EnREDadas no Cambio: Feminismo Emprendedor para a Transformación Global
O proxecto redefine o emprendemento desde unha perspectiva feminista e inclusiva. Desafía os paradigmas tradicionais do emprendemento, tradicionalmente masculinizados e individualistas, para visibilizar modelos empresariais liderados por mulleres que dan prioridade ao impacto social, a sustentabilidade e a xustiza de xénero.
A proposta adopta un enfoque interseccional que saca á luz os liderados de mulleres sistematicamente marxinadas —empobrecidas, migrantes, racializadas e de contextos rurais— que, a pesar das múltiples barreiras estruturais, desenvolven iniciativas empresariais que xeran impacto positivo nas súas comunidades.
Para iso a intervención céntrase na capacitación docente, a dinamización estudiantil e a potenciación da Rede Internacional de Emprendemento e Solidariedade.
Xeral: Transformar o imaxinario colectivo de xénero con relación ao emprendemento feminino para cambiar os patróns socioculturais, no marco dos ODS 5, 8, 10, 12 e 17 contribuíndo á construción dunha cidadanía global igualitaria.
Específico: Fomentada unha cidadanía global máis igualitaria a través da conexión entre profesorado, alumnado de secundaria e FP e emprendedoras que, desde a formación, a acción social e o liderado en rede, promoven unha visión crítica e feminista do emprendemento con impacto local e global durante o curso 2025/2026.
RE 1.1 Profesorado de secundaria e FP de Galicia, capacitado e concienciado en ferramentas e recursos para a implementación do feminismo emprendedor e a xustiza global nas aulas en liña cos ODS.
A.1.1.1 Deseño da formación específica para o profesorado de Secundaria e FP e integración na plataforma Moodle.
A.1.1.2 Desenvolvemento da formación específica para o profesorado de Secundaria e FP
A.1.1.3 Deseño conxunto de proxectos ApS co profesorado participante.
A.1.1.4 Laboratorio de innovación educativa "Re-imaxinar o emprendemento."
A.1.1.5 Encontro de difusión de boas prácticas entre a comunidade educativa e o ecosistema emprendedor galego.
RE 1.2 Alumnado de secundaria e FP sensibilizado integra unha mirada crítica e transformadora sobre o emprendemento e as desigualdades, e está capacitado para propor solucións a problemas sociais a través do Aprendizaxe-Servizo.
A.1.2.1 Actualización dos materiais para os obradoiros de sensibilización.
A.1.2.2 Dinamización dos obradoiros de sensibilización en 4 centros educativos sobre feminismo emprendedor, novos modelos de éxito e liderado.
A.1.2.3 Implementación e acompañamento de 4 proxectos ApS liderados polo alumnado co apoio do profesorado formado.
A.1.2.4 Obradoiro “Fake ou Real? Narrativas do éxito nos medios”.
A.1.2.5 Presentación e avaliación dos proxectos ApS emprendemento con impacto.
RE 1.3 As emprendedoras participantes, conectadas co profesorado e co alumnado a través do intercambio de experiencias transformadoras con impacto local e global e consolidadas como axentes de cambio no marco da RIES, contribuíron activamente á formación dunha cidadanía global máis crítica e igualitaria.
A.1.3.1 Organización de polo menos 2 Encontros de Emprendemento Consciente coa participación de 20 emprendedoras galegas e latinoamericanas para o intercambio de experiencias e saberes.
A.1.3.2 Participación activa de emprendedoras latinoamericanas en obradoiros cos centros educativos, visibilizando sectores produtivos masculinizados e liderados femininos transformadores.
A.1.3.3 Visitas de prospección, intercambio e coñecemento das emprendedoras latinoamericanas a emprendementos do seu mesmo sector.
A.1.3.4 Incorporación de referentes femininos internacionais e locais nos materiais de sensibilización xa existentes, sinalando a conexión cos proxectos de cooperación de TDS.
RE 1.4 Sistema de coordinación, seguimento, avaliación, sistematización e comunicación do proxecto fortalecido, asegurando unha implementación coherente, aprendizaxe compartida, visibilidade pública e impacto sostible.
A.1.4.1 Formación interna en ApS para o equipo técnico e voluntariado de TDS para mellorar a calidade do acompañamento e seguimento dos procesos educativos.
A.1.4.2 Coordinación operativa continua entre TDS e os centros educativos para o seguimento dos 4 proxectos ApS (reunións mensuais en liña e visitas de campo).
A.1.4.3 Reunións bimestrais do equipo de TDS (presenciais ou en liña) para seguimento, planificación e axuste das actividades.
A.1.4.4 Coordinación e execución da liña de base e avaliación externa (inicio, seguimento intermedio e avaliación final).
A.1.4.5 Plan de comunicación: visibilidade do proxecto en redes, medios, centros e eventos.
Directa: 564 (327 mulleres/nenas, 237 homes/nenos)
Indirecta: 2.880 (1.516 mulleres/nenas, 1.364 homes/nenos)
37.000 € (14.800 € en 2025 e 22.200 € en 2026)