Proxectos

De Ítaca a Ávalon. Proxecto ponte entre a Fase I e II

O proxecto De Ítaca a Ávalon: Da igualdade na educación á coeducación para a transformación social e polo dereito a unha vida libre de violencias machistas era un proxecto pensado nun horizonte a tres anos, interrompido nas súas actividades por mor do confinamento por Covid-19, polo que neste caso se introduce un proxecto ponte de continuidade da Fase I iniciada na convocatoria de EpD 2019 para completar e adecuar as accións da primeira fase interrompidas pola Covid-19 á actual situación, que fai especial incidencia en desenvolver a corrente da coeducación nos diferentes espazos educativos nos que se está a traballar.

O obxectivo principal deste proxecto é promover unha cidadanía crítica, activa e responsábel, comprometida coa promoción de sociedades libres de violencias machistas a través da coeducación para a transformación social acorde á Axenda 2030 e aos Obxectivos do Desenvolvemento Sostíble (ODS).

Ano: 
2020
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
INTERED GALICIA
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Xeral: Promover unha cidadanía galega crítica, responsable e comprometida coa erradicación das desigualdades sociais e coa promoción de sociedades libres de violencias machistas dende a coeducación.

Específico: Favorecido o compromiso coa igualdade de xénero (ODS 5) en tempos de pandemia global dende a coeducación para a transformación social en espazos do ámbito escolar e non escolar.

Resultados e actividades: 

RE 1.1  Favorecida a sensibilización e mobilización comunitaria nos contextos próximos -familias, AFAS, redes asociativas- ante as desigualdades de xénero en tempos de pandemia global.

A.1.1.1 Participación de persoas do Sur para achegar a realidade dos seus contextos, en tempos de pandemia por Covid-19, co enfoque de cidadanía global, en espazos de intervención escolar e de incidencia.

A 1.1.2. Sesións de sensibilización coa comunidade próxima aos centros escolares con axentes educativos (familias, entorno do centro...) de intervención de cara a promover a concienciación dunha cidadanía global crítica dende a análise das desigualdades de xénero, en tempos de pandemia por Covid-19.

A 1.1.3. Formación en metodoloxías innovadoras: sesións de xogo de coidados co material propio de InteRed “Cuidar es otra historia”. Adecuación do material ao galego.             

A 1.1.4. Accións de participación e mobilización en torno á perspectiva afectivo-emocional a través do xogo cooperativo e da metodoloxía socio-afectiva (accións de rúa ou accións de participación en liña).

A 1.1.5. Tradución e impresión da proposta educativa "Toca igualdad. Unha contribución á prevención das violencias machistas a través da coeducación". Material propio de InteRed para o traballo con profesorado e educadores e educadoras de espazos non escolares en desigualdades de xénero.

A 1.1.6. Deseño de estratexias de seguimento e avaliación do proceso.

 

RE 1.2 Profesorado e persoal educador – como titulares de dereitos e responsabilidades- con capacidades fortalecidas en prácticas coeducativas con mirada de cidadanía global nun contexto de pandemia (dende a adaptación ás posibles modalidades de educación presencial, semipresencial ou virtual).

 A 1.2.1. Reunión de reflexión sobre as necesidades detectadas por equipas docentes e persoal educador para acompañar á mocidade con prácticas coeducativas con mirada de cidadanía global en tempos de pandemia global.

 A 1.2.2 Acompañamento no proceso educativo do profesorado implicado, na incorporación de accións coeducativas transversais nas súas materias ou titorías rachando coas estruturas clásicas de aprendizaxe.

 A 1.2.3. Formación presencial, online ou combinada na proposta educativa “Toca Igualdad” para profesorado, educadoras/es e voluntariado de programas e espazos de educación non escolar, facendo especial fincapé na diversidade afectivo-sexual para a prevención das violencias machistas e a análise diferencial dos efectos coa Covid na vida das mulleres.

 A 1.2.4. Asesoramento ao profesorado e persoal educador non escolar en técnicas para o acompañamento efectivo a distancia da mocidade coa que traballan dende prácticas coeducativas.

 A 1.2.5. Deseño de estratexias de seguimento e avaliación -interna e externa- do proceso.

 A 1.2.6. Avaliar e xestionar memorias e comunicacións derivadas da participación do proxecto a través do Plan Proxecta.

 

RE 1.3 Mocidade de entre 13 e 16 anos, de espazos escolares e non escolares – como titulares de dereitos –con capacidades fortalecidas e coñecementos para identificar as causas das violencias machistas tranversalizando o enfoque de cidadanía global, a pesar dos procesos non presenciais, e melloran a súa capacidade crítica ante as consecuencias para mulleres e nenas a nivel global da actual pandemia.

  A 1.3.1 Enquisa inicial ao alumnado sobre percepcións dos efectos da pandemia por COVID-19 na vida das persoas, especialmente das mulleres, dende unha mirada de cidadanía global, poñendo énfase na análise das desigualdades de xénero.

  A 1.3.2. Sesións formativas con metodoloxías innovadoras co alumnado de tres centros escolares sobre desigualdades de xénero facendo especial incidencia en abordaxe da diversidade afectivo-sexual para a prevención das violencias machistas, con mirada de   cidadanía global.

  A 1.3.3. Sesións formativas con metodoloxías innovadoras con mozos e mozas non vinculadas a  espazos escolares sobre desigualdades de xénero facendo especial incidencia na abordaxe da diversidade afectivo-sexual para a prevención das violencias machistas, con mirada de cidadanía global.

   A 1.3.4. Accións de intercambio e comunicación online entre mozos e mozas galegas de espazos non escolares e mozos e mozas doutros contextos, neste caso, Bolivia, para coñecer e reflexionar como afecta na súa contorna a actual pandemia global á situación de mulleres e nenas.

   A 1.3.5. Reflexión crítica con mocidade de centros educativos e espazos de educación non formal, sobre as consecuencias para mulleres e nenas a nivel local e global, da actual pandemia.

   A 1.3.6. Deseño dun sistema de seguimento e avaliación -interna e externa- dos procesos educativos a desenvolver no ámbito escolar e non escolar.

Poboación beneficiaria: 

Directa: A poboación beneficiaria directa é un total de 283 persoas (182 mulleres e 101 homes), entre profesorado, alumnado, ANPAS/AFAS, servizos sociais, redes asociativas de comunidades próximas, voluntariado de InteRed.

Indirecta: A poboación beneficiaria indirecta é un total de 2.366 persoas (1.448 mulleres e 918 homes).

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 24.144,83 €  (2020: 9.657,93 € ; 2021: 14.486,90 €)