Educación básica de calidade, equitativa e loita contra as prácticas nefastas e a explotación infantil na zona fronteriza do NE de Guinea Bissau
O obxectivo desta proposta, en liña co ODS 4, é promover o dereito a unha educación inclusiva e de calidade para todos os nenos e nenas, así como contribuír á erradicación de prácticas tradicionais nefastas e loitar contra a explotación infantil. Para a consecución deste obxectivo preténdese mellorar a calidade e equidade educativa, así como promover os dereitos dos nenos e nenas a través do fortalecemento dunha rede de escolas rurais de autoxestión comunitaria, especificamente no Norte das rexións de Bafatá e de Oio.
Analizáronse conxuntamente con actores locais as principais problemáticas e se identificaron cinco resultados a conseguir para mellorar a calidade e equidade da educación na zona:
(R1.) que pretende mitigar os problemas de admisión e frecuencia no ensino básico, aumentar a taxa de escolarización infantil, principalmente das nenas, e reducir o abandono escolar durante o ciclo de ensino primario
(R2.) Construír e equipar 2 novos centros educativos e mellorar as estruturas físicas e equipamentos das restantes 16 escolas da rede.
(R3) Mellora das competencias pedagóxicas e didácticas dos docentes comunitarios e dos coñecementos sobre igualdade de xénero e educación inclusiva
(R4.) Creación, capacitación, regulamentación e entrada en funcionamento dos 18 Comités de Autoxestión Comunitaria. Estas estruturas serán elixidas de forma democrática, coa participación de toda a comunidade e procurando sempre garantir a igualdade de xénero. Os comités serán responsables da xestión das escolas, ademais participarán en sensibilizacións organizadas por AMIC e o CNAPN sobre dereitos da infancia e eliminación de prácticas nefastas, para que as poidan replicar nas súas comunidades locais.
(R5) Campaña de sensibilización a través de programas radiofónicos e animacións participativas sobre problemáticas de vulneración de dereitos fundamentais nesta zona: abandono escolar, ablación xenital feminina, migración ilegal e forzada-nenos talibés, partos non asistidos, violencia doméstica, desigualdade de xénero, etc. Fomentarase a participación activa do alumnado na promoción dos Dereitos do Neno a través de concursos interescolares coordinados coas actividades lectivas.
Comité Nacional para o Abandono de Prácticas Tradicionales Nefastas á saúde da muller e a infancia e AMIC
Obxectivo xeral: Promover o dereito a unha educación inclusiva e de calidade para todos os nenos e nenas e contribuír á erradicación de prácticas tradicionais nefastas
Obxectivo específico: Mellora do acceso, a calidade e a equidade na Rede de Escolas Rurais de Autoxestión Comunitaria, e loita contra prácticas nefastas e a explotación infantil na zona fronteiriza do NE de Guinea Bissau.
RESULTADO 1.0: Creado e posto en práctica un sistema de execución, seguimento e avaliación do proxecto.
- A.1.0.1: Selección e contratación do equipo responsable da execución e seguimento do proxecto.
- A.1.0.2: Celebración de reunións de coordinación cada dúas semanas.
- A.1.0.3: Elaboración e posta en práctica dun sistema de seguimento económico.
- A.1.0.4: Elaboración e posta en práctica dun sistema de seguimento técnico.
- A.1.0.5: Realización dunha auditoría independente.
- A.1.0.6: Realización dunha avaliación final independente con enfoque de xénero.
RESULTADO 1.1: Aumentada a taxa de escolarización infantil, especialmente das nenas, e reducido o abandono escolar durante o ciclo de formación de ensino básico (1ª a 4ª).
- A.1.1.1: Estudo, con análise de xénero, sobre as causas da baixa matriculación e o abandono escolar na zona, coa participación de beneficiarios e líderes locais.
- A.1.1.2: Campaña de sensibilización, xunto ás autoridades tradicionais e relixiosas, sobre a importancia da escolarización das nenas.
- A.1.1.3: Creación e implementación dun sistema de avaliación e vixilancia inclusivo, coordinado coa administración rexional de educación e cos comités de autoxestión comunitaria.
RESULTADO 1.2: Mellorada a infraestrutura e equipamento das escolas rurais da zona fronteiriza, tendo en conta as necesidades de nenos e nenas.
- A.1.2.1: Construción e equipamento de 2 novas escolas comunitarias.
