Proxectos

Dereito ao Hábitat Rural para a promoción dun modelo de hábitat rural sostible baseado en dereitos humanos, igualdade de xénero, promoción da cultura de paz, cidadanía global e valoración da diversidade cultural en 15 comunidades educativas do ámbito rural galego

O proxecto desenvólvese en 15 comunidades educativas pertencentes a territorios nos que se identifican certas vulneracións do dereito ao hábitat: perda de servizos básicos, escaseza de oportunidades, despoboamento... Ten como obxectivo que esas comunidades educativas do rural galego adquiran os coñecementos e as actitudes para promover un modelo de hábitat rural sostible baseado nos dereitos humanos, a igualdade de xénero, a promoción dunha cultura de paz, a cidadanía global e o aprecio da diversidade cultural.

Por unha banda, no proxecto trabállase co profesorado para proporcionar recursos, materiais e ferramentas que lles permitan adaptar e contextualizar o currículo educativo ás condicións específicas do hábitat rural local. Por outra, ofrécese ao alumnado modelos alternativos de desenvolvemento humano rural que sexan viables e compatibles coa sostibilidade da vida baixo unha perspectiva ecofeminista e ecosocial.

Ano: 
2025
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
ARQUITECTOS SEN FRONTEIRAS
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír a que 15 comunidades rurais de Galicia gocen dun hábitat inclusivo, seguro, resiliente e sostible

Específico: A comunidade educativa de 15 centros da Galicia rural adquire as capacidades (coñecementos e actitudes) para promover un modelo de hábitat rural sostible baseado nos dereitos humanos, a igualdade de xénero, a promoción dunha cultura de paz, a cidadanía global e o aprecio da diversidade cultural.

Resultados e actividades: 

RE 1.1 O profesorado (titulares de responsabilidades) dos 15 centros educativos do ámbito rural galego adquire formación (coñecementos e actitudes) e dispón de ferramentas, materiais e recursos para adaptar o currículo educativo ás condicións específicas do hábitat rural local.

              A.1.1.1 Xornada de intercambio e reflexión de experiencias entre o profesorado de 15 centros adscritos ao proxecto

A.1.1.2. Revisión e actualización da Unidade Didáctica Dereito ao Hábitat

A.1.1.3. Formación ao profesorado dos centros educativos sobre Dereito ao Hábitat

A.1.1.4. Formación ao profesorado dos centros educativos sobre Cartografías Sociais

A.1.1.5. Formación ao profesorado dos centros educativos sobre Tecnoloxías Apropiadas

A.1.1.6. Xeración de recursos audiovisuais para o traballo sobre o dereito ao hábitat rural nas aulas

RE 1.2.  O alumnado (titulares de dereitos) de 15 centros educativos do ámbito rural galego coñece modelos de hábitat para o desenvolvemento humano alternativos, viables e compatibles coa sostibilidade da vida baixo un enfoque ecosocial.

A.1.2.1. Obradoiros co alumnado sobre Dereito ao Hábitat Rural

A.1.2.2. Obradoiros co alumnado nos centros sobre Sur Rural

A.1.2.3. Obradoiros co alumnado nos centros: Tecnoloxías Apropiadas

A.1.2.4. Obradoiros co alumnado nos centros: Modelos ecosociais para o hábitat rural galego

RE 1.3. Xestionado, monitoreado, sistematizado, avaliado e socializado axeitadamente baixo criterios de transparencia tanto o proxecto como o coñecemento xerado no mesmo.

A.1.3.1. Actividades de posta en marcha do proxecto

A.1.3.2. Fortalecemento do grupo ASF Rural

A.1.3.3. Reunións de coordinación e transparencia do proxecto

A.1.3.4. Elaboración da liña de base

A.1.3.5. Difusión e socialización do proxecto e do coñecemento xerado no mesmo

Poboación beneficiaria: 

Directa: 464 (149 mulleres/nenas, 252 homes/nenos)

Indirecta: 124.808 (64.264 mulleres/nenas, 60.544 homes/nenos)

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

37.000,00 € (14.800,00 € en 2025 e 22.200,00 € en 2026)