Proxectos
-
MELLORA DA CALIDADE DA ATENCIÓN OBSTRÉTICA PRESTADA POLAS COMADRONAS TRADICIONAIS E PROFESIONAIS DE ENFERMERÍA DO DEPARTAMENTO DE SAN MARCOS (GUATEMALA)
Diminución da morbi-mortalidade materna e perinatal na República de Guatemala
-
MELLORA DAS CONDICIÓNS SOCIO SANITARIAS EN DOUS CANTÓNS E CINCO COMUNIDADES DO MUNICIPIO DE CHALCHUAPA (DPTO. DE SANTA ANA), NA REXIÓN OCCIDENTAL DO SALVADOR
O proxecto pretende contribuír á mellora das condicións de vida da poboación do municipio de Chalchuapa no Departamento de Santa Ana na Rexión Occidental do Salvador, atendendo á ampliación dos servizos básicos de saúde e de abastecemento de auga potable, que supoñan melloras na situación socio sanitaria da poboación beneficiaria.
-
PROXECTO DE FORMACIÓN E EDUCACIÓN PEDIÁTRICA NA WILAYA SMARA
Convenio financiado pola Axencia Humanitaria de Galicia
-
MELLORA DA CAPACIDADE PRODUTIVA DOS TALLERES DE MOZOS/AS AUTOXESTIONADOS/AS DA ASOCIACIÓN TALLERES DE NAZARET
Contribuír a creación de emprego de mozas e mozos e mulleres de Urcos, Quispicanchi, Cuzco.
-
REALIZACIÓN DE CURSOS DE FORMACIÓN SOBRE COOPERACIÓN AO DESENVOLVENTO EN CUBA
Formar ao estudiantado, profesorado e persoal investigador na planificación, xestión e avalación de proxectos de desenvolvemento nas materias de educación, ciencia e cultura; coñecer os principais organismos internacionais da cooperación nestas materias e saber utilizar os mecanismos concretos de cofinanciación de proxectos; e proporcionar unha visión xeral do contexto no que se sitúan as accións de cooperación ao desenvolvemento nos ámbitos de xestión de proxectos, calidade e medio ambiente e sobre cuestións de xénero.
-
MELLORAR A CALIDADE EDUCATIVA DAS COMUNIDADES RURAIS DOS DEPARTAMENTOS DE SAN SALVADOR E LA LIBERTAD
Mellorar a calidade educativa das comunidades rurais dos departamentos de San Salvador e La Libertad
-
ESTUDIO DE VIABILIDADE PARA A CONSTRUCIÓN DUNHA PLANTA DE RESIDUOS DE CONSTRUCIÓN E DEMOLICIÓN NA ÁREA METROPOLITANA DE SAN SALVADOR. O SALVADOR
Xestión ambiental mellorada para o tratamento dos residuos de construción e demolición incorporando novos produtos que sexan compatibles cos escaos recursos naturais existentes e que fortalezan o sector da construción en O Salvador
-
PARTICIPACIÓN COMUNITARIA PARA A MELLORA DE INFRAESTRUTURAS E PROTECCIÓN DO MEDIOAMBIENTE NA COMUNIDADE ANTONIO MACEO DE SANTIAGO DE CUBA
Contribuir á mellora dos índices de desenvolvemento humano local na comunidade Antonio Maceo da cidade de Santiago de Cuba
-
APOIO Á FORMACIÓN DE PERSOAS EXPERTAS LATINOAMERICANAS EN COOPERACIÓN INTERNACIONAL
Formación de persoas, futuras administradoras públicas, que adquiran unha capacidade dirixente especializada na cooperación internacional, con vista ao seu desenvolvemento no sector público. Formación de futuros recursos humanos para as actividades de xestión nas ONG´s dedicadas á Cooperación Internacional. Especialización na elaboración, xestión e seguimentos de proxectos de cooperación para o desenvolvemento por áreas xeográficas
-
MELLORA DAS CONDICIÓNS DE HABILITABILIDADE A VIVENDAS NO CENTRO HISTÓRICO DE SANTIAGO DE CUBA
Mellora das condicións básicas de habilitabilidade da cidadanía mediante a rehabilitación de 78 vivendas no centro histórico de Santiago de Cuba
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 117
- 118
- 119
- 120
- 121
- 122
- 123
- 124
- 125
- …
- seguinte ›
- última »