Proxectos

De Ítaca a Ávalon. Da igualdade na educación á coeducación para a transformación e polo dereito á unha vida libre de violencias machistas. Fase III

Esta actuación correspóndese coa recta final do proxecto “De Ítaca a Ávalon: Da igualdade na educación á coeducación para a transformación social e polo dereito a unha vida libre de violencias machistas”. Adaptándose ás implicacións que a pandemia do Covid-19 produciu nos proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global por medio de novas metodoloxías comunicativas, esta proposta persegue promover unha cidadanía galega crítica, responsábel e comprometida coa erradicación das desigualdades sociais e coa promoción de sociedades libres de violencias machistas dende a coeducación. Para iso, artéllase arredor de 3 resultados esperados: a sensibilización sobre a necesidade de erradicación das violencias baseadas en xénero: capacitar ao profesorado e persoal educador no desenvolvemento de prácticas coeducativas, con énfase na mobilización xuvenil orientada a promover vidas libres de violencias machistas con mirada de cidadanía global; e dotar á mocidade de entre 13 e 16 anos, de espazos escolares e non escolares con capacidade crítica de análise da realidade dende o enfoque de xénero e cidadanía global e con habilidades para mobilizarse por unha vida libre de violencias machistas.

Ano: 
2022
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
INTERED GALICIA
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Xeral: Promover unha cidadanía galega crítica, responsable e comprometida coa erradicación das desigualdades sociais e coa promoción de sociedades libres de violencias machistas dende a coeducación.

Específico: Consolidado o compromiso e a capacidade de mobilizarse, crítica e activamente dende a coeducación para a transformación social en espazos de ámbito escolar e non escolar.

Resultados e actividades: 

RE 1.1 Sensibilizadas as persoas dos contextos próximos - familias, AFAS, redes asociativas- e cidadanía xeral sobre a necesidade de erradicación das violencias baseadas en xénero

            A.1.1.1 Participación de persoas do Sur para achegar a realidade da loita das irmás Mirabal na República Dominicana, como motivo da reivindicación do 25 de Novembro e a loita pola erradicación das violencias machistas, en espazos de intervención escolar e de incidencia

            A.1.1.2 Creación dunha campaña de comunicación para a sensibilización da comunidade próxima dos centros escolares con axentes educativos (familias, entorno do centro...) de intervención a través das dúas figuras referentes desta fase, así como do proxecto de cooperación da Xunta que InteRed desenvolve en República Dominicana, de cara a promover a concienciación dunha cidadanía global crítica dende a análise das desigualdades de xénero.

            A.1.1.3 Tradución ao galego de dous materiais propios de InteRed sobre ciberactivismos e mobilización social como material para o traballo con profesorado e educadores e educadoras de espazos non escolares en desigualdades de xénero e activismo xuvenil.

            A.1.1.4 Formación en metodoloxías innovadoras dirixido a toda a cidadanía e principalmente e persoal educador: "Fotografía, xénero e diversidade" e "acción directa non violenta para a promoción de vidas libres de violencias machistas"

            A.1.1.5 Accións de participación cidadá a partir do aprendido nas formacións innovadoras, vinculado á mocidade da Universidade de Santiago de Compostela e outros grupos xuvenís da cidade.

            A.1.1.6 Deseño de estratexias de seguimento e avaliación do proceso.

RE 1.2 Profesorado e persoal educador – como titulares de dereitos e responsabilidades – con capacidades adquiridas para desenvolver prácticas coeducativas, con énfase na mobilización xuvenil orientada a promover vidas libres de violencias machistas con mirada de cidadanía global.

            A.1.2.1 Reunión de reflexión sobre as necesidades detectadas por equipas docentes e persoal educador para acompañar á mocidade con prácticas coeducativas que promovan o bo trato así como dar a coñecer ao profesorado os obxectivos do proxecto e a súa implicación.

            A1.2.2  Acompañamento no proceso educativo do profesorado implicado, na incorporación de accións coeducativas que fomenten acción e participación xuvenil.

            A.1.2.3  Formación presencial, online ou combinada para profesorado, educadoras/es e voluntariado de programas e espazos de educación non escolar, que fomente a mobilización e acción polo dereito a unha vida libre de violencias machistas, que culmina coa entrega das guías de ciberactivismo e mobilización

            A.1.2.4 Deseño de estratexias de seguimento e avaliación –interna e externa- do proceso.

            A.1.2.5 Avaliar e xestionar memorias e comunicacións derivadas da participación do proxecto a través do Plan Proxecta.

RE 1.3 Mocidade de entre 13 e 16 anos, de espazos escolares e non escolares – como titulares de dereitos – con capacidade crítica de análise da realidade dende o enfoque de xénero e cidadanía global e con habilidades adquiridas para mobilizarse por unha vida libre de violencias machistas

            A.1.3.1  Enquisa inicial ao alumnado sobre a súa implicación na toma de acción contra as violencias machistas, dende unha mirada de cidadanía global.

            A1.3.2 Sesións formativas con metodoloxías innovadoras co alumnado de tres centros escolares sobre desigualdades de xénero facendo especial incidencia na toma de acción e participación para a transformación e o cambio social.

            A.1.3.3 Sesións formativas con metodoloxías innovadoras con mozos e mozas non vinculadas a espazos escolares sobre desigualdades de xénero facendo especial incidencia na toma de acción e participación para a transformación e o cambio social.

            A.1.3.4 Intercambio online de experiencias entre mozos e mozas galegas de espazos non escolares e mozos e mozas doutros contextos –neste caso, República Dominicana –, para coñecer e reflexionar sobre como actúan na súa contorna e que actividades de mobilización realizan para promover o cambio social por unha vida libre de violencias machistas

            A.1.3.5 Deseño dun sistema de seguimento e avaliación – interna e externa – dos procesos educativos a desenvolver no ámbito escolar e non escolar.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 303 persoas, das cales 35 son homes, 88 mulleres, 73 nenos e 107 nenas.

Indirecta: 3.180 persoas, das cales  382 son homes, 539 mulleres, 703 nenos e 1.556 nenas.

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 

35.000 € (14.000 € en 2022 e 21.000 € en 2023)