Proxectos

Contribución á soberanía alimentaria peruana a través da mellora dos mecanismos de control e vixilancia dos recursos e dos produtos hidrobiolóxicos e o fortalecemento de capacidades técnicas e de gobernanza das mulleres e dos homes fiscalizadores de SANIPES e das administracións locais de Sechura

A intervención contribuirá a fortalecer as capacidades técnicas e de gobernanza das mulleres e homes fiscalizadores da Autoridade Nacional de Sanidade e Inocuidade en Pesca e Acuicultura (SANIPES) e das administracións locais de Sechura en materia hixiénico-sanitaria, requisitos de rastrexabilidade e seguridade alimentaria e nutricional dos recursos e produtos hidrobiolóxicos, aliñándose coa normativa europea e adaptándose ás necesidades do país a través do reforzo do papel dos fiscalizadores para promover a mellora das actuacións no marco das súas competencias e a implementación dun permiso sanitario e protocolo de fiscalización no mercado local de recursos hidrobiolóxicos de Sechura.

Céntrase, por unha banda, no fortalecemento das capacidades técnicas do persoal de SANIPES, en materia de seguridade alimentaria e os requisitos establecidos na normativa UE nesta materia adaptándoas ás necesidades do país. Por outra, no reforzo das capacidades das administracións locais de Sechura mediante a implementación dun permiso sanitario para o mercado local de recursos hidrobiolóxicos de Sechura e o deseño dun protocolo de fiscalización.

Ano: 
2025
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior outros axentes
Rexión: 
América do Sur
País: 
PERÚ
Zona de actuación: 
Sechura (provincia)
Axentes: 
ANFACO-CECOPESCA - Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados y Mariscos
Contraparte: 

Autoridade Nacional de Sanidade e Inocuidade en Pesca e Acuicultura (SANIPES)

Código CRS: 
31320 - Desenvolvemento pesqueiro
31381 - Educación, formación pesqueira
Obxectivos: 

Xeral: Mellorar os mecanismos de control e vixilancia dos recursos e produtos hidrobiolóxicos a través do reforzo das canles de comercialización e o cumprimento das normas sanitarias dos produtos hidrobiolóxicos desde o local ao rexional, nacional e internacional.

Específico: Fortalecer as capacidades técnicas e de gobernanza das mulleres e homes fiscalizadores de SANIPES e das administracións locais de Sechura en materia hixiénico-sanitaria, requisitos de rastrexabilidade e seguridade alimentaria e nutricional dos produtos hidrobiolóxicos para contribuír á soberanía alimentaria.

Resultados e actividades: 

RE 1.1 Mulleres e homes fiscalizadores da Autoridade Nacional de Sanidade e Inocuidade en Pesca e Acuicultura (SANIPES) fortalecen as súas capacidades técnicas en materia de seguridade alimentaria considerando os requisitos establecidos na normativa UE nesta materia e adaptándoos ás necesidades do país.

            A.1.1.1 . Realización de un informe de necesidades formativas para SANIPES en materia de control de los productos hidrobiolóxicos a nivel nacional e internacional (UE)

A.1.1.2 . Deseño e implementación dun Programa Formativo de fortalecemento de capacidades técnicas de SANIPES.

A.1.1.3. Intercambio de experiencias en materia de control e fiscalización dos produtos hidrobiolóxicos en Galicia.

A.1.1.4. Deseño e implementación dunha plataforma on-line de recepción e difusión de información sobre control e fiscalización dos productos hidrobiolóxicos.

RE 1.2. Reforzadas as capacidades das administracións locais de Sechura en materia hixiénico-sanitaria, requisitos de trazabilidade e seguridade alimentaria e nutricional dos produtos hidrobiolóxicos

            A.1.2.1. Creación dun equipo técnico entre o persoal das autoridades locais e SANIPES e formación do mesmo sobre mecanismos de elaboración dun permiso sanitario e protocolo de cumprimento e verificación dos requisitos legais en materia de trazabilidade e seguridade alimentaria para                  o mercado local de recursos hidrobiolóxicos.

            A.1.2.2. Elaboración e posta en marcha dun permiso sanitario e protocolo de cumprimento e verificación dos requisitos legais en materia de trazabilidade e seguridade alimentaria para o mercado local de recursos hidrobiolóxicos en Sechura

Poboación beneficiaria: 

Directa: 466 (347 mulleres, 119 homes)

Indirecta: 7098 (3558 mulleres, 3540 homes)

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

185.000,00€ (subvención) € (64.750,00 € en 2025 e 120.250,00 € en 2026)