Campaña Mundial pola Educación en Galicia 2023
A Campaña Mundial pola Educación (CME) dinamiza, dende o ano 2003 en Galicia, as actividades de sensibilización, concienciación, formación, mobilización social e incidencia política promovidas pola Global Campaign for Education (GCE) en coordinación coa Coalición Española da CME, dirixida dende o ano 2020, a nivel Estatal, por Fundación Educo. A CME ten por obxectivo velar polo cumprimento dos compromisos adquiridos polos gobernos e a comunidade internacional para garantir o dereito humano á educación a través dunha educación inclusiva, equitativa, igualitaria e de calidade para todas as persoas ao longo da súa vida, no marco da Axenda 2030 e do Obxectivo de Desenvolvemento Sostible (ODS) 4: Educación de calidade. En Galicia, este proxecto pretende dar continuidade a unha intervención no eido da Educación para o Desenvolvemento (EpD) e a Cidadanía Global (CG) iniciada no ano 2003, contando co financiamento da Xunta de Galicia que segue unha liña de reflexión estratéxica suxerida polas avaliacións externas finais dos proxectos financiados, así como por unha identificación participativa externa realizada no ano 2019 na que participaron diversos actores vinculados á CME e que arroxou datos significativos a ter en conta a curto e longo prazo, en relación aos colectivos implicados e participantes da CME, os seus intereses, as problemáticas abordadas na intervención do proxecto así como os seus obxectivos, resultados e actividades para os vindeiros anos e marcar un itinerario de fortalecemento institucional do equipo territorial para a mellora da coordinación, división do traballo e complementariedade entre todas as entidades da coalición da CME galega.
Xeral: Contribuír ao cumprimento dos compromisos internacionais asumidos polos gobernos mediante a aprobación da Axenda 2030 das Nacións Unidas e, en concreto, a través do cumprimento efectivo do ODS 4: “Garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade, e promover oportunidades de aprendizaxe ao longo da vida para todos e todas”.
Específico: A comunidade educativa e a sociedade galega incrementan o seu compromiso, participación social e apoderamento na demanda de respostas sociais, educativas e políticas para a apropiación do dereito humano á educación, o ODS 4 e da Axenda 2030 das Nacións Unidas por parte das persoas gobernantes e representantes políticos a nivel local e autonómico
R.1. A comunidade educativa galega accede a espazos e recursos educativos, formativos e de sensibilización sobre o dereito humano á educación e o ODS 4.
A.1.1. Difundir os materiais educativos e de sensibilización da CME en 20 centros Educativos Galegos, levando a cabo obradoiros en relación á SAME en alo menos 5 deles.
A.1.2. Deseñar, organizar e celebrar 3 xornadas formativas, nas Universidades Galegas, sobre o dereito humano á educación, o ODS 4 e a educación transformadora no ámbito universitario.
A.1.3. Programa formativo baixo a metodoloxía innovadora de Aprendizaxe e Servizo (APS) para estudantes universitarios da USC no que desenvolverán competencias para a EpD e a CG.
A.1.4. Implementar actividades de sensibilización, incidencia e mobilización en relación á defensa do dereito a educación, baseadas na Guía de Activistas xuvenís polo dereito á educación, co fin de fomentar o activismo entre a mocidade galega.
R.2. A cidadanía galega, así como a comunidade educativa accede a espazos de incidencia política e sensibilización a prol do dereito humano á educación e o ODS 4 perante persoas gobernantes e representantes políticos locais e/ou autonómicos
A.2.1. Deseñar, organizar e celebrar un acto central de incidencia política no marco da Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME) con gobernantes e representantes políticos do nivel autonómico.
A.2.2. Deseñar, organizar e celebrar unha xornada divulgativa dirixida á sociedade galega, que permita a sensibilización sobre a importancia do ODS4.
A.2.3. Motivar espazos de encontro coas administracións públicas, locais e autonómicas, e os partidos políticos para reforzar o coñecemento da campaña mundial pola educación nos ámbitos de decisión.
R.3. A cidadanía galega accede a información de calidade e sensibilízase sobre o ODS 4, o dereito humano á educación e os logros colectivos da Campaña Mundial pola Educación en Galicia.
A.3.1. Deseñar e executar a estratexia de comunicación para Campaña Mundial pola Educación.
A.3.2. Deseñar, realizar e difundir a avaliación final externa.
R.4. A CME promove unha investigación participativa e proxectiva creando alianzas polo ODS4 e o dereito á Educación.
A.4.1.Investigación: o resultado educativo da CME
Directa: 1.852 persoas, das cales 19 son homes, 63 mulleres, 810 nenos e 960 nenas. (40 docentes de Educación infantil, primaria e secundaria; 21 profesores/as de ensinanza superior; persoal das organizacións, administración e servizo dos centros educativos: 1320 estudantes de infantil, primaria e secundaria e 450 estudantes universitarios)
Indirecta: 11.670 persoas, das cales 970 son homes, 1.300 mulleres, 3.700 nenos e 5.700 nenas. (Comunidade educativa dos centros de ensino primario e secundario que albergarán as actividades da CME 2023; alumnado e profesorado non implicado de forma activa por parte das Universidades; cidadanía galega en xeral informada grazas ao Plan de Comunicación)
Axuda Xunta de Galicia:
45.000 € (18.000 € en 2022 y 27.000 € en 2023)