Campaña mundial pola educación 2016 en Galicia.
Con este proxecto, o equipo territorial da Campaña Mundial pola Educación (CME) en Galicia e as ONGD que a integran aos efectos deste proxecto (Entreculturas, Educo, Taller de Solidaridad, Axuda en Acción) queren dar continuidade ao traballo de máis de 10 anos en Galicia sensibilizando e formando á sociedade galega e á comunidade educativa, sobre a situación da educación no mundo. Aproveitando este ano clave e de cambio a nivel internacional, a CME quere poñer na axenda pública e política de Galicia o cumprimento dos novos compromisos mundiais, en especial aos obxectivos referidos á educación no mundo. Para tal fin o equipo territorial da CME en Galicia levará a cabo unha intervención coordinada entre as ONGD que integran este proxecto despregando unha batería de accións de formación, sensibilización, mobilización e incidencia para chegar a dous segmentos de poboación claves para a CME: a comunidade educativa galega: e a sociedade civil galega.
Obxectivo xeral: Promover a realización do dereito á educación a través da difusión e cumprimento dos novos compromisos mundiais post-2015 de educación para todos e todas do novo Foro de Educación e dos ODS referidos á educación.
Obxectivo específico: Promover na comunidade educativa e na sociedade civil galega respostas sociais, educativas e políticas a favor do dereito á educación para todos e todas e dos ODS sobre educación no novo marco de Acción post-2015.
Resultado 1.1. A comunidade educativa galega reivindica o dereito a unha educación de calidade para todos e todas, coñece e reivindica o cumprimento dos novos obxectivos da EPT e de educación dos ODS no novo Marco de Acción post-2015.
Actividades
A1.1.1. Traducir, editar, imprimir e difundir o material educativo (unidades didácticas) da Campaña Mundial pola Educación 2016 entre os centros educativos participantes.A1.2:
A1.1.2. Traducir, editar, imprimir e difundir o material de difusión (carteis, folletos, documento de posicionamento) da Campaña Mundial pola Educación 2016 entre os centros educativos participantes.
A1.1.3. Traducir e editar material de difusión online (banners, pé de firma do correo electrónico) da Campaña Mundial pola Educación 2016.
A1.1.4. Planificar e celebrar xuntanzas cos centros educativos participantes.
A1.1.5. Coordinar, asesorar, dinamizar e apoiar tecnicamente aos equipos locais da CME en Galicia, e coordinación co equipo nacional da CME
A1.1.6. Elaboración dun xogo en formato web de preguntas e respostas sobre a situación da educación no mundo a data 2015 e os novos obxectivos da EPT e de educación dos ODS no novo Marco de Acción post-2015.
Resultado 1.2. Sensibilizada a opinión pública galega sobre o dereito á educación, a súa situación no mundo a data 2015 e a importancia do cumprimento na consecución dos novos obxectivos da EPT de educación para todos e todas e de educación dos ODS no novo Marco de Acción post-2015.
Actividades
A1.2.1. Organización dun encontro formal para medios de comunicación sobre o novo Marco de Acción post-2015 de EPT e de educación dos ODS, que permita a súa difusión á sociedade civil galega.
A1.2.2. Difundir a exposición sobre a situación da educación no mundo e os logros da CME en diferentes espazos públicos das catro provincias galegas.
A1.2.3. Planificar, organizar e celebrar os actos públicos da Semana de Acción Mundial pola Educación 2016.
A1.2.4. Executar a estratexia de comunicación pública da Campaña Mundial pola Educación 2016.
Directa
- No eido da comunidade educativa concretada en 40 centros das catro provincias estímase que a poboación beneficiaria directa será de máis de 150 docentes e 2.800 alumnos/as.
- No relativo ao traballo de sensibilización da opinión pública galega espérase chegar de forma directa a máis de 1.000 persoas.
Indirecta
Como participantes indirectos estímanse as comunidades educativas dos 40 centros de referencia onde se levará a cabo a CME2016 dunha forma máis activa. Así mesmo, vaise chegar a un número moito maior na medida en que se esperan máis de 70 impactos en medios de comunicación galegos e medios dixitais. Estímase que os beneficiarios indirectos serán 1.200 persoas adultas (400 homes e 800 mulleres) e 22.000 menores (10.000 nenos e 12.000 nenas).
35.030,00 €; 14.012,00 € (2015) e 21.018,00 € (2016)