Cidadanía global, educación e DDHH: empoderamento e participación para o cambio social por parte da mocidade e do profesorado da Rede Solidaria da Mocidade no curso 2014-2015
Os estudos existentes en Galicia e España revelan un déficit de cidadanía e participación activa entre a mocidade así como falla de cultura política, activismo e militancia en movementos e organizacións sociais. En relación á cooperación ao desenvolvemento, a mocidade presenta actitudes favorables cara á loita contra a pobreza e á política pública de cooperación. Malia valorar positivamente ás organizacións de voluntariado, este recoñecemento non se traduce en apoio, compromiso ou participación. En conclusión, a participación sociopolítica da mocidade caracterízase pola súa desconfianza, apatía e procura de canles e espazos alternativos de participación e mobilización social.
Este proxecto dá continuidade á intervención do 2013/2014, e céntrase na satisfacción dunha tripla demanda: a consolidación dos espazos colectivos para a participación incluíndo a visión e voz do Sur, a demanda dun maior apoio, acompañamento e fortalecemento dos grupos e a demanda de formación específica por parte do profesorado dinamizador dos grupos solidarios.
Obxectivo Xeral: Promover en Galicia a construción dunha cidadanía global concienciada, crítica, participativa e comprometida coa xustiza e a solidariedade, coa erradicación da pobreza e das desigualdades, a promoción do desenvolvemento humano e sostible e o exercicio pleno dos dereitos, colaborando coa consecución dos obxectivos internacionais de desenvolvemento.
Obxectivo Específico: Fortalecidos os procesos de participación, empoderamento e cidadanía global activa para o cambio social e persoal dos mozos e mozas e do profesorado da Rede Solidaria da Mocidade, desde a promoción da educación e os dereitos humanos durante o curso 2014-2015.
Resultado 1.1: Facilitados espazos de encontro aos mozos, mozas e docentes da Rede Solidaria da Mocidade e con centros educativos do Sur para o desenvolvemento de habilidades democráticas e de participación para o cambio social.
Actividades
A1.1.1: Deseñar, planificar e celebrar o XVI Encontro en Rede.
A1.1.2: Deseñar, planificar e realizar 2 actividades en rede de fin de curso para os grupos da Rede Solidaria da Mocidade.
A1.1.3: Deseñar, organizar e promover experiencias de participación e intercambio entre o profesorado e o alumnado da Rede Solidaria da Mocidade e grupos de mozos e mozas de centros educativos de América Latina no marco do programa “Entrescolas” .
Resultado 1.2: Facilitados recursos educativos e ferramentas de aprendizaxe para o empoderamento e o desenvolvemento de habilidades democráticas e de participación aos mozos e mozas da Rede Solidaria da Mocidade.
Actividades
A1.2.1: Deseñar, elaborar e realizar 6 obradoiros de formación sobre educación e dereitos humanos para mozos e mozas da Rede Solidaria da Mocidade.
A1.2.2: Deseñar, elaborar e realizar 4 obradoiros formativos nos grupos da Rede Solidaria da Mocidade.
A1.2.3. Facilitar aos mozos e mozas dos grupos da Rede Solidaria da Mocidade recursos educativos e didácticos para o desenvolvemento das súas habilidades democráticas e de participación.
A1.2.4. Deseñar, planificar e executar as axendas solidarias de 10 grupos solidarios da Rede Solidaria da Mocidade (experiencias de participación e cidadanía global).
Resultado 1.3: Facilitados recursos e ferramentas educativas aos e ás docentes para o empoderamento e o desenvolvemento de habilidades democráticas e de participación dos grupos de mozos e mozas da Rede Solidaria da Mocidade.
Actividades
A1.3.1:Deseñar, elaborar e realizar 2 obradoiros de formación sobre habilidades democráticas para docentes da Rede Solidaria da Mocidade.
A1.3.2: Deseñar, planificar e celebrar 2 xuntanzas do profesorado da Rede Solidaria da Mocidade.
A1.3.3. Facilitar aos docentes da Rede Solidaria da Mocidade recursos didácticos e ferramentas educativas sobre educación e dereitos humanos.
A1.3.4. Asesorar e acompañar ao profesorado a os grupos e apoiar a implicación e recoñecemento das comunidades educativas no programa da Rede Solidaria da Mocidade.
Directa: Un total 265 persoas, das cales 11 son mulleres, 4 homes, 60 nenos e 190 nenas.
Indirecta: Un total de 2.500 persoas, das cales 1.675 son mulleres e 825 homes.
30.000 €; 12.000 € (2014) e 18.000 € (2015)