Proxectos

Educación básica de calidade, equitativa e integral a través da mellora dunha Rede de escolas comunitarias na zona fronteiriza do NE de Guinea Bissau

O proxecto pretende asegurar o dereito á educación de nenos e nenas despois dun ano marcado pola pandemia do Covid-19 e promover á súa vez os dereitos da infancia. Focalízase na equidade educativa e o fortalecemento da rede de escolas rurais, especificamente nas rexións de Bafatá e Oio.

Ano: 
2021
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
África
País: 
GUINEA-BISSAU
Zona de actuación: 
Bafata (rexión)
Oio (rexión)
Axentes: 
ASOCIACION AIDA (AYUDA, INTERCAMBIO Y DESARROLLO)
Contraparte: 

AMIC e o Comité Nacional para o Abandono de Prácticas Tradicionais Nefastas á Saúde da muller e a infancia

Código CRS: 
11220 - Educación primaria
Obxectivos: 

Xeral: O obxectivo xeral do proxecto é o de promover o dereito a unha educación inclusiva e de calidade para todos os nenos e nenas e contribuír á erradicación de prácticas tradicionais nefastas.

Prevese contribuír ao alcance do ODS 4 e en específico ás seguintes metas:

ODS 4.1 De aquí a 2030, asegurar que todas as nenas e todos os nenos terminen o ensino primario e secundario, que ha de ser gratuíto, equitativo e de calidade e producir resultados de aprendizaxe pertinentes e efectivos.

ODS 4.5 De aquí a 2030, eliminar as disparidades de xénero na educación e asegurar o acceso igualitario a todos os niveis do ensino e a formación profesional para as persoas vulnerables, incluídas as persoas con discapacidade, os pobos indíxenas e os nenos en situacións de vulnerabilidade.

Específico:  Mellorar a calidade da oferta educativa e a equidade no acceso á educación nunha rede de escolas comunitarias nas rexións de Bafatá e Oio.

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Mellorada a infraestrutura e equipamento das escolas rurais da zona transfronteiriza, tendo en conta as necesidades de nenos e nenas.

            A.1.1.1 Mellora de equipamentos para as 18 Escolas Comunitarias, tendo en conta unha listaxe participativa de necesidades, tendo en conta cuestións inclusivas fundamentais - xénero, discapacidade, multilingüismo, interculturalidade etc.

            A.1.1.2 Creación e distribución de Kits de material didáctico inclusivo e adaptado ao contexto cultural e formación do profesorado sobre o seu uso e manexo, teniendo en cuenta cuestións inclusivas fundamentais - xénero, discapacidade, multilingüismo, interculturalidade etc.

            A.1.1.3 Construción de 2 hortas escolares para o ensino das actividades produtivas da zona e aplicación practica dos contidos escolares.

RE 1.2. Melloradas as competencias do profesorado e os materiais pedagóxicos e didácticos, con enfoque en cidadanía, equidade de xénero e multiculturalidade.

            A.1.2.1 Elaboración de contidos e metodoloxías para a formación integral en pedagoxía, lingua, matemáticas e ciencias naturais, adaptados aos profesores da rede comunitaria de escolas e orientados por modelos de educación inclusiva, multicultural e promotores da igualdade de xénero.

            A.1.2.2 Implementación de capacitacións quincenais que permitan a formación continua dos profesores da Rede Escolar nas materias indicadas (pedagoxía, lingua, matemáticas e ciencias naturais e aplicación de currículos inclusivos, multiculturais, con enfoque de xénero).

            A.1.2.3 Desenvolvemento dun curso intensivo ao final de cada ano escolar para reforzo dos coñecementos técnicos (portugués, matemáticas, ciencias naturais, xeografía e prácticas de ensino inclusivo e multicultural) dos profesores da Rede.

            A.1.2.4 Supervisión pedagóxica diaria aos profesores da rede de escolas de autoxestión comunitaria (formación en servizo).

            A.1.2.5 Proxecto piloto de ensino multilingüe e multicultural en 5 escolas comunitarias.

RE 1.3 Mellorada a promoción do acceso inclusivo á educación coa participación de titulares de responsabilidades.

            A.1.3.1 Formación en contidos e procedementos de xestión e contabilidade aos 18 comités de xestión escolar.

            A.1.3.2 Creación dun premio ao mérito con bolsas para o terceiro ciclo de educación secundaria para apoiar a estudantes do segundo ciclo.

            A.1.3.3 Campaña de comunicación social, con enfoque radiofónico e coordinada coa rede escolar.

            A.1.3.4 Campaña de comunicación para o desenvolvemento, enfocada na promoción dos dereitos dos nenos e das nenas.

RE1.4 Creados servizos de saúde comunitaria na rede escolar para atención primaria e derivación de casos graves dos e as alumnas e medidas de prevención fronte ao COVID-19.

            A.1.4.1 Compra e distribución de kits de prevención do covid (higienizante, máscaras, viseras etc).

            A.1.4.2 Talleres comunitarios sobre a prevención e os síntomas do covid.

            A.1.4.3 Misións médicas á zona de intervención, enfocadas na saúde dos nenos e nenas e identificación de casos graves.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 10.524 persoas (3.122 homes, 5.897 mulleres, 43 nenos, 1.462 nenas).

Indirecta: 20.979 persoas (10.000 homes, 10.000 mulleres, 190 nenos e 789 nenas).

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 175.000 € (2021: 70.000 € ; 2022: 105.000 €)