Comunidades Educativas transformadoras desde a ética do coidado por unha cidadanía local e global
O proxecto xurde de procesos de intervención anteriores de InteRed Galicia, e pretende acompañar a incorporación da ética do coidado, a equidade de xénero e o enfoque afectivo-emocional a centros educativos de educación formal, así como a espazos educativos de educación non formal. Grazas á publicación en 2016 do manual “Percorre o teu Labirinto” podemos incorporar esta perspectiva afectivo-emocional aos procesos educativos a desenvolver, abordando un traballo desde unha perspectiva persoal (autoconcepto, autoestima...) para chegar a unha dimensión social e global (ética do coidado, sustentabilidade da vida e da natureza).
Obxectivo xeral: Promover unha cidadanía global comprometida cun modelo de desenvolvemento baseado na sustentabilidade da vida humana e da natureza.
Obxectivo específico: Promover, no ámbito da educación formal e non formal en dúas provincias galegas, comunidades educativas capaces de xerar suxeitos transformadores desde a ética dos coidados por unha cidadanía local e global
Resultado 1.1: Comunidades educativas transformadoras desde a educación formal
A1.1.1: Avaliación inicial e identificación de necesidades das equipas docentes, ANPAS e voluntariado
A1.1.2: 1 Formación online sobre ética do coidado, de 50 h. de duración (distribuídas en 8 semanas), dirixida aos equipos docentes dos centros educativos (50 docentes) e inserida na aula virtual do Centro Autonómico de Formación e Innovación da Consellería de Educación.
A1.1.3: 2 formacións presenciais aos claustros docentes de 4 centros educativos (3 h. De duración por sesión) en torno á equidade de xénero, perspectiva afectivo-emocional e ética do coidado orientada á acción persoal para a transformación social.
A1.1.4: 10 sesións formativas co estudantado de dous niveis educativos de 2 centros educativos.
A1.1.5: Formación e acompañamento de 4 asociacións de nais e pais de alumnado (6 sesións de 3 h. De duración por cada ANPA) sobre perspectiva afectivo-emocional, ética do coidado, equidade de xénero, sustentabilidade ambiental.
A1.1.6: Publicación e distribución de guía metodolóxica sobre equidade de xénero e autoestima dirixida a educadoras/es que traballen con infancia e xuventude.
A1.1.7: Deseño de estratexia de seguimento e avaliación de 4 centros educativos.
Resultado 1.2: Comunidades educativas transformadoras desde a educación non forma
A1.2.1: Identificación de necesidades dos programas (das educadoras/es, voluntariado e persoas participantes) involucrados no proxecto e establecemento dun plan operativo
A1.2.2: 1 formación online en coordinación coa Universidade de A Coruña (e acreditada pola UDC) dirixida a educadoras/es e voluntariado dos programas de educación non formal (abordando ética do coidado, xénero e coeducación, corresponsabilidade, sustentabilidade ambiental e cidadanía global) de 50 h. De duración distribuídas ao longo de 8 semanas (para 50 participantes).
A1.2.3: 4 formacións presenciais (de 8 horas de duración) para educadoras/es e voluntariado dos programas de educación non formal para abordar a ética do coidado, a equidade de xénero e a sustentabilidade ambiental, perspectiva afectivo-emocional mediante metodoloxías innovadoras.
A1.2.4: 1 Formación-acción para a elaboración de microcurtametraxes para a comunicación transformadora, dirixida a educadoras/es e voluntariado
A1.2.5: 2 accións de participación e mobilización en torno á ética do coidado e a perspectiva afectivo-emocional.
A1.2.6: Deseño dun sistema de seguimento e avaliación dos procesos educativos a desenvolver no ámbito non formal.
Directa: Unhas 653 persoas, das cales 237 son persoas adultas (156 mulleres e 81 homes), e 416 nenas/os (216 nenas e 200 nenos).
A poboación destinataria divídese en dúas liñas de traballo:
R1. Comunidades Educativas Transformadoras en Educación Formal:
· Coas ANPAS de 4 centros educativos, traballando con polo menos 51 nais e pais (19 pais e 32 nais).
· Con 21 profesores e 54 profesoras (75 profesoras/es en total)
· Un total de 127 rapaces e 131 rapazas (258 nenas/os) de últimos anos de primaria (6º primaria) e primeiros anos de secundaria (1º e 2º da ESO).
R2. Comunidades Educativas Transformadoras en Educación non Formal
· Un total de 111 educadoras/es e voluntariado (70 mulleres e 41 homes), así como de 158 rapazas/es (73 rapaces e 85 rapazas).
Indirecta: Unhas 5.220 persoas, das cales 1.861 son persoas adultas (964 mulleres e 897 homes), e 3.359 nenas/os (1.650 nenas e 1.709 nenos). Divididos entre nais e pais e profesorado das nenas/os que participan directamente; nenas/os e persoas adultas receptoras do traballo formativo das súas educadoras/es ou profesionais de referencia.
34.813,00 €; 13.925,20 € (2017) e 20.887,80 € (2018)