Proxectos

DESENVOLVEMENTO INTEGRAL EN COMUNIDADES DA FRONTEIRA PERUANO – ECUATORIANA CON ENFOQUE NA XESTIÓN SOCIAL DA AUGA E A SOBERANÍA ALIMENTARIA

Esta intervención parte dunha proposta integral de desenvolvemento a longo prazo con unha proxección de 10 anos e busca mellorar a vida das familias coas que se veñen traballando na zona de fronteira. É complementaria ao Plan de Intervención Trienal 2008-2010 de Axuda en Acción Ecuador e Perú.

Na intervención considérase como prioridade a auga e arredor deste tema articularanse os eixos de: Produción, Educación, Gobernabilidade e Saúde. No eixo de Produción impulsaranse as colleitas de auga con rego tecnificado para un uso eficiente do recurso hídrico incrementando o número de colleitas ao ano, a diversificación agrícola e pecuaria permitirá mellorar a dieta alimentaria das familias e os estercos servirán como materia prima para a elaboración de aboamentos orgánicos; mediante a instalación de espazos alternativos de circulación e distribución de produtos agropecuarios articularase aos/ás produtores e consumidores dos distritos de Ayabaca, Sícchez e Suyo coa finalidade de que poidan acceder a mercados locais e rexionais colocando os seus produtos con calidade, oportunidade e volume; tendo en conta a problemática do cambio climático que vén afectando ao mundo enteiro implementarase un plan de mitigación ambiental, instalando un viveiro comunal con especies agroforestais, realizando xornadas de reforestación e conformando comités de xestión do medio en coordinación cos Gobernos Locais e Institucións Públicas.

Como impulso á produción agropecuaria, no Cantón Quilanga, no Ecuador, emprenderase a implementación de dous sistemas de rego que favorecerán directamente polo menos 65 familias da zona. Diversas accións acompañadas dun plan de fortalecemento das Xuntas de Auga e organizacións comunitarias, así como unha campaña de sensibilización ambiental de ámbito cantonal permitirá sentar as bases de para un manexo sostible e sustentable do proxecto por parte da poboación unha vez a intervención cese.

No eixo de Educación aplicarase a Proposta Metodolóxica para a Escola Rural e traballarase coa comunidade educativa e no eixo de Gobernabilidade farase énfase na promoción da participación cidadá e incidencia política en torno á xestión social da auga e a soberanía alimentaria.
No eixe de Saúde mellorarase as condicións de salubridade e saneamento das familias coa instalación de sistemas de auga, fortalecemento das Xuntas de Administración de Servizos e Saneamento, cociñas melloradas e latrinas sanitarias.
As alianzas estratéxicas e os procesos de concertación con Institucións públicas e privadas, serán parte importante para o logro dos obxectivos formulados e para a sustentabilidade do presente proxecto.

Período de execución: abril 2010 – decembro 2010

Ano: 
2010
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
América do Sur
País: 
PERÚ
ECUADOR
Zona de actuación: 
Piura (departamento)
Loja (provincia)
Ayacaba (provincia)
Quilanga (cantón)
Axentes: 
AXUDA EN ACCIÓN (FUNDACIÓN)
AMIGOS DE ESCAES-PERÚ
Contraparte: 

ONG Escuela Campesina de Educación y Salud Escaes e Fundación Ecológica Rikcharina

Código CRS: 
43040 - Desenvolvemento rural
Obxectivos: 

Fomentar o desenvolvemento territorial da rexión fronteiriza peruano - ecuatoriana, a través da implementación de proxectos que fortalezan a xestión social da auga e a soberanía alimentaria

Resultados e actividades: 

- Construción e melloramento dun sistema de auga para consumo humano en Sarayuyo - distrito de Suyo
- Instalación de 100 cocinas melloradas e 100 latrinas sanitarias
- Implementación dun plan de mitigación ambiental (vivero comunal, xornadas de reforestación e conformación de comités de xestión ambiental)
- Implementación dun plan de sensibilización e educación ambiental dirixido á poboación de comunidades fronteirizas ecuatorianas
- Recuperación e protección de 10 fontes hídricas do cantón Quilanga
- Deseño, implementación e melloramento de sistemas de rego para produción agroecolóxica
- Rehabilitación e construción de sistemas de rego
- Implementación de módulos de crianza de animais menores e de 2 parcelas integrais de produción agroecolóxica
- Acceso de produtores a espazos alternativos de circulación e distribución de produtos agropecuarios
- Aplicación da Proposta Metodolóxica para a Escola Rural en Institucións Educativas Secundarias e do Programa de educación básica alternativa co enfoque Reflect Acción en 12 comunidades
- Aplicación do programa de capacitación en participación cidadá e incidencia política con enfoque en xestión social da auga e soberanía alimentaria
- Celebración dun evento de reflexión e debate binacional para facer incidencia política en torno á problemática da muller

Poboación beneficiaria: 

Directa: 8.600 persoas: na parte de Perú, máis de 5.000 persoas agrupadas en polo menos 1.000 familias pertencentes á sub bacía Binacional do río Macará; na parte do Ecuador, polo menos 3.600 persoas de escasos recursos económicos e localizado na área rural do cantón Quilanga

Axudas: 

265655,07