Proxectos

Comunidades rurais e “bateyanas” impulsando a desnaturalización e prevención do matrimonio infantil e unións temperás, dende o enfoque de interseccionalidade, en 3 municipios das provincias de Santo Domingo e San Cristóbal. República Dominicana

Este proxecto busca promover o cumprimento do dereito a unha vida libre de violencia para as nenas e mulleres mediante a prevención dos matrimonios infantís e as unións temperás en aliñación co ODS 5 (Igualdade de Xénero). Trátase dunha intervención que supón a primeira fase dunha estratexia máis ampla a medio prazo, a executar en 3 fases: a “Estratexia comunitaria de prevención dos MIUT”, especialmente en 3 bateyes da provincia de Santo Domingo e 3 comunidades rurais da provincia de San Cristóbal.

O proxecto parte da necesidade de incidir sobre a alta prevalencia de MIUT existentes no país. A iniciativa defínese desde os antecedentes de traballo de MUDHA e CONAMUCA na prevención dos MIUT. De maneira intencional ambas organizacións unifican agora esforzos para poder fortalecer mutuamente as súas estratexias mediante as distintas capacidades e experiencias e conseguindo así xerar un maior impacto.

Ano: 
2021
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
REPÚBLICA DOMINICANA
Zona de actuación: 
San Cristóbal (Provincia)
Santo Domingo (provincia)
Axentes: 
INTERED GALICIA
Contraparte: 

Confederación Nacional de Mujeres del Campo (CONAMUCA)

Código CRS: 
1516000 - Dereitos humanos
15170 - Organizacións e institucións da igualdade das mulleres
Obxectivos: 

Xeral: Promover o cumprimento do dereito a unha vida libre de violencia para as nenas e mulleres novas nas provincias de Santo Domingo e San Cristóbal, República Dominicana, en coherencia coa meta 5.3 dos ODS, e os impactos específicos da Covid-19.

Específico: Mellorada a capacidade de comunidades rurais e bateyanas, para impulsar a desnaturalización e prevención do matrimonio infantil e unións temperás en aliñación coa Lei 1-21, dende o enfoque de xénero e interseccionalidade, en 3 municipios das provincias de Santo Domingo e San Cristóbal.

Resultados e actividades: 

RE 1.1.  Mulleres lideresas de 6 comunidades como titulares de responsabilidades, melloran as súas capacidades para impulsar estratexias comunitarias de desnaturalización e prevención dos matrimonios infantís e unións temperás, que fortalecen os sistemas e mecanismos vinculados á Lei 1-21.

  • A.1.1.1. Xornadas de presentación e planificación do proxecto con organizacións comunitarias de base das 6 comunidades, organizacións da sociedade civil e autoridades públicas.
  • A.1.1.2. Elaboración de 1 guía comunitaria (metodolóxica e pedagóxica) para o impulso da "estratexia comunitaria de prevención dos MIUT", o manexo de "clubs de nenas" e a capacitación comunitaria e de familias.
  • A.1.1.3. Proceso formativo para mulleres lideresas das 6 comunidades e técnicos/as de MUDHA e CONAMUCA sobre técnicas pedagóxicas e ferramentas para impulsar a "estratexia comunitaria de prevención MIUT" ("clubes de nenas" e capacitación comunitaria e de familias).

RE 1.2. Nenas e mulleres adolescentes como titulares de dereito de 6 comunidades, con capacidades fortalecidas para promover e emprender proxectos de vida alternativos aos matrimonios infantís e unións temperás, e ao abandono escolar.

  • A.1.2.1. Reunións coas lideresas comunitarias para planificación anual, seguimento e avaliación dos "clubs de nenas", e o traballo comunitario e familiar.
  • A.1.2.2. Conformar e fortalecer os clubes de "clubes de nenas” para a prevención dos MIUT e o abandono escolar en cada unha das 6 comunidades.
  • A.1.2.3. Sesións dos "clubes de nenas" para a prevención dos MIUT e o abandono escolar en cada unha das 6 comunidades.
  • A.1.2.4. Xornadas de sensibilización social comunitaria para a prevención dos MIUT en cada unha das 6 comunidades.
  • A.1.2.5. Talleres de capacitación con familias das participantes nos "clubes de nenas" para a prevención dos MIUT e o abandono escolar.

RE 1.3. Representantes de 6 comunidades como titulares de responsabilidade, e autoridades públicas locais como titulares de obrigación, contan con mecanismos de protección vinculados á Lei 1-21 desde o enfoque de xénero e interseccionalidade.

  • A.1.3.1. Formación de grupos comunitarios de representantes de OCB, entidades públicas e mocidade activista.
  • A.1.3.2. Elaboración de estudo participativo de análise sobre causas e consecuencias da prevalencia dos MIUT e a súa vinculación co abandono escolar nas comunidades de intervención desde un enfoque de xénero e interseccionalidade. 
  • A.1.3.3. Sesións con autoridades públicas locais e organizacións da sociedade civil vinculantes co “Gabinete das Mulleres, Adolescentes e Nenas”, para fortalecer os sistemas vinculados á Lei 1-21 de prevención dos MIUT.
  • A.1.3.4. Sesións con autoridades públicas escolares e persoal das escolas para fortalecer os sistemas vinculados á Lei 1-21 de prevención dos MIUT.
Poboación beneficiaria: 

Directa: 1.003 (692 mulleres; 176 homes; 135 nenas).

Indirecta: 612 (239 mulleres; 103 homes; 81 nenos; 189 nenas).

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 174.999,35 € (2021: 69.999,74 €; 2022: 104.999,61 €).