CONSUMO SENTIDO
Beneficiarios
Centros educativos e cidadanía que non acoda as actividades pero que se informe a través dos medios de comunicación ou de persoas que participen nas actividades.
Obxectivos
- Sensibilizar á sociedade galega, expandindo os hábitos de consumo responsable entre a poboación de xeito que se acade unha normalidade en canto á hora de consumir produtos de comercio xusto.
- Preténdese impulsar nos centros de ensino os valores do consumo responsable e comercio xusto como xeitos de actuación contraposto ao sistema establecido, facendo fincapé nas medidas a tomar polos gobernos e as multinacionais para diminuír as inxustizas xeradaspor dito sistema.
- Incorporar aos galegos e galegas ás campañas de presión política sobre empresas para que incorporen códigos de conduta en responsabilidade social corporativa e sobre institucións para que incorporen medidas conducentes á compra pública ética
Accións
1. Programa de actividades de divulgación e sensibilización sobre comercio xusto e consumo responsable. Realización de actividades informativas e de divulgación. Creación de espazos de debate sobre os principais temas de educación para un consumo responsable.Difusión e divulgación dos principios de comercio xusto por medio de campañas específicas.
2.Semana Galega de comercio xusto. Charlas, conferencias e mesas redondas (Pontevedra, Vigo, Ourense, Ponteareas e Melide). Xuntanzas institucionais. Acto de rúa: performance (Pontevedra, Santiago e Vigo). Charlas de divulgación (Ponteareas, Melide, Pontevedra, Ourense, Santiago e Vigo). Exposición Compra ética (toda Galicia). Día Internacional do comercio xusto (stand informativo en Pontevedra, Santiago e Vigo)
3.Programa Bo Café. Sensibilización das administracións públicas (autonómica e locais) galegas. Introducir o café de comercio xusto nos circuitos galegos ordinarios de merca e venda de café.
14.960 euros