Cooperación Galega; O mundo que queremos
O presente proxecto constitúese como a II edición dunha iniciativa que conta con dúas características diferenciais que condicionarán cada unha das fases e elementos que o compoñen; dunha banda, o feito de formar parte do “Plan Proxecta” da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, doutra o feito de aspirar a ser un proxecto colectivo e participado polo maior número posible de entidades e colectivos galegos con experiencia no eido da EpD. Ambos feitos inciden directamente no obxecto, contidos e metodoloxía do mesmo.
É unha iniciativa dirixida a 8 centros de Educación Secundaria (800 alumno/as e 24 profesores/as), seleccionados entre aqueles que soliciten a presente proposta no marco do “Plan Proxecta”. Co profesorado e alumnado destinatario, afondarase nas desigualdade sociais existentes e as causas que as perpetúan con especial atención a realidade dos países empobrecidos nos que traballa a cooperación galega. Os ODM serán a temática condutora da proposta e a comunicación comunitaria a ferramenta metodolóxica e elemento vertebrador das accións a desenvolver.
Obxectivo xeral: Fomento da Educación para o Desenvolvemento, a solidariedade e a loita contra a pobreza nos centros educativos galegos.
Obxectivo específico: Fomento dun alumnado galego consciente da interconexión entre realidades locais e dinámicas globais e apoio no exercicio da súa corresponsabilidade na construción da xustiza social.
Resultados e actividades:
Resultado 1.1. Facilitados coñecementos e habilidades ó profesorado implicado para a incorporación da EpD no centro de ensino.
Actividades
A.1.1.1: Formación e acompañamento ós 8 centros educativos
Resultado 1.2. Creado un proxecto educomunicativo e de carácter artístico en torno ós ODM e protagonizado polo alumnado.
Actividades
A.1.2.1: Obradoiro de introdución a conceptos clave; ODM, cooperación internacional e comunicación comunitaria.
A.1.2.2: Obradoiros de fotografía e podcasting
A.1.2.3: Teatro- foro sobre xénero e migracións
A.1.2.4: Encontro con colectivos do sur
Resultado 1.3. Xerados espazos de encontro virtual e presencial entre os axentes participantes
Actividades
A.1.3.1: Deseño e implementación dun plan de comunicación
A.1.3.2: Encontro protagonizado polos 8 centros participantes e colectivo do sur
Resultado 1.4. Xestionados os coñecementos sobre a experiencia da intervención de cara á aprendizaxe colectiva
Actividades
A.1.4.1: Diagnose mixta
A.1.4.2: Avaliación mixta final
Poboación beneficiaria:
Directa: Un total de 800 alumno/as (8 centros) que se dividirían en 380 rapaces e 420 rapazas. Así mesmo, contémplase o traballo directo co profesorado, sendo un total de 24 destinatarios/as directos/as que se dividen en 14 mulleres e 10 homes.
Indirecta: Se consideran dous grupos de destinatarios indirectos; un vinculado ó alumnado entre membros da súa familia. Calcúlase pois un total de 1600 persoas ( a razón de dous por alumno/a) que dividimos a partes iguais entre os dous sexos. Un segundo grupo que virá da man do profesorado implicado no proxecto. Serán destinatarios indirectos neste grupo un total de 400 profesores/as (calculando a partir dun claustro de 50 persoas, referencia de localidades de 40.000 habitantes), dos cales 100 serán homes e 150 mulleres.
Axuda Xunta de Galicia: 50.000,00 € (2014: 20.000,00 €; 2015: 30.000,00 €)
Resultado 1.1: Facilitados coñecementos e habilidades ó profesorado implicado para a incorporación da EpD no centro de ensino.
Actividades
A.1.1.1: Formación e acompañamento ós 8 centros educativos
Resultado 1.2. Creado un proxecto educomunicativo e de carácter artístico en torno ós ODM e protagonizado polo alumnado.
Actividades
A.1.2.1: Obradoiro de introdución a conceptos clave; ODM, cooperación internacional e comunicación comunitaria.
A.1.2.2: Obradoiros de fotografía e podcasting
A.1.2.3: Teatro- foro sobre xénero e migracións
A.1.2.4: Encontro con colectivos do sur
Resultado 1.3. Xerados espazos de encontro virtual e presencial entre os axentes participantes
Actividades
A.1.3.1: Deseño e implementación dun plan de comunicación
A.1.3.2: Encontro protagonizado polos 8 centros participantes e colectivo do sur
Resultado 1.4. Xestionados os coñecementos sobre a experiencia da intervención de cara á aprendizaxe colectiva
Actividades
A.1.4.1: Diagnose mixta
A.1.4.2: Avaliación mixta final
Directa: Un total de 800 alumno/as (8 centros) que se dividirían en 380 rapaces e 420 rapazas. Así mesmo, contémplase o traballo directo co profesorado, sendo un total de 24 destinatarios/as directos/as que se dividen en 14 mulleres e 10 homes.
Indirecta: Se consideran dous grupos de destinatarios indirectos; un vinculado ó alumnado entre membros da súa familia. Calcúlase pois un total de 1600 persoas ( a razón de dous por alumno/a) que dividimos a partes iguais entre os dous sexos. Un segundo grupo que virá da man do profesorado implicado no proxecto. Serán destinatarios indirectos neste grupo un total de 400 profesores/as (calculando a partir dun claustro de 50 persoas, referencia de localidades de 40.000 habitantes), dos cales 100 serán homes e 150 mulleres.
50.000,00 € (2014: 20.000,00 €; 2015: 30.000,00 €)