Proxectos

Decolonizando os programas de achegamento á cooperación internacional. Avaliación participativa das estadías universitarias no Sur Global.

O proxecto DECO-UNI busca avaliar de forma crítica e participativa os programas universitarios galegos de estadías en cooperación internacional no Sur Global, cun enfoque decolonial que promova relacións horizontais, ecoloxía de saberes e beneficio mutuo. Preténdese analizar o impacto destas estadías no alumnado, profesorado e organizacións receptoras, identificar boas prácticas e debilidades estruturais, e desenvolver un modelo de avaliación participativa e unha guía de recomendacións para mellorar os programas. Utilízanse métodos cualitativos e cuantitativos, garantindo a participación de entidades do Sur Global e fomentando procesos educativos transformadores, coherentes cos ODS 4.7, 10 e 16, así como coa Estratexia RIS3 de Galicia. Os resultados fortalecerán a cooperación internacional universitaria, promovendo xustiza global, perspectivas decoloniais e recursos útiles para universidades, ONGD e institucións educativas.

Ano: 
2025
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria de investigación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL GALICIA
UNIVERSIDADE DA CORUÑA
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Xeral:
Avaliación participativa e crítica do impacto das estadías no Sur Global na formación do alumnado e profesorado do ámbito da educación, así como na capacidade de transformación e fortalecemento das organizacións socias do Sur Global, co fin de promover experiencias de achegamento á cooperación internacional desde unha perspectiva decolonial.

Específicos:

OE 1. Coñecer a oferta de bolsas de cooperación internacional do Sistema Universitario Galego (SUG) e do norte de Portugal: identificar e caracterizar o tipo de bolsas ou programas que financian estadías/experiencias de coñecemento da cooperación nas universidades da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

OE 2. Analizar o impacto das estadías PCR/PCC: identificar os efectos das experiencias de mobilidade internacional nos coñecementos, actitudes e prácticas do alumnado e profesorado da Facultade de Ciencias da Educación e Socioloxía en relación coa ECG e a cooperación ao desenvolvemento.

OE 3. Avaliar o valor engadido para as organizacións: comprender como as estadías PCR/PCC contribúen ao fortalecemento das capacidades, sustentabilidade e impacto das organizacións do Sur Global que acollen estudantes e profesorado.

OE 4. Identificar dinámicas de asistencialismo: analizar de forma crítica as posibles dinámicas de asistencialismo branco e “complexo do salvador” que poden xurdir durante as estadías, co fin de desenvolver estratexias para evitalas.

OE 5. Desenvolver un modelo de avaliación comprensiva: crear un modelo de avaliación participativa e descolonizado que permita medir o impacto das experiencias de mobilidade internacional de forma ética e respectuosa, incorporando as perspectivas das organizacións do Sur Global.

OE 6. Promover melloras no deseño das bolsas PCR/PCC: xerar recomendacións concretas e prácticas para mellorar o deseño e implementación das bolsas PCR/PCC, así como para promover unha ECG máis transformadora e descolonizada na Facultade de Ciencias da Educación e outras institucións do SUG.

OE 7. Avaliar o grao de transformación institucional derivado das estadías internacionais de cooperación: analizar aprendizaxes críticas, impacto organizacional e mellora das relacións Norte-Sur.

Resultados e actividades: 

A1. Revisión bibliográfica e estado da cuestión

A2. Análise de programas das 7 universidades (3 galegas + 4 portuguesas)

A3. Preparación de oferta de contratación e trámite da contratación

A4. Planificación e organización das Xornadas Participativas

A5. Identificar mostra para recollida de datos

A6. Preparar instrumentos de recollida de datos

A7. Consultoría con tres organizacións especializadas en internacionalidade decolonial

A8. Identificar participantes do Sur e de Portugal para as xornadas e organizar viaxes

A9. Entrevista con RGCUD (programas tipo PCR/PCC universidades galegas)

A10. Entrevistas con ONGD galegas

A11. Entrevistas con universidades portuguesas

A12. Cuestionario en liña de estudantes e profesorado que participaron en PCR/PCC

A13. Entrevistas cunha selección de estudantes e profesorado identificado na enquisa

A14. Entrevistas con organizacións do Sur Global

A15. Transcricións asociadas ás entrevistas

A16. Celebración de Xornadas de intercambio en Galicia

A17. Grupo focal de estudantes, profesorado, axentes universitarios e do Sur Global

A18. Estudo de caso dunha PCR durante o curso 2026-2027

A19. Elaboración de informe de impacto de PCR/PCC desde a perspectiva de estudantes, profesorado e organizacións do Sur Global

A20. Elaboración de modelo de avaliación

A21. Elaboración de guía de recomendacións (deseño e maquetación)

A22. Preparación de publicación(óns) académica(s)

Poboación beneficiaria: 

Directa: (mulleres/nenas, homes/nenos)

Indirecta: (mulleres/nenas, homes/nenos)

Avaliación: 
non prevista
Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 30.000,00 € (15.000,00 € en 2025 e 15.000,00 € en 2026)