Proxectos

Diversificación da actividade acuícola con boas prácticas sostibles de transformación primaria, para pescadores e as súas familias do litoral de Sechura. Perú

O presente proxecto aposta por contribuír á inclusión socio-económica dos pescadores mariscadores e as súas familias, en cinco caletas do litoral de Sechura a través da potenciación da actividade acuícola.

Desde o punto de vista de ANFACO, a acuicultura pode mellorar a sustentabilidade das áreas acuáticas, permitindo ás familias e comunidades en vías de desenvolvemento como Sechura que exerzan un eficiente manexo dos seus recursos naturais de forma sostible. Con todo, estes pequenos produtores aínda non alcanzaron un nivel competitivo que lles permita desenvolverse con prosperidade, debido á falta de programas que os motiven. Existe un conxunto de barreiras de entrada impostas, naturalmente, polo mercado como son a innovación tecnolóxica, a revolución informática e outros factores externos non controlables que aturden aos pescadores ao ter que enfrontalas sós.

Polo tanto, traballarase cos pescadores mariscadores e as súas familias na elaboración e posta en marcha de estratexias integrais que os leven desde a mellora de procesos produtivos ata a comercialización, de xeito sustentable permitíndolles o desenvolvemento da súa competitividade. Débese procurar reverter as dificultades ás que se enfrontaron relacionadas coa falta de cadeas de frío, limitada asistencia técnica e informalidade na cadea produtiva, limitado coñecemento e aplicación a sistemas de calidade, entre outras, o cal repercute na xestión do cultivo de forma eficiente e dificulta o trazo do produto.

Todo este esforzo non sería suficiente se non estivese recoñecido e non existise un entendemento da acuicultura como papel fundamental na seguridade alimentaria, así como na xeración de empregos e ingresos, por parte de líderes comunais e autoridades locais, docentes e familiares dos pescadores mariscadores involucrados, en quen se planea reforzar capacidades tanto humanas como sociais poñendo énfase na perspectiva de xénero, diminución de brechas sociais e protección do medio ambiente.

Ano: 
2012
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior outros axentes
Rexión: 
América do Sur
País: 
PERÚ
Zona de actuación: 
Magdalena del Mar
Axentes: 
AMIGOS DE ESCAES-PERÚ
ANFACO-CECOPESCA - Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados y Mariscos
Contraparte: 

ONG Escuela Campesina de Educación y Salud – ESCAES

Código CRS: 
31320 - Desenvolvemento pesqueiro
Obxectivos: 

Obxectivo Xeral: Fortalecer o proceso de inclusión socio-económica en pescadores mariscadores promovendo a diversificación acuícola, as boas prácticas produtivas de transformación primaria e comercialización, o desenvolvemento de capacidades con equidade de xénero e a protección do medio ambiente de forma sostible en cinco Caletas do Litoral de Sechura Piura (Perú).
Obxectivo Específico 1: Fortalecer a diversificación acuícola, as boas prácticas produtivas e o desenvolvemento organizativo nos procesos de comercialización en forma sostible.
Obxectivo Específico 2: Reforzar as capacidades humanas con perspectiva de xénero, exercicio cidadán, enfoque de transformación primaria e de protección do medio ambiente con líderes comunais, docentes, facilitadoras e familias de pescadores mariscadores involucradas no proxecto.

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1.: Pescadores mariscadores capacitados con equidade de xénero, diversifican os seus cultivos, asegurando a sustentabilidade dos recursos e garantindo condicións hixiénico-sanitarias e coidado do medio ambiente, asegurando produtos de calidade orientados ao mercado.
Actividades:
A.1.1.1.: Estudo de Pre- Factibilidade e Deseño dunha “Planta de Procesamento Primario Piloto” de recursos hidrobiolóxicos orientados ao mercado local, rexional e nacional.
A.1.1.2.: Transferencia Tecnolóxica aplicada ao desenvolvemento piloto de especies hidrobiolóxicas propostas.
A.1.1.3.: Fortalecemento da capacidade técnico-produtiva en temas de maricultura, mellora de sistemas produtivos, Sanidade Alimentaria, Procesamento Pesqueiro de recursos hidrobiolóxicos, Xestión de Negocios.
A.1.1.4.: Mellora Tecnolóxica no desenvolvemento das actividades de maricultura nas áreas de cultivo das Asociacións de Pescadores mariscadores.
A.1.1.5.: Sensibilización á poboación pesqueira, escolar e ás súas familias no manexo de residuos tóxicos, reciclaxe e coidado do medio ambiente.
A.1.1.6.: Promoción, desenvolvemento e mellora da actividade comercial e produtiva das Asociacións de Pescadores mariscadores.
A.1.1.7.: Organización e execución de ciclos de formación técnica en maricultura.
Resultado 2.1.: 40 familias de pescadores mariscadores e docentes e escolares de 7 Institucións Educativas, asumen boas prácticas con perspectiva de xénero e no coidado do medio ambiente.
Actividades:
A.2.1.1.: Desenvolvemento de capacidades en perspectiva de xénero.
A.2.1.2.: Desenvolvemento de capacidades en perspectiva de xénero, coidado do medio ambiente e clasificación de residuos sólidos.
A.2.1.3.: Creación de materiais para a selección de residuos sólidos.
A.2.1.4.: Marchas de sensibilización á poboación sobre perspectiva de xénero e a protección do medio ambiente.
Resultado 2.2.: Reforzadas as capacidades produtivas e de transformación primaria con perspectiva de xénero e protección do medio ambiente con facilitadoras e participantes do programa de Educación Básica Alternativa e a capacitación a cinco comités de vixilancia cidadá en dereitos civís, sociais, económicos e culturais.
Actividades:
A.2.2.1.: Desenvolvemento de capacidades no exercicio cidadán dirixido a líderes/as organizados en comités de vixilancia cidadá, exercendo os seus dereitos a través da súa participación na toma de decisións nos orzamentos participativos a favor das súas caletas.
A.2.2.2.: Capacitación a facilitadoras e participantes do programa de Educación Básica Alternativa (EBA) en xénero, medio ambiente e transformación primaria de recursos hidrobiolóxicos.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 540 pescadores-maricultores organizados en 18 Asociacións. Os comités de desenvolvemento comunal, AMAPAFAS (Asociacións de Nais e Pais de Familia) e CONEI (Consellos Educativos Institucionais) das Institucións Educativas. Once Institucións Educativas dos niveis iniciais, de primaria e secundaria; cun estimado de 1.548 alumnos e 46 profesores. 36 promotores que se encargan do control da Rede Ambiental, 10 líderes e 10 autoridades da comunidade.
Indirecta: Poboación total das cinco caletas, aproximadamente 9.536 persoas adicionais, e poboación do distrito de Sechura, aproximadamente 21.500 persoas. Total: 31.036 persoas.

Axudas: 

205.481,00 (2012:61.644,30; 2013:143.836,70)