Cooperación Galega: O mundo que queremos 2019-2020
O presente proxecto constitúese como a VII edición dunha iniciativa que conta con dúas características diferenciais que condicionan cada unha das fases e elementos que a compoñen; dunha banda, o feito de formar parte do Plan Proxecta da Consellería de Educación da Xunta de Galicia e doutra, o feito de aspirar a ser un proxecto colectivo e participado polo maior número posible de entidades e colectivos galegos con experiencia no eido da EDCG das que, no momento da presente formulación son 4 entidades. Ambos feitos inciden directamente no obxecto, contidos e metodoloxía do mesmo.
Nesta nova edición de Cooperación Galega; O mundo que queremos seguirase profundizando en dúas áreas importantes do proxecto: fortalecer ao grupo que se desenvolve a través dunha formación que permita crear marcos teóricos comúns entorno a EDCG, fortalecer as ferramentas de comunicación interna, protocolarizar actuacións propias do proxecto e promover unha dimensión externa do proxecto, non soamente as comunidades educativas dos centros participantes, se non de cara a cidadanía das vilas e cidades onde están eses centros así como tamén, a través da participación en foros educativos (congresos, xornadas, etc.) e organizando espazos de encontro cos actores e actrices que forman parte do proxecto abertos a cidadanía en xeral.
Obxectivo xeral:. Fomento dunha adolescencia galega consciente da interconexión entre realidades locais e dinámicas globais e apoio ao exercicio da súa corresponsabilidade na construción da xustiza social.
Obxectivo específico: Contribuír ao fomento dunha adolescencia galega consciente da interconexión entre realidades locais e dinámicas globais e apoio no exercicio da súa corresponsabilidade na construción da xustiza social.
RE 1: Deseñado, xestionado e executado o plan de coordinación e comunicación entre as ONGDs consorciadas, a Subdirección Xeral de Cooperación Exterior e a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional do Plan Proxecta 2019/2020.
A 1.1: Xestión e coordinación dos requirimentos da fase inicial e final (memorias) para a participación dentro do Plan Proxecta.
A 1.2: Xestión e coordinación interna das ONGD e entidades participantes.
RE 2: Facilitados os coñecementos e as ferramentas precisas ao profesorado implicado para a incorporación do discurso da EpD na súa aula, ao longo do curso 2019-2020.
A 2.1: Coordinación e acompañamento aos centros educativos.
A 2.2: Encontro inicial profesorado e organizacións.
A 2.3: Elaboración de materiais de acompañamento ao profesorado.
RE 3: Facilitados discursos e ferramentas ao alumnado participante para favorecer vías de denuncia sobre as súas realidades.
A 3.1:Obradoiros de introdución a conceptos crave, ODS, Cooperación internacional e comunicación comunitaria.
A 3.2: Obradoiros de radio e creación audiovisual.
A 3.3: Teatro foro sobre xénero e migracións.
A 3.4: Encontro con colectivos do Sur.
RE 4: Ampliada a capacidade de sensibilización do proxecto a través dunha estratexia de comunicación integral.
A 4.1: Elaboración dun Plan de comunicación propia para o proxecto
A 4.2: Mellora do deseño e utilidade da web do mundo que queremos.
A 4.3: Campaña de difusión nos medios de comunicación tradicionais.
A 4.4: Realización dun acto de incidencia en cada unha das vilas dos centros educativos participantes no proxecto.
A 4.5: Divulgación externa do proxecto como experiencia educativa significativa.
A 4.6: Campaña de promoción para dar a coñecer o proxecto nos centros educativos.
RE 5: Xestionados os coñecementos sobre experiencia da intervención de fronte á aprendizaxe colectiva.
A 5.1: Avaliación continua e comparativa de todo o proceso de execución do proxecto do mundo que queremos no curso 2019/2020.
A 5.2: Formación interna.
Directa: A poboación beneficiaria directa da presente proposta se concentra no ámbito da Educación Formal, e máis concretamente en Centros de Educación Secundaria, abarcando un total de 500 alumnos/as por centro e 14 docentes (8 mulleres e 6 homes). Segundo as porcentaxes de homes e mulleres habituais nas aulas galegas, se dividirían en 200 rapaces e 300 rapazas.
Indirecta: A poboación beneficiaria indirecta calcúlase que será un total de 3.730 persoas, tendo en conta os dous grupos diferenciados que a configuran (persoas achegadas ao alumnado directo e membros do claustro achegados aos docentes beneficiarios).
Axuda Xunta de Galicia: 70.000,00 € (2019: 17.269,87 €; 2020: 52.730,13 €)