Campaña Mundial pola Educación 2026
O proxecto céntrase na sensibilización, a concienciación, a formación, a mobilización cidadá e a incidencia política. Estas accións seguen a orientación do movemento internacional Global Campaign for Education (GCE) e desenvólvense en coordinación coa coalición española da Campaña Mundial. O obxectivo central da Campaña Mundial pola Educación (CME) é esixir que se garanta o dereito humano á educación para todas as persoas e que os Estados cumpran os compromisos adquiridos tanto a nivel nacional como internacional. O principal instrumento de acción e presión política desta iniciativa é a Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME), durante a cal millóns de persoas en todo o mundo mobilízanse para esixir o respecto e cumprimento do compromiso con ese dereito.
Este proxecto pretende aumentar os coñecementos, a conciencia crítica e a acción transformadora da comunidade educativa galega a través de accións de sensibilización, mobilización e incidencia política. Céntrase en que a CME galega sexa recoñecida no territorio como referente en defensa do dereito á educación e aumente a súa capacidade mobilizadora; que a comunidade educativa galega accede a espazos e recursos educativos, formativos e de sensibilización sobre o ODS 4 e o dereito humano á educación e se mobilice.
Xeral: Contribuír ao fomento dunha cidadanía activa e crítica entre as comunidades educativas e a sociedade galega en xeral, que reivindique o cumprimento dos compromisos internacionais asumidos polo gobernos mediante a aprobación da Axenda 2030, en concreto, a través do cumprimento efectivo do ODS 4, con enfoque de xénero e baseado en dereitos humanos (EGBDH)
Específico: Aumentar os coñecementos, a conciencia crítica e a acción transformadora da comunidade educativa galega a través de accións de sensibilización, mobilización e incidencia política con enfoque de xénero e baseado en dereitos humanos (EGBDH) no marco do dereito humano á educación, o ODS 4 e da Axenda 2030.
RE 1.0. Fortalecida a coordinación, seguimento e avaliación do proxecto da CME en Galicia
A.1.0.1. Coordinación, seguimento e monitoreo
A.1.0.2. Avaliación final externa
RE 1.1. A CME Galicia é recoñecida no territorio como un referente na defensa do dereito humano á educación, con maior capacidade para mobilizar a organizacións e persoas, e incidir na axenda pública mediante a inclusión de reivindicacións concretas ligadas ao cumprimento do ODS 4, como o acceso equitativo a unha educación inclusiva, o financiamento suficiente do sistema educativo e o fortalecemento do rol do profesorado como garante de dereitos.
A.1.1.1. Participar en espazos de coordinación e traballo da CME Estatal co fin de favorecer o fortalecemento de capacidades e o intercambio de boas prácticas
A.1.1.2. Impulsar o desenvolvemento e difusión de polo menos 2 posicionamentos en temas de actualidade e co foco en dereitos dixitais e educación en diferentes contextos
A.1.1.3. Presentar a CME a novas institucións co fin de ampliar a rede de influencia
A.1.1.4 Celebración de dous encontros do grupo de entidades aliadas da CME Galicia
A.1.1.5 Deseñar e implementar unha estratexia de comunicación da CME Galicia
A.1.1.6 Presentación do Informe da USC "Impacto da CME en Galicia" nun novo espazo de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global
RE 1.2. A comunidade educativa galega accede a espazos e recursos educativos, formativos e de sensibilización sobre o o ODS 4 e o dereito humano á educación, a dixitalización da mesma como brecha educativa e a súa relación con situacións de crises e conflitos e ponos en práctica.
A.1.2.1. Difundir os materiais didácticos e de sensibilización sobre conexión dixital en diferentes contextos en 100 espazos educativos de Educación formal e non formal galegos
A.1.2.2. Difundir 1 ferramenta pedagóxica en formato dixital para NNA en 100 espazos educativos galegos
A.1.2.3. Difundir 1 ferramenta de formación para profesorado sobre o Dereito Humano á Educación en 100 espazos educativos galegos
A.1.2.4. Incluír, no curso en liña en Moodle para persoal educador sobre a guía de formación de activistas xuvenís polo dereito á educación, 3 novas funcionalidades ou instrumentos de seguimento e avaliación (como rúbricas, cuestionarios automatizados e reportes de progreso), implementados e validados por unha persoa experta.
A.1.2.5. Deseñar, organizar e celebrar 12 obradoiros formativos e de sensibilización sobre a defensa do dereito á educación e o ODS 4, en especial sobre a conexión dixital en diferentes contextos, en espazos educativos, formais e non formais, galegos baseados nos materiais didácticos e de sensibilización deseñados para a SAME.
A.1.2.6. Informar, formar e acompañar a profesorado interesado para que posteriormente organice de forma autónoma accións formativas e sensibilizadoras sobre a defensa do dereito á educación e o ODS 4, en especial en sobre dereitos dixitais e educación en diferentes contextos nos seus centros educativos
A.1.2.7. Deseñar, organizar e celebrar 3 xornadas formativas e de sensibilización en torno ao cumprimento do dereito humano á educación, a educación transformadora no marco da Axenda 2030 e a Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global nas Universidades Galegas
A.1.2.8. Deseñar, organizar e celebrar unha xornada en liña de presentación do documento de sistematización do proxecto de innovación educativa fundamentado na metodoloxía ApS á CME Estatal e CME territoriais de diferentes CC.AA
A.1.2.9. Continuar coa execución do proxecto de Innovación en Aprendizaxe e Servizo para estudantes universitarios no que desenvolvan competencias para a EpDCG
RE 1.3. A comunidade educativa galega mobilízase e realiza incidencia política ante persoas gobernantes e representantes políticos locais e/o autonómicos en prol do dereito humano á educación e o ODS 4, analizando o impacto da dixitalización do mesmo e en especial en situacións de crises e conflitos
A.1.3.1. Deseñar, organizar e celebrar un acto central de incidencia política no marco da Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME) con gobernantes e representantes políticos de nivel autonómico
A.1.3.2. Deseñar, organizar e celebrar un acto local na rúa ou nun centro educativo vinculado á defensa do dereito humano á educación, no marco da Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME)
A.1.3.3. Motivar polo menos 2 espazos de encontro coas administracións públicas, locais e/o autonómicas, para reforzar o coñecemento da Campaña Mundial pola Educación nos ámbitos de decisión
A.1.3.4. Desenvolvemento e implementación dunha ciberacción de mobilización social enfocada ao persoal educador no marco do día do docente.
A.1.3.5. Creación dunha comisión mixta multiactor de seguimento do nivel de cumprimento das demandas realizadas a gobernantes e representantes políticos a nivel local ou autonómico por parte dos actores das comunidades educativas participantes
Directa: 1.084 (625 mulleres/nenas, 461 homes/nenos)
Indirecta: 16.337 (7.713 mulleres/nenas, 8.624 homes/nenos)
47.000 € (18.800 € en 2025 e 28.200 € en 2026)