Proxectos

Desenvolvemento de mecanismos locais de prevención da violencia de xénero e a promoción de contornas seguras nas provincias de Dajabón e Monte Cristi (República Dominicana)

O proxecto pretende contribuír á loita contra a violencia de xénero que, como manifestación da discriminación, a desigualdade e as relacións de poder na sociedade, exércese especialmente contra as mulleres e os seus fillos e fillas menores por parte das súas parellas. Para iso desenvólvense mecanismos locais de resposta integral ante a violencia contra as mulleres e promociónanse contornas seguras nas provincias de Dajabón e Monte Cristi, na zona fronteiriza noroeste de República Dominicana con Haití.

Estes obxectivos enmárcanse nunha liña de traballo a longo prazo que forma parte da estratexia de desenvolvemento de República Dominicana e que implica a actores locais, rexionais e nacionais na loita contra a violencia baseada en xénero (VBX), na súa calidade de titulares de obrigacións, así como aos titulares de responsabilidades, conforme ao Enfoque Baseado en Dereitos Humanos (EBDH). As institucións dominicanas priorizan hoxe a aplicación dunhas políticas incipientes na loita contra a VBX. Unha media de 8 feminicidios cada mes durante 2018, nun país de apenas 10 millóns de habitantes, e unhas 6.012 denuncias esixen medidas integrais como a aprobación dunha lei integral de violencia de xénero, a creación dunha policía especializada e a educación en igualdade de xénero e dereitos desde a infancia conforme demanda a sociedade civil dominicana.

Para o logro do devandito obxectivo preténdense reforzar as competencias de operadores públicos vinculados á prevención e atención a mulleres vítimas de VBX, para a prevención da violencia contra a muller, a promoción da igualdade entre homes e mulleres, así como o exercicio da tolerancia e a liberdade nos principios de convivencia; trabállase en impulsar e fortalecer as redes municipais e comunitarias que promovan a posta en marcha de iniciativas de mobilización comunitaria e á creación de contornas seguras e libres de violencia para as mulleres; e trátase de visibilizar a problemática da violencia contra a muller e a través da difusión e promoción dos dereitos das mulleres entre poboación escolar, medios de comunicación e familias.

Ano: 
2019
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
REPÚBLICA DOMINICANA
Zona de actuación: 
Dajabón (provincia)
Monte Cristi (provincia)
Axentes: 
HUMANISMO E DEMOCRACIA (FUNDACIÓN)
Contraparte: 

Mujeres en Desarrollo Dominicana (MUDE) e Fundación Humanismo y Democracia República Dominicana

Código CRS: 
99810 - Sectores non especificados
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Promover os dereitos das mulleres e a igualdade de xénero nas provincias de  Dajabón e Monte Cristi de República Dominicana.

Obxectivo específico: Desenvolvemento de mecanismos locais de resposta integral ante a violencia contra as mulleres e promoción de contornas seguras nas provincias de Dajabón e Monte Cristi (República Dominicana).

Resultados e actividades: 

Actividades Transversais:

AT1: Realización de liña de base de indicadores do proxecto.

AT2: Deseño e impresión de materiais educativos para as capacitacións con enfoque diferencial para cada unha das poboacións coas que se intervén (alumnos, mestres, orientadores educativos, comunicadores, pais de alumnos, promotores, líderes comunitarios e familias).

AT3: Reunión de inicio do proxecto entre H+D, MUDE e institucións públicas e organizacións sociais para o establecemento do plan executivo de implementación do proxecto.

AT4: Comité de seguimento quincenal entre persoal de H+D en República Dominicana e o socio local MUDE para a planificación e organización das actividades, así como a medición de avance nos indicadores dos resultados e obxectivos.

AT5: Comité de seguimento mensual entre H+D, MUDE e institucións públicas e organizacións sociais para seguimento das actividades realizadas, avaliación dos logros alcanzados e correccións da implementación do proxecto.

AT6: Sistematización da experiencia.

RE 1.1: Operadores públicos (concello, institucións sectoriais, colexios e hospitais), vinculados á prevención e atención a mulleres vítimas da Violencia Baseada en Xénero (VBX), incrementan e reforzan as súas competencias para a prevención da  VBX, a promoción da igualdade entre homes e mulleres, así como o exercicio da tolerancia e a liberdade nos principios de convivencia.

A.1.1: Deseño e implementación dun programa socioeducativo orientado á transformación de coñecementos, actitudes e prácticas individuais, sociais e institucionais, que favorecen e lexitiman as violencias baseadas en xénero.

A.1.2: Realizar acordos con institucións públicas (concellos, procuradoría e servizos provinciais de ministerios) para a implementación dun programa de capacitación a funcionarias e funcionarios para a prevención de VBX.

A.1.3: Actualizar a funcionarias e funcionarios de concellos e oficinas provinciais do Estado no coñecemento da normatividade ao redor da violencia contra as mulleres, así como atribucións e responsabilidades institucionais na prevención, atención, sanción e erradicación da VBX.

A.1.4: Capacitar a persoal de saúde de hospitais e unidades de atención primaria das provincias nos protocolos de atención e detección temperá ante casos de VBX.

RE1.2: Impulso e fortalecemento de redes municipais e comunitarias que promovan a posta en marcha de iniciativas de mobilización comunitaria e á creación de contornas seguras e libres de violencia para as mulleres.

A.2.1: Conformación dunha rede de organizacións sociais comunitarias que impulsen a participación equitativa de homes e mulleres nos ámbitos de tomas de decisións a nivel local.

A.2.2: Formación de redes de promotores/axentes de cambio que promovan a adopción de valores, prácticas, actitudes e comportamentos equitativos entre mulleres e homes, para garantir o dereito á non discriminación das mulleres (sensibilización).

RE1.3: Visibilización da problemática da violencia contra a muller e difusión e promoción dos dereitos das mulleres entre os alumnos das escolas, medios de comunicación e as familias.

A.3.1: Deseño dunha Estratexia de Comunicación Educativa, dirixida a sensibilizar á poboación sobre a Violencia de Xénero (VBX).

A.3.2: Talleres a profesionais dos medios de comunicación sobre equidade de xénero e implementación do código ético para o tratamento de noticias sobre violencia de xénero nos medios de comunicación.

A.3.3: Talleres a alumnos de educación primaria e secundaria para a transformación de coñecementos, actitudes e prácticas individuais, sociais e institucionais, que favorecen e lexitiman as violencias baseadas en xénero.

A.3.4: Implementación dunha campaña de comunicación e sensibilización á poboación sobre prevención da violencia de xénero.

A.3.5: Celebración dun foro intersectorial sobre problemáticas de xénero e violencia contra a muller nas zonas fronteirizas de República Dominicana.

A.3.6: Visitas domiciliarias das redes de promotores/axentes do cambio ás familias para a prevención da VGX.

Poboación beneficiaria: 

Directa: Homes (4.293), Mulleres (4.167), Nenos (800), Nenas (800)

Indirecta: Homes (11.850), Mulleres (11.850), Nenos (2.700), Nenas (2.700)

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 175.000 € (2019: 70.000 €; 2020: 105.000 €)