A ED na formación dos profesionais da educación. Estudo de caso: as titulacións da Facultade de Ciencias da Educación da USC. Fase I.
O proxecto “A ED na formación dos profesionais da educación. Estudo de caso: as titulacións da Facultade de Ciencias da Educación da USC. Fase I” céntrase en coñecer o grao da inserción da EDCG na formación inicial dos/as profesionais da educación que se forman na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), co obxecto de potenciar o seu desenvolvemento.
Este traballo focalízase na incidencia da formación dos perfís profesionais e persoais dos/as universitarios dende a súa formación inicial, dende as propias aulas universitarias. Os/as actuais estudantes universitarios son os profesionais do futuro e os/as cidadáns do presente. A súa perspectiva sobre o desenvolvemento, a xustiza social, as desigualdades e a pobreza perpetuará un modelo insostible ou formulará novas solucións e novos compromisos. Tan só cunha cidadanía formada e comprometida poderemos aspirar a cambios reais.
Tomamos como referencia neste traballo aos futuros profesionais da educación das titulacións:
- Grao en Educación Social;
- Grao en Pedagoxía (única titulación do Sistema Universitario de Galicia);
- Grao en Mestre de Educación Infantil;
- Grao en Mestre de Educación Primaria;
- Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas;
- Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
Tomamos como referencia estos/as profesionais da educación, porque a educación superior tamén é educación formal, posiblemente un dos sectores máis esquecidos da ED, e porque cada unha das receptoras e dos receptores da formación será, á súa vez, un axente multiplicador/a.
Obxectivo Xeral: Coñecer o grao da inserción da EDCG na formación inicial dos profesionais da educación que se forman na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, co obxecto de potenciar o seu desenvolvemento.
Obxectivos Específicos:
1: Actualizar o estado da arte sobre a ED con especial atención a traballos ou experiencias que reforcen a construción dos procesos educativos, a intervención e a formación dos profesionais da educación (que non só mestras, mestres e profesorado de e educación secundaria).
2: Desenvolver o marco da explicación da intervención educativa en procesos formais e non formais a partir da EDCG.
3: Analizar cales son os referentes de coñecemento e as premisas do profesorado e do alumnado da comunidade educativa obxecto de estudo asociados ao desenvolvemento, a cooperación, a ED e a sustentabilidade.
4: Dar formación recoñecida polo Plan de Formación e Innovación Docente a un grupo de profesores/as de diferentes áreas sobre EDCG.
5: Coñecer o grao de integración da ED nas titulacións da facultade relacionadas coa formación de mestras e mestres, o profesorado de educación secundaria, as educadoras e os educadores sociais, as pedagogas e os pedagogos e o máster de investigación.
6: Xerar unha valoración da inclusión e, de ser o caso, da mellora da EDCG nas titulacións obxecto desta investigación.
7: Por en marcha unha actividade significativa e coherente coa EDCG como ámbito de educación no centro.
8: Dar a coñecer os resultados da investigación a través de canles de divulgación e canles académicos.
Fase 1: Estado da cuestión
Actividade 1.1. Procura e recompilación de documentación
Actividade 1.2. Selección e análise da información e dos materiais
Actividade 1.3. Estadías de investigación
Actividade 1.4. Xeración dun catálogo de publicacións e recursos sobre ED
Actividade 1.5. Elaboración de indicadores de análise
Actividade 1.6. Coñecemento das premisas sobre o desenvolvemento do alumnado das titulacións
Fase 2: Formación do profesorado
Actividade 2.1. Divulgación do proxecto entre a comunidade universitaria
Actividade 2.2. Coñecemento das premisas sobre o desenvolvemento que o profesorado aplica no seu desempeño docente e sobre actividades desenvoltas ao respecto
Actividade 2.3. Deseño da formación e solicitude de acreditación
Actividade 2.4. Desenvolvemento da formación
Actividade 2.5. Revisión sobre o coñecemento e premisas sobre o desenvolvemento do profesorado
Fase 3: A ED Nas titulacións do centro
Actividade 3.1. Revisión da normativa marco sobre as titulacións vinculadas á educación
Actividade 3.2. Revisión do caso da USC. As memorias das titulacións e os programas das materias
Actividade 3.3. Análise das actividades
Fase 4: Análise, discusión, prospectiva
Actividade 4.1. Categorización e análise de toda a información obtida
Actividade 4.2. Xeración de propostas de inclusión e mellora da ED na planificación de cada titulación
Actividade 4.3. Posta en marcha dunha actividade piloto
Actividade 4.4. Elaboración do informe da investigación
Fase 5: Divulgación e explotación dos resultados
Actividade 5.1. Divulgación, TIC e redes
Actividade 5.2. Organización de actividade de formación do profesorado
Actividade 5.3. Intercambio e divulgación científica
Sección transversal: A avaliación
30.000,00 € (2017: 15.000,00 €; 2018: 15.000,00 €)