Proxectos

AYMURAY MIT´A : Mellora do estado nutricional de nenos/as cun enfoque agroecolóxico, produtivo e ambiental en catro Unidades Educativas dos Municipios de Toco e Tarata, Cochabamba. Bolivia

O obxectivo do proxecto é mellorar o estado nutricional de nenas e nenos a través do acceso e a mellora da dispoñibilidade de alimentos nutritivos cun enfoque agroecolóxico, produtivo e ambiental en catro unidades educativas dos municipios de Toco e Tarata.

Para lograr este obxectivo realizaranse procesos de capacitación e sensibilización a mestres/as, pais/nais de familia e nenos/as con enfoque de educación produtiva destinada ao manexo de hortas escolares para a produción agroecolóxica de alimentos saudables e nutritivos. Neste marco, os comedores escolares xogarán un papel determinante en canto a que os coñecementos non serán só parte dun proceso de información e capacitación, senón de vivencia cotiá a través da toma de alimentos, o xantar de medio día, cunha dieta debidamente equilibrada. Así, a alimentación dos nenos e nenas nos comedores permitirá transcender o traballo académico nos centros escolares cara a incorporación de novos hábitos incidindo positivamente nos patróns de comportamento alimenticio para mellorar a saúde da poboación infantil.

Así mesmo traballarase na mellora do consumo de alimentos diversificados e de alto valor nutricional a través da dotación de racións alimentarias nutritivas a escolares de 4 a 16 anos de idade, xestionadas por pais e nais de familia e autoridades educativas e municipais; e, máis importante aínda, a través do consumo de verduras e hortalizas producidas nas hortas escolares que acheguen polo menos o 10% dos requirimentos diarios en quilocalorías da poboación escolar.

Estas unidades produtivas que se establecerán nas escolas constituiranse en verdadeiros centros de aprendizaxe posto que os procesos de capacitación tanto a nenos/as como ás súas familias desenvolveranse no marco da educación produtiva agroecolóxica nutricional, onde a teoría e a práctica van xuntas. Este enfoque do proxecto terá o seu correlato na elaboración dun instrumento didáctico para o nivel primario que basicamente será elaborado coas achegas de mestres/as, pais e nais de familia e autoridades educativas; os contidos estarán orientados á agricultura ecolóxica, a saúde integral mediante unha alimentación saudable e nutritiva, así como en temas de medio ambiente.

O proceso de traballo nas hortas escolares e na xestión dos comedores contará coa participación de toda a comunidade educativa, onde mestres/as, nenos e nenas e fundamentalmente as Xuntas Escolares de pais e nais de familia, constituiranse nos actores principais. Neste sentido, a característica da presente proposta é a participación social comunitaria e o enfoque produtivo, orientado á seguridade alimentaria e agroecolóxica.

Ano: 
2012
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Microproxectos
Rexión: 
América do Sur
País: 
BOLIVIA
Zona de actuación: 
Cochabamba (departamento)
Axentes: 
ASOCIACIÓN GLOBAL HUMANITARIA
Contraparte: 

Asociación Global Humanitaria Bolivia

Código CRS: 
12240 - Programas directos para a alimentación
Obxectivos: 

Obxectivo Xeral: Contribuír na formación do capital humano dos municipios de Toco e Tarata, mellorando a seguridade alimentaria da poboación escolar.
Obxectivo Específico: Mellorado o estado nutricional de nenas e nenos a través do acceso e mellora de alimentos cun enfoque produtivo, en catro unidades educativas dos municipios de Toco e Tarata.

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1.: Mellorados os coñecementos e prácticas de nenos/as, pais/nais de familia a través da implementación do programa de Educación Alimentaria Nutricional, con enfoque produtivo ambiental agroecolóxico.
Actividades:
A.1.1.1.: Sensibilización e capacitación a pais/nais de familia, nenos/as en saúde integral, alimentación saudable con enfoque produtivo.
Resultado 1.2.: Mellorado o consumo de alimentos dos escolares través de 4 comedores escolares e do acceso á produción agrícola diversificada e de alto valor nutricional procedente de 3 hortas escolares.
Actividades:
A.1.2.1.: Dotación de racións alimenticias a nenos e nenas a través de comedores escolares xestionados por un comité de xestión local.
A.1.2.2.: Avaliación médica e nutricional a nenos e nenas de 4 unidades educativas.
Resultado 1.3.: Centros de aprendizaxe en Educación Produtiva Nutricional Ambiental, xestionados coa participación comunitaria.
Actividades:
A.1.3.1.: Construción e mantemento das Unidades de produción agrícola (Hortas Escolares).
A.1.3.2.: Produción agrícola de hortalizas nas hortas das unidades educativas.
A.1.3.3.: Capacitación e asistencia técnica ao comité de xestión e administración de centros de aprendizaxe.
A.1.3.4.: Elaboración dun instrumento didáctico acorde á temática de educación produtiva nutricional ambiental.
A.1.3.5.: Capacitación a mestres/as en técnicas de ensino baseados en educación produtiva nutricional ambiental.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 410 escolares de entre 4 e 16 anos (48% nenas).
Indirecta: 36 profesores/as, 194 pais e nais de familia, 2 distritais de educación, 2 centros de saúde e 2 autoridades.

Axudas: 

24992