e contidos que favorecen a comprensión e concienciación sobre as asimetrías e interrelacións globais existentes arredor do planeta, fortalecendo as capacidades da comunidade educativa para impulsar procesos transformadores na promoción da saúde e a equidade e impulsando un compromiso social coa defensa e consecución plena dos DDHH e dos valores coherentes cos ODS e cunha cultura de paz.
-
Avaliación do impacto do cambio climático en humidais altoandinos para deseñar estratexias de adaptación para comunidades locais vulnerables (Puna resiliente): Ensaio piloto no nevado Coropuna (Perú)
O Proxecto de Intervención na Contorna do Coropuna ten como obxectivo principal conservar e protexer os valiosos bofedales altoandinos, en intima conexión coa criosfera desta rexión, incluíndo os glaciares e o permafrost. Estes ecosistemas desempeñan un papel crucial como reguladores da auga e son o sustento das comunidades locais agropastoriles que dependen deles para a súa subsistencia. No marco do proxecto, implementaranse accións específicas para mellorar as condicións de vida das comunidades locais e fortalecer a súa resiliencia fronte ao cambio climático.
-
Programa de innovación tecnolóxica agropecuaria e forestal para o desenvolvemento socioeconómico de 9 Comunidades de bosque do val de San Lorenzo, na rexión de Piura – Perú, xestionado polas Asociacións de Mujeres. PROGRAMA INNOVA-T SAN LORENZO
O obxecto do presente proxecto é o de fortalecer a 9 comunidades de bosque do Val de San Lorenzo, co fin de impulsar procesos de desenvolvemento socioeconómico, con especial atención á situación de vulnerabilidade das mulleres, que garantan o exercicio da cidadanía, a xestión ambiental sostible dos bosques e o fomento de emprendementos de innovación tecnolóxica agropecuarios e forestais de alto valor agregado.
-
Promovendo a soberanía alimentaria das familias indíxenas do cantón Yacuambi, Ecuador- ODS 2
O presente proxecto execútase no cantón Yacuambi, provincia de Zamora Chinchipe, Ecuador. Ten como finalidade contribuír á equidade de xénero e a redución da pobreza nas familias do cantón a través do fomento da soberanía alimentaria, entendendo a pobreza dunha forma multidimensional e vinculada á discriminación e a desigualdade que viven determinados grupos sociais, como son as mulleres, rurais e indíxenas, parte da poboación meta do proxecto. A proposta desenvólvese, ademais, desde o compromiso co enfoque de Dereitos Humanos, Interculturalidad e Sostibilidade.
-
Mellora na sostibilidade e uso eficiente nos Sistemas de Auga Potable rurais no Salvador
Esta proposta busca impulsar o uso eficiente e sostible da auga nos Sistemas de Auga Potable e Saneamento (SAPS) rurais da Cordilleira do Bálsamo no Salvador, contribuíndo á sostibilidade dos mesmos para garantir a dispoñibilidade e a xestión sostible da auga mediante a incorporación de novas tecnoloxías na práctica administrativa, operativa e organizativa dos SAPS.
-
Fortalecemento das capacidades da sociedade civil e das organizacións comunitarias implicadas na promoción e protección do dereito das mulleres maias a unha vida libre de violencia, con relevancia cultural, no Norte, Centro, Occidente e Oriente de Guatemala.
O proxecto aborda o dereito das mulleres maias de Guatemala a unha vida libre de violencia, buscando fortalecer as capacidades da sociedade civil e das organizacións comunitarias implicadas na promoción e protección do dereito das mulleres maias a unha vida libre de violencia. con relevancia cultural, no norte, centro, oeste e leste de Guatemala. Para conseguilo, propóñense tres resultados a acadar nos 17 meses de duración do proxecto:
-
Reforzar o sistema público de saúde hondureño a través da mellora da atención primaria en saúde incorporando o enfoque de xénero, en 10 comunidades rurais do Municipio de San Lorenzo, Departamento de Valle, Honduras.
A intervención execútase en 10 comunidades rurais do Municipio de San Lorenzo, en Honduras, e presenta como obxectivo específico o “reforzar o sistema público de saúde hondureño, a través da mellora da atención primaria en saúde incorporando o enfoque de xénero”, en directa liña cos ODS 3 e 5. Para iso, propón tres liñas de acción complementarias entre si:
1. Mellora da infraestrutura e o equipamento sanitario da Unidade de Atención Primaria-UAPS- A Criba.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »