Proxectos

De Ítaca a Ávalon. Da igualdade na educación á coeducación para a transformación e polo dereito a unha vida libre de violencias machistas. Fase II

Este proxecto pretende dar continuidade á fase I do mesmo, que se viu paralizada por mor da pandemia da Covid-19. É por isto que se traballa para crear unha ponte e rematar as actividades canceladas na fase anterior así como afondar máis alá no traballo coeducativo e de prevención das violencias machistas, centrándose en distintas necesidades que afectan directamente a esta problemática como son a afectividade, a sexualidade, o respecto ás diversidades e o bo trato pasando de xerar coñecementos na poboación a xerar cambios de actitudes e comportamentos, logrando que a poboación galega de o paso á acción para transformar, converténdose en protagonistas do cambio.

Ano: 
2021
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
INTERED GALICIA
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Xeral: Promover unha cidadanía galega crítica, responsábel e comprometida coa erradicación das desigualdades sociais e coa promoción de sociedades libres de violencias machistas dende a coeducación.

Específico: Promovido o compromiso e a capacidade de actuar crítica e activamente a favor da igualdade de xénero (ODS 5) en tempos de pandemia global dende a coeducación para a transformación social en espazos de ámbito escolar e non escolar para a prevención de violencias machistas.

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Consolidado o compromiso comunitario nos contextos próximos -familias, AFAS, redes asociativas- e cidadanía xeral para posicionarse polo bo trato no ámbito dos afectos e a sexualidade que contrarreste os efectos das violencias machistas agravadas pola pandemia.

            A.1.1.1. Participación de persoas do Sur para achegar a realidade de persoas diversas sexualmente que sofren vulneración de dereitos, derivados do sistema patriarcal co enfoque de cidadanía global, en espazos de intervención escolar e de incidencia.

            A.1.1.2. Creación dunha campaña de comunicación para a sensibilización da comunidade próxima dos centros escolares con axentes educativos (familias, entorno do centro...) de intervención a través das dúas figuras referentes desta fase de cara a promover a concienciación dunha cidadanía global crítica dende a análise das desigualdades de xénero.

            A.1.1.3. Recollida e maquetación da campaña de comunicación sobre as dúas figuras referentes desta etapa como material propio de InteRed para o traballo con profesorado e educadores e educadoras de espazos non escolares en desigualdades de xénero.

            A.1.1.4. Formación en metodoloxías innovadoras: Teatro dx oprimidx e Biodanza para o bo trato.

            A.1.1.5. Accións de participación cidadá a través de metodoloxías socio-afectivas que integren a expresión corporal para o bo trato dirixida a persoal vinculado á universidade de Santiago de Compostela.

            A.1.1.6. Deseño de estratexias de seguimento e avaliación do proceso.

RE 1.2. Profesorado e persoal educador -como titulares de dereitos e responsabilidades- con habilidades adquiridas para traballar a equidade de xénero e bo trato relacional con mirada de cidadanía global nun contexto de pandemia.

            A.1.2.1. Reunión de reflexión sobre as necesidades detectadas por equipas docentes e persoal educador para acompañar á mocidade con prácticas coeducativas que promocionen o bo trato dende a afectividade e sexualidade en tempos de pandemia global.

            A.1.2.2. Acompañamento no proceso educativo do profesorado implicado, na incorporación de accións coeducativas que fomenten o bo trato integrando formas de aprendizaxe socio-afectivas e vivenciais.

            A.1.2.3. Formación presencial, online ou combinada para profesorado, educadoras/es e voluntariado de programas e espazos de educación non escolar, que fomente relacións de corresponsabilidade no ámbito dos afectos e a sexualidade.

            A.1.2.4. Deseño de estratexias de seguimento e avaliación -interna e externa- do proceso.

            A.1.2.5. Avaliar e xestionar memorias e comunicacións derivadas da participación do proxecto a través do Plan Proxecta.

RE 1.3. Mocidade de entre 13 e 16 anos, de espazos escolares e non escolares -como titulares de dereitos- con capacidades integradas para actuar polo dereito a unha vida libre de violencias machistas, tranversalizando o enfoque de cidadanía global, dende a promoción de relacións afectivo-sexuais respectuosas.

            A.1.3.1. Enquisa inicial ao alumnado sobre percepcións dos efectos das violencias machistas na construción de relacións afectivas baseadas no bo trato, dende unha mirada de cidadanía global.

            A.1.3.2. Sesións formativas con metodoloxías innovadoras co alumnado de tres centros escolares sobre desigualdades de xénero facendo especial incidencia na capacitación dunha educación afectivo-sexual respectuosa e de calidade.

            A.1.3.3. Sesións formativas con metodoloxías innovadoras con mozos e mozas non vinculadas a espazos escolares sobre desigualdades de xénero facendo especial incidencia na capacitación dunha educación afectivo-sexual respectuosa e de calidade.

            A.1.3.4. Intercambio online de experiencias entre mozos e mozas galegas de espazos non escolares e mozos e mozas doutros contextos, neste caso, Guatemala, para coñecer e reflexionar como afecta na súa contorna a violencia machista á creación de relacións afectivo-sexuais sas.

            A.1.3.5. Deseño dun sistema de seguimento e avaliación -interna e externa- dos procesos educativos a desenvolver no ámbito escolar e non escolar.

Poboación beneficiaria: 

Directa: Un total de 303 persoas beneficiarias de maneira directa das cales 35 son homes, 88 mulleres, 73 nenos e 107 nenas.

Indirecta: Un total de 3.180 persoas beneficiarias de maneira indirecta das cales 382 son homes, 539 mulleres, 703 nenos e 1.556 nenas.

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 34.858,18 € (2021:13.943,27 € ; 2022:20.914,91 €)