Proxectos
-
FORMACIÓN TÉCNICA E OCUPACIONAL DE MOZOS DE ESCASOS RECURSOS NOS DEPARTAMENTOS DE CHINANDEGA E MANAGUA (NICARAGUA)
OBXECTIVOS:- Mellorar a oferta e calidade educativa en Somotillo, Ciudad Sandino e Bello Amanecer coa introdución da formación ocupacional, técnica e tecnolóxica para facilitar a posterior inserción laboral dos alumnos.
- Ampliar a cobertura educativa coa construción, acondicionamento e equipamento de espazos educativos nos catro colexios de Fe y Alegría en Somotillo, Ciudad Sandino e Bello Amanecer, para o acceso das nenas e nenos a unha edcucación integral. -
PRIMEIRA FASE DA CONSTRUCIÓN DA CASA DOS OFICIOS "A CORUÑA" EN YOFF - THONGOR (SENEGAL)
OBXECTIVO:Fixación das poboacións xuvenís nos seus lugares de orixen por medio da formación – inserción sociolaboral. Dar resposta ás demandas de formación plantexadas polas cooperativas e empresas locais
ACCIÓNS: - Construción da Casa dos Oficios que contará con catro aulas taller, unha bibilioteca estudio, un aula informática, un dispensario e unha sala de profesorado
- Dotación de mobiliario, máquinas e ferramentas
-
APOIO A FORMACIÓN DE ESPECIALISTAS AFRICANOS/AS E LATINOAMERICANOS/AS EN ECONOMÍA PESQUEIRA
OBXECTIVO: Apoiar a ampliación da formación en materia pesqueira de titulados universitarios e profesionais africanos e latinoamericanos tendo como principal obxectivo a súa incorporación no ámbito académico ou profesional nos seus países de orixe.
-
DESENVOLVEMENTO DAS POTENCIALIDADES DE MENORES E ADOLESCENTES EN SITUACIÓN DE EXCLUSIÓN EN CUENCA (ECUADOR)
OBXECTIVOS: Contribuir a unha educación de calidade para nenas e nenos fillos de familias en realidade de exclusión e dispoñer dun equipo interdisciplinar permamente de educadores e animadores socio-culturais. Deste xeito preténdese contribuir a crear un referente familiar de seguridade, contribuindo no desenvolvemento de potencialidades dos nenos e adolescentes en situación de risco.
-
MISIÓN DE IDENTIFICACIÓN PARA O FAVORECEMENTO E DESENVOLVEMENTO DA PESCA ARTESANAL EN MOZAMBIQUE
OBXECTIVOS: Favorecer o desenvolvemento da pesca artesanal en Mozambique, a partir do fortalecemento do Instituto Nacional de Investigación Pesqueira (IIP) e do traballo coas comunidades de pescadores do Lago Niassa. Realizarase unha misión de identificación para definir unha estratexia de cooperación ao desenvolvemento en materia de pesca artesanal coherente cos obxectivos e prioridades da Cooperación Galega, da Axencia Española de Cooperación Internacional, das políticas nacionais mozambicanas e das axencias ou entidades que actúan na zona de intervención.
-
FORTALECEMENTO DAS CAPACIDADES CLÍNICAS DO HOSPITAL CARMELO DE CHOKWE (MOZAMBIQUE)
OBXECTIVOS: Reforzar as capacidades clínicas del hospital Carmelo de Chokwé (Mozambique) para contribuir ao fortalecemento dos servicios que o hospital Carmelo presta en materia de atención clínica e atención socio-familiar dos enfermos de SIDA. O proxecto contribúe a que a poboación de dito distrito reciba unha atención clínica e socio- familiar de calidade.
-
REALIZACIÓN DO PROGRAMA DE ESTADÍAS NO EXTERIOR DE ALUMNOS DO CURSO DE POSGRAO Máster en Xestión da Cooperación Internacional e das ONGD
OBXECTIVO: Realización do programa de estadías no exterior (Perú, Ecuador, Bolivia) dos alumnos do curso de posgrao “Máster en xestión da cooperación internacional e das ONGD"
Por medio deste convenio financiaranse as actividades encamiñadas a cubrir os gastos de viaxe ao país de destino, manutención, aloxamento, seguro de accidentes e desprazamentos no terreo.
Ver nota
-
ACTIVIDADES E PROGRAMAS DE FORMACIÓN, SENSIBILIZACIÓN E VOLUNTARIADO EN MATERIA DE COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO
OBXECTIVOS: Difusión nos ámbitos educativos do coñecemento da realidade dos países subdesenvolvidos e da cooperación para o desenvolvemento.
Fomentar a investigación sobre as causas do desenvolvemento a fin de fortalecer e abrir novas vías de cooperaciónACCIÓNS: - Campaña de información sobre as accións do Programa de Voluntariado Universitario de Nacións Unidas (NVA).
-
PROGRAMA DE ACTIVIDADES PARA A PROMOCIÓN DAS RELACIÓNS DE COOPERACIÓN ENTRE GALICIA E AMÉRICA LATINA
OBXECTIVO: Impulsar o coñecemento económico, social e cultural de Galicia en América Latina, promovendo un achegamento académico e empresarial, ofrecendo un ambiente de liberdade intelectual e de pluralismo de ideas.
-
CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN E EDUCACIÓN EN VALORES: POLO DEREITO DE TODAS AS PERSOAS A UNHA VIDA DIGNA
Beneficiarios
Poboación en xeral. Base social de Intermon Oxfam. 2000 Centros escolares de primaria e secundaria. 100 Persoas voluntarias
Obxectivos
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 121
- 122
- 123
- 124
- 125
- 126
- 127
- 128
- 129
- …
- seguinte ›
- última »