Proxectos

CREO - INNOVALAC: Mulleres e xuventude creando innovación e oportunidades económicas na cadea láctea do Corredor Seco de Nicaragua

O proxecto céntrase nas pemes asociativas e individuais do sector lácteo, orientada a incidir nas causas estruturais do mesmo: o descoñecemento e a limitada implementación de boas prácticas de produción e normativas nacionais de calidade; o acceso restrinxido a innovación tecnolóxica; a falta de garantías de condicións homoxéneas, calidade e inocuidade alimentaria nos procesos de transformación de produtos lácteos ou a limitada ou nula oferta de provedores de servizos de tecnoloxía e investigación aplicada e innovadora.

Para iso a intervención promove o acceso a prácticas innovadoras nos procesos de produción, transformación, xestión empresarial e comercialización de pemes individuais e asociativas; contribuíndo así a mellorar os ingresos económicos de mulleres e novas, fortalecer as súas capacidades organizativas e produtivas, e impulsar estratexias de adaptación e mitigación fronte ao cambio climático.

Ano: 
2025
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
NICARAGUA
Zona de actuación: 
Madriz (departamento)
Axentes: 
AXUDA EN ACCIÓN (FUNDACIÓN)
Contraparte: 

Ayuda en Acción Nicaragua

Código CRS: 
31194 - Cooperativas agrícolas
Obxectivos: 

Xeral:  Contribuír ao exercicio efectivo de dereitos de mulleres e xuventude microempresaria do sector lácteo no Corredor Seco de Nicaragua, co impulso de prácticas de produción e transformación sostibles e inclusivas, que contribúan ao desenvolvemento económico, social e ambiental a nivel individual e nas súas contornas comunitarias.

Específico: Fortalecer a participación e o acceso a recursos de pemes e cooperativas lácteas lideradas por mulleres e mozas co acceso a coñecementos, recursos e oportunidades de innovación tecnolóxica, que favorezan implementar procesos produtivos, de transformación e comercialización cun enfoque de resiliencia económica e ambiental.

Resultados e actividades: 

RE 1.1 Melloradas as capacidades de pemes e cooperativas para implementar procesos de provisión, transformación e comercialización láctea con estándares de calidade, eficiencia e inocuidade, que lles posiciona nos mercados con produtos de calidade.

A.1.1.1 Acompañamento e implementación do Plan e Roteiro de Mellora de tecnoloxías e prácticas en transformación.

A.1.1.2 Transferencia técnica a pemes e cooperativas de provisión e transformación láctea.

A.1.1.3 Elaboración e implementación dun plan de acción conxunto entre pemes e cooperativas para a homologación de produtos lácteos e cumprimento de estándares de calidade.

A.1.1.4 Servizos legais e contables para formalización de pemes e cooperativas e gobernanza para xestión de contratos comerciais.

RE 1.2 Pemes e cooperativas de mulleres e mozas xeraron, validado e adoptado prácticas e tecnoloxías innovadoras ambientalmente sostibles e ferramentas dixitais que facilitan a súa inclusión e competitividade na cadea de valor láctea.

A.1.2.1  Diagnóstico participativo sobre boas prácticas innovadoras.

A.1.2.2 Días de campo e intercambios de experiencias para transferencia tecnolóxica.

A.1.2.3 Escalamento de innovación tecnolóxica para eficiencia enerxética e redución de pegada de carbono.

A.1.2.4 Facilitación a líderes e lideresas microempresariais para inserirse en plataformas e redes virtuais sectoriais de axentes de cambio empresarial.

A.1.2.5 Campaña sobre empoderamento económico e prevención de violencia baseada en xénero na cadea de lácteos.

RE 1.3 Fortalecidas as capacidades empresariais e comerciais das pemes e cooperativas para acceder a mercados de maior valor, mediante estratexias dixitais, alianzas estratéxicas e gobernanza compartida.

A.1.3.1 Asesoría técnica en desenvolvemento empresarial e márketing dixital para pemes.

A.1.3.2 Formación en liderado e gobernanza para xestión comercial conxunta.

A.1.3.3 Fortalecemento de alianzas comerciais baixo modelo ANCORA e rodas de negocios

Poboación beneficiaria: 

Directa:  262 (153 mulleres/nenas, 109 homes/nenos)

Indirecta: 624 (346 mulleres/nenas, 278 homes/nenos)

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

185.000,00 € ( 64.750,00 € en 2025 e 120.250,00 € en 2026)