- A.1.2.2: Mellora do equipamento de 16 Escolas Comunitarias, tendo en conta cuestiones inclusivas fundamentais - xénero, discapacidade, multilingüismo, intercultaridade etc.
- A.1.2.3: Creación e distribución de Kits de material didáctico básico e formación do profesorado sobre o seu uso e manexo, tendo en conta cuestiones inclusivas fundamentais - xénero, discapacidade, multilingüismo, intercultaridade etc.
RESULTADO 1.3: Melloradas as competencias do profesorado da Rede de Escolas Comunitarias a través dun programa bianual de formación integral e inclusiva (continua, en servizo e intensiva).
- A.1.3.1: Realización de 1 estudo diagnostico, centrado na avaliación das competencias pedagóxicas, de lingua, de xestión escolar e de ensino inclusivo e non discriminatoria dos profesores.
- A.1.3.2: Elaboración de contidos e metodoloxías para a formación integral en pedagoxía, didáctica, lingua e xestión escolar, adaptados aos profesores da rede comunitaria de escolas e orientados por modelos de educación inclusiva e promotores da igualdade de xénero.
- A.1.3.3: Implementación de capacitacións semanais que permitan a formación continua dos profesores da Rede Escolar nas materias indicadas (pedagoxía, didáctica, lingua e xestión escolar, dereitos humanos e aplicación de currículos inclusivos, con enfoque de xénero).
- A.1.3.4: Edición e emisión de programas radiofónicos en colaboración coa Radio Comunitaria Sankorlá ( NE Guinea Bissau) dirixidos á orientación pedagóxica dos profesores e á promoción de contidos de defensa dos dereitos das nenas e das mulleres.
- A.1.3.5: Desenvolvemento dun curso intensivo ao final de cada ano escolar (mes de xullo) para reforzo dos coñecementos técnicos (portugués, matemáticas, ciencias naturais, xeografía e prácticas de ensino inclusivo) dos profesores da Rede.
- A.1.3.6: Supervisión pedagóxica diaria aos profesores da rede de escolas de autoxestión comunitaria.
RESULTADO 1.4: Creados, capacitados, regulamentados e en funcionamento Comités de Autoxestión Comunitaria en todas as Escolas da Rede.
- A.1.4.1: Creación e regulamentación dos Comités de Autoxestión das Escolas da Rede Comunitaria.
- A.1.4.2: Formación en procedementos básicos administrativos e de xestión financeira, adaptada aos membros dos comités de xestión. Responsable da execución. Recursos precisos.
- A.1.4.3: Talleres sobre temas de cidadanía e dereitos humanos, con enfoque nos dereitos da infancia e igualdade de xénero, dirixidos aos membros dos Comités de Xestión.
- A.1.4.4: Elaboración dun manual de boas prácticas, enfocado nas cuestións de igualdade de xénero, dos dereitos humanos, en xeral, e particularmente dos nenos e das nenas.
RESULTADO 1.5: Sensibilizouse á poboación na zona transfronteiriza ( NE Guinea Bissau: Rexións de Bafata e Oio) a través dunha campaña sobre o valor da educación, a promoción dos dereitos humanos, a defensa dos dereitos da infancia, a igualdade de xénero e a erradicación de prácticas nefastas.
- A.1.5.1: Produción e difusión dun programa de información radiofónica sobre dereitos das nenas e os nenos e o valor da súa educación a través de dous radios comunitarias.
- A.1.5.2: Produción e difusión dun programa de información radiofónica enfocado á erradicación de prácticas nefastas (matrimonio forzado, embarazos a idades moi temperás, ablación xenital feminina, partos non asistidos...) e á loita contra a explotación infantil (fenómeno talibé) a través de dous radios comunitarias.
- A.1.5.3: Implementación dunha campaña de información, promoción e sensibilización con medios audiovisuais e animación comunitaria sobre igualdade de xénero, dereitos de mulleres e nenas, explotación infantil, migración de menores na zona transfronteiriza de Senegal e Guinea Bissau (nenos talibés), ablación xenital feminina, o matrimonio forzado, o abandono escolar etc.
- A.1.5.4: Promoción de concursos interescolares sobre temas transversais de dereitos dos nenos e das nenas.
Directa: Homes (2.593), Mulleres (5.186), Profesores (36), Nenos (1.352), Nenas (1.241)
Indirecta: Homes (10.000), Mulleres (10.000), Profesores (190), Nenos (664), Nenas (668)
175.000,00 € (2018: 70.000,00 € / 2019: 105.000,00 €)