Construíndo cidadanía global para a transformación social a través da Aprendizaxe-Servizo (ApS)
A presente proposta emana das necesidades, colaboracións e sinerxías establecidas ao longo dos procesos anteriores (2017-2018-2019), introducindo actualmente un proxecto de ECG presentado en agrupación de entidades entre Farmamundi e a USC a través do Servizo de Participación e Integración Universitaria (SEPIU), co obxecto de fortalecer as capacidades da comunidade universitaria galega en materia de Aprendizaxe-Servizo e promover procesos de transformación social que contribúan á construción dunha cidadanía global máis comprometida coa defensa dos dereitos humanos, a través da ApS. Esta proposta educativa, considerada unha innovadora técnica educativa que fusiona ensinanza, aprendizaxe e compromiso social, “Aprender facendo un servizo á comunidade”, será o elemento central da proposta presentada.
Así mesmo, estes son os bloques de problemáticas aos que se enfoca a proposta:
- Desde unha mirada global, os grandes desafíos da humanidade, participando e chamando á implicación nos ODS e na defensa e promoción dos dereitos humanos (con énfase na saúde e a equidade de xénero no marco dun desenvolvemento humano sostible).
- A debilidade das sinerxías entre axentes que camiñan na mesma dirección.
- O necesario avance na construción de cidadanía que pensa globalmente e actúa localmente, complementando o currículo académico universitario e vinculándoo a accións contextualizadas no entorno próximo.
Obxectivo xeral: Contribuír á construción dunha cidadanía global en Galicia, consciente e comprometida co desenvolvemento humano no marco dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).
Obxectivo específico: Fortalecer as capacidades da comunidade universitaria en Galicia para promover procesos de transformación social que contribúan á construción dunha cidadanía global con equidade de xénero a través da proposta educativa da Aprendizaxe-Servizo.
RE 1.1: O profesorado e o alumnado da USC desenvolven competencias de cidadanía global con enfoque de xénero e saúde global a través do acceso á proposta educativa da Aprendizaxe-Servizo (ApS).
A Transversal 1.: Elaboración dun estudo de liña de base para coñecer a situación actual do proceso de implementación da Aprendizaxe-Servizo na USC.
A 1.1.1.: Deseño e impartición de 2 formacións en Aps para docentes dentro do Plan de Formación e Innovación da USC.
A 1.1.2.: Deseño e impartición de seis obradoiros de Aprendizaxe-Servizo para estudantes da USC.
A 1.1.3.: Motivar e asesorar ao profesorado na identificación e deseño de proxectos de Aprendizaxe-Servizo a súa presentación á convocatoria de proxectos de innovación educativa da USC.
A 1.1.4.: Elaboración e implementación dunha biblioteca virtual de contidos sobre ApS.
RE 1.2: Procesos de mobilización social con enfoque de xénero impulsados entre a comunidade universitaria e as entidades sociais para a combinación de procesos de aprendizaxe universitaria e de servizos á comunidade.
A 1.2.1.: Dinamizar unha rede de entidades colaboradas de proxectos de Aprendizaxe-Servizo.
A 1.2.2.: Incorporación de Farmamundi como entidade colaboradora na implementación de proxectos de ApS na universidade.
A 1.2.3.: Deseño e impartición dun Workshop Aprendizaxe-Servizo con docentes e entidades sociais.
A 1.2.4.: Promover experiencias de participación en proxectos de Aprendizaxe-Servizo na comunidade educativa da USC.
RE 1.3: Sensibilizada a cidadanía en Galicia a través dunha estratexia comunicativa que socializa as competencias adquiridas e sistematizadas no exercicio de cidadanía activa na comunidade universitaria.
A Transversal 2: Avaliación participativa do proxecto social na USC.
A 1.3.1.: Deseño e implementación do Plan de Comunicación do proxecto.
A 1.3.2.: Xeración participativa de materiais audiovisuais que contribúan a sistematización e difusión do proxecto.
A 1.3.3.: Difusión de iniciativas que contribúen á transformación social na USC.
Directa: As persoas beneficiarias directas son un total de 920, entre as que se atopan 36 profesores e 59 profesoras (95 en total) de entre 28 e 65 anos da USC; 503 alumnos e 297 alumnas (800 en total) de entre 18 e 25 anos, estudantes universitarios da USC; e 25 entidades sociais, con ámbito de intervención en Galicia, que participan na implementación de servizos da contorna universitaria da USC.
Indirecta: As persoas beneficiarias indirectas serán 106 profesores e 179 profesoras (285 en total) de entre 28 e 65 anos da USC; 888 alumnos e 1.512 alumnas (2.400 en total) de entre 18 e 25 anos, estudantes universitarios da USC; e 122 homes e 128 mulleres, persoas usuarias de entidades sociais, que desenvolven e promoven accións de construción de cidadanía global en Galicia.
Axuda Xunta de Galicia: 33.828,76 € (2019:6.828,76 €; 2020:27.000 €